Pontecesures é o concello de Ulla/Umia co menor incremento no Plan Concellos 2016 da Deputación.
Segundo os datos facilitados pola Deputación, Caldas recibirá un incremento do 36,50% en relación coos cartos recibidos en 2015, Catoira un 18% máis, Cuntis un 36,30% máis, Moraña un 26,50% máis, Valga un 15,50% máis, Portas un 9,40% máis e Pontecesures un 8,20% máis. En Pontecesures dos fondos de 2015 que foron de 332.262,73 �, vaise pasar a 359.642,10 � en 2016. Valga pasará de 388.859,16 � en 2015 a 449.274,05 � en 2016.
Os concellos poderán determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar dentro das catro liñas de axuda coas que vai contar o plan: para investimentos, propios ou cofinanciados con outras administracións; para amortización de créditos bancarios, pagamento de débedas a acredores e pagos de gastos correntes; para actividades culturais, deportivas, sociais, turÃsticas e actividades medioambientais; e a última das liñas, para a creación de emprego destinado ao funcionamento dos servizos municipais.
0 comentarios