Coma ben é sabido, estes días abandonou o concello, ó solicitar unha excedencia, Raquel a Traballadora Social, pois vaise adicar á politica no seu concello de A Estrada, logo de chegar ó BNG a un acordo de goberno co PSOE.
Pois ben, un grupo de compañeiros/as (arredor dunha veintena, mais outros doce que non poideron estar) reunirmonos con ela nun local cesureño para tomar uns pinchos de despedida, e amosarlle o merecido cariño que deixa entre nós.
O final dos pinchos regalámoslle unha pequena figura de cerámica para que recorde ósque son os seus compañeiros dende decembro do 94, case 13 anos estivo entre nós.
O dito, que teñas moitos éxitos na túa nova etapa, e seguro que o camiño a Pontecesures non o esqueces (sobre todo as curvas dende Baloira a Cesures, vindo ás 8 da mañan no inverno, á choiva ou con xeadas…) 😉