Chus Abalo xa é Doutor pola U.S.C. (Universidá De Santiajo D Compostela)
Pois si, xente, por increible que parezca, e tal e coma contei onte, o noso conveciño Xesus Abalo xa é DOUTOR en bioloxía pola Universidade de Santiago. Ahi o tedes de corbata e todo, feito un señor.

¡Nada mais e nada menos que un SOBRESAINTE CUM LAUDE levou o rapas! Coma xa contara a tese ia sobre as dificultades para reproducirses lampreas en cautividade (as do rio, mal pensados), e o tribunal considerou que o traballo merecia a nota máxima, polo que podemos decir que algo interesante debeu de contarlles os do ”mundo científico” (ese mundo para o que Gulli sempre di que está a traballar toda a semana, que di que é o único que fai por levantar o pais, que senon fose por él esto estaría afundido).
Pois iso, que hoxe a familia e os amijos, tanto os da aldea coma os da ciudá nos axuntamos no Xirimbao e fixemos unha comida de celebración na honra do novo doutor…

Por ultimo, decir tamen que na foto familiar podemos ver á famila ó completo, incluido ó último “fichaje” o tamen cesureño Xure, todo un agente de la autoridá, guarda viril para mais señas (en mans de quen estamos Señor) e que posaron para a cámara deste “retratista”.

Agora Si… NORABOA CHUS, e coidao ca reproduccion das lampreas!!!
19 Respuestas a “Chus Abalo xa é Doutor pola U.S.C. (Universidá De Santiajo D Compostela)”
Non hai nadie que felicite a este señor? Pois mira que sacar un sobresaliente cum laude estudiando “non-sei-que” das lampreas, a min paréceme que ten bastante mérito…
Eso, felicidades, Chus! A ver cándo pagas un Kas… vémonos!
Pois si, e todo un doctor o rapas ¡Se ata cortou a greña! Agora teremos que invitalo os demais pois xa é unha “autoridá”.
Por certo felicitacions para ti, CACHOTE, polo teu propio espacio en internet.
http://cachote.spaces.live.com/
Menudos pensamentos largas ó ciber espacio ese. Como se enteren as nais das rapazas retirannas do basket. Inda pensarán se leen tal cousas que eres un psicópata, ou que lles das droja na auga dos partidos.
Veña saudos!
Por suposto eu tamen felicito ó novo doutor. Non o coñezo moito (apenas polo baloncesto) pero é reconfortante ter estas novas en Pontecesures.
Estiven pensando en facer ou non esta felicitación pública (se me acuse sempre de facer política) e decidime a facelo. Sería absurdo estar limitado por ser concelleiro e non expresar o que sinto. Moita sorte para Chus Abalo.
Enhoraboa Doutor, ... aqui vai unha felicitación dun par de amigos

Amigo Chus, xogas con ventaxe pois tes un tío cura que aparece na foto e que rezou por ti para que acadaras o sobresaínte. E moi conservador pero esta na liña actual do Vaticano. As pregarias sempre son boas.
Unha aperta para este rapaz ó que sempre lembrarei cos seus longos cabelos e tocando a guitarra nas festas de Porto.
Meeeec!! Error, jejeje… O que toca Chus é o Laúd (escríbese así? da igual).
Si señor, a verdade é que fora un concierto memorable… Nós non queríamos, pero alí non deixaban de darnos viño… así que seguimos tocando, jejeje
Si, escríbese así, si cae este ano igual baixo o meu (laud tamén), e a xogar … e si fai falla a mandolina
Moitas grazas a todos. Abrúmanme tantas felicitacións a agasallos verbais, que son por suposto moi ben recibidos. Eso si, algúns alcumes non delatan a persoa que hai detrás, polo que non estaría mal que vos delatasedes, para saber a quen lle pago as copas. Unha aperta
Pois sí, verdade que está guapo o meu mozo?! Non ía quedar eu sen poñer un comentario sobre o seu aspecto un día coma ese, que nos costou iso de que puxera corbata. Pouco lle faltou para querer ir ca camiseta do Celta.
Que se lle vai facer, un celtarra (:o), que me equivoco un celtista doutor.
un bico
Supoño que xa felicitou bastante xente a Chus O Deus asi que eu non o farei, xa o fixen en persoa, so recordarlle a Fru que a miña vinganza vai ser terrible. Ten sorte de que este tan lonxe que se non xa me teria pagado un kas en compensación polo que me fixo. Agora que me lembro, o ilustrisimo señor don doutor ainde me debe un kas… Terei que lembrarllo.
Apertas pra todos
Eso é, parabéns para o novo doutor, e para os seus.
Chus, grazas polo convite no lugar onde recollías eses Petromyzons que te levaron ao Cum Laude. Sabemos que este fito da túa vida ha de te levar lonxe, seguro que máis alá de Olveiroa. Onde lle iremos loh? De seguro tamén que ata acabarás por levala garabata coa naturalidade que antes lucías melena, son as cousas da túa profesión, na que te veremos seguir gozando de novos merecementos. E que veñan novas xuntanzas para celebralo!.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.



