Este é o destino das axudas que Pontecesures solicita do plan Máis Provincia
Renovar a web a obras son algunhas das actuacións previstas.
O Concello de Pontecesures vén de facer públicas as actuacións que pretende executar con cargo aos fondos do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra: deseño e desenvolvemento da nova páxina web do Concello por importe de 7.139 euros; completar o financiamento para a reordenación do inicio da rúa Carlos Maside, que supón un investimento de 436.387.65 euros; proxecto de reforma da rúa Raimundo García Domínguez Borobó que ascende a 225.452 euros; subministración de material para a escola infantil municipal por valor de 5.000 euros; pago a acredores e gasto corrente para financiar, entre outras, a Festa do Centenario do Concello de Pontecesures, as festas do churro e do Carme e cursos de formación.
Grazas a outra liña de axudas xa concedida no Máis Deputación, o Concello poderá contratar a tres traballadores para obras e limpeza.
Dentro da liña 4 do plan, o Concello de Pontecesures solicitou 10.568 euros destinados ao financiamento da redacción do proxecto denominado «Mellora da mobilidade peonil no ámbito da rúa Pousa Antelo».
La Voz de Galicia
0 comentarios