O PP de Pontecesures explica que a obra «Mellora da mobilidade en San Xulián» foi conquerida polo goberno anterior de Vidal Seage.

Publicado por Redacción en

Ante o inminente inicio da obra denominada “Mellora da mobilidade en San Xulián”, convén sinalar algúns datos. Como a inmensa maioría das cousas que se levan, mal ou medio – feitas no que vai de ano de desgoberno en Pontecesures, o proxecto de Mellora de mobilidade en San Xulián ten a orixe no anterior mandato baixo a alcaldía do Partido Popular e incluía unha actuación de renovación do pavimento de formigón existente nun tramo da rúa do Coengo, así como o ancheamento dunha parte do mesmo camiño, con recuamento de muros de peche, e tamén a renovación das instalacións de saneamento e abastecemento de auga. O día 1 de febreiro de 2023, logo de manter numerosas reunións coa veciñanza nos meses previos, solicítase subvención por importe de 158.723,54 € dentro do programa da Deputación de Pontevedra; subvención que nos conceden o 21 de marzo do mesmo ano, a dous meses da celebración das eleccións municipais. Con máis de un ano de inexcusable demora, o proxecto parece que vai espertar do letargo no que quedou sumido pola carente iniciativa do actual goberno municipal. Agardamos que as obras proxectadas no seu día melloren esa zona e faciliten a mobilidade tanto peonil como de acceso a servizos esenciais e redunde todo elo nunha mellora na calidade de vida para a poboación. Así mesmo, instamos ao actual equipo de goberno a que execute coa debida dilixencia e pulcritude para que non aconteza o que xa ven sendo habitual e a que cumpra o prazo de entrega da obra antes do vindeiro remate de ano.

POPULARES DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.