O PP de Cesures ameaza con recorrer a un calígrafo e forza outro pleno sobre o gasóleo

Publicado por Antonio Cortés en

O alcalde de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira, xa dixo en máis dunha ocasión que daba por rematado o debate político sobre os gastos de gasóleo do parque móbil municipal, pero, ao seu pesar, terá que seguir dando explicacións ao respecto.

Desde que o pasado mes de xuño se celebrou un pleno monográfico sobre o tema – a petición do Partido Popular – a oposición non deixou escapar ningún pleno sen sacar a relucir o asunto no capítulo de rogos e preguntas e xa anunciou que levaría o asunto ao xulgado.


Pero as contestacións do alcalde, cando as houbo, non convenceron aos edís de xeito que o PP anuncia unha nova ofensiva. Este grupo vén de solicitar un pleno para tratar os últimos datos obtidos da súa investigación sobre o consumo de combustible. Os populares teñen os concelleiros suficientes para forzar ao alcalde a facer a convocatoria antes de quince días.

Os argumentos do PP, que atoparon eco tamén na ACP de Sabariz, é que o consumo do Patrol M-3287-LS é desorbitado: segundo os albaranes existentes no Concello este vehículo traballou días festivos e fins de semana e fixo distancias que superan, con moito, o ámbito xeográfico do municipio.

O alcalde o explicou en que o vehículo era utilizado polo Clube Náutico, algo que a xuízo do PP non xustifica todo o gasto e que deixa en evidencia «un trato de favor» a esta entidade.

No vindeiro pleno, o grupo do PP ofrecerá unha comparativa dos consumos do 2003 e 2004 cos anos 2005 e 2006 e abordará a autoría das firmas das facturas. Os populares teñen «serias dúbidas» sobre que todas as firmas sexan de Xurxo Gerpe – a persoa que o alcalde autorizou para firmar os xustificantes – e advirten que están dispostos a pedir o informe dun perito calígrafo para disipar as dúbidas que teñen sobre esta cuestión.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


9 comentarios

Paspallás · 13-11-2006 a las 00:41

O PP está a cansar ós veciños con tanto pleno, en vez de levar a estos trapalleiros o xulgado andan a marear a perdiz, se fose Sabariz seguro que xa tiña trincado ó Alcalde e a Garda Pretoriana. Sei de boa fonte que algúns membros do PP de Pontecesures non están de acordo con denunciar os feitos ante a xudicatura, se me equivoco que o desminta algén do PP.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-11-2006 a las 08:33

Este asunto do gasoil e un tema moi serio «Paspallás». Eu non teño intención de ir contra ninguén; só quero que se saiba a verdade e que se asuman responsabilidades de todo tipo se as hai como apuntan tódolos indicios.
A ACP ten datos e está a investigar os desorbitados consumos do Patrol de obras no primeiro trimestre de 2006 (incluída a repostaxe incrible do día de fin de ano de 2005 co vehículo avariado) comparando os mesmos cos seguintes meses deste exercicio. Como a maioría de preguntas non foron contestadas cando as plantexei nos plenos estou a estudar con expertos o tema para actúar en consecuencia.
O PP, que estivo e a investigar os consumos de decembro de 2003, 2004 e 2005, ten concelleiros suficientes para solicitar os plenos extraordinarios monógráficos sobre o tema e se ese e o seu xeito de proceder para a investigación pois paréceme ben e axústase á normativa.
Teño a impresión de que todo este asunto rematará nos xulgados. Pode que non sexa desexable xudicializar a vida municipal pero non hai outro xeito de coñecer a verdade.
e

Flor · 13-11-2006 a las 18:17

El cerco del gasoil se va estrechando contra el alcalde, el grupo de gobierno y personal afín. Interiormente siempre creyeron que la oposición no iba a ir al juzgado pero se acercan las actuaciones y más de uno va a caer. Ante los jueces se pasa mal, lo digo porque es dificil rebatir tanta evidencia y los implicados y testigos suelen derrumbarse pronto aunque vayan preparados en combinación.

Tirabeque · 13-11-2006 a las 18:38

Hai algo que non entendo. Como pode está tranquilo Xurxo Gerpe cos tickets do gasoil firmados por él ou con alguén falsificando a rúbrica. Como non xustifique ben isto aclarando que non podía estar nas cargas e logo firmaba o que lle poñian os da gasolinera ou alguén facía un garabato co seu nome, vanno emporronar. Pero os da gasolinera van dicir, quén ordeou facer este chanchullo. Como nos GAL tamén temos un home X que é o que ordeou todo. Todos intuímos quén é, claro.

Castro de Cesures · 13-11-2006 a las 19:11

Presidente, Directiva y monitores del Náutico; Jefe, familiares y empleados de la gasolinera; Alcalde, Gerpe, Alejandro de Grobas, Moreiras, etccc.
Que potaje y que declaraciones tan dispares va a haber ante los jueces. Ya lo vereis.

kaka-tua · 13-11-2006 a las 21:54

Que razon tiña ??Almodovar naceu en cesures?, o que pasa aquí é de ??película?… Agora sae o PP con amenazas de novo…
FEITOS, eu quero FEITOS, mentras xa non me creo nada!!!
Que mais me da o caligrafo, ou que os poñan no polígrafo, ou que Sabariz diga que vai ir él ós xulgados se logo NADA de NADA.
Só creerei algo cando se abra a investigación logo da denuncia, que de momento non se puso, e van 8 meses. Ahhh, queos partos son ós 9, susto, de marzo a decembro…
Por certo, de momento, nos xulgados o resultado é Molulo 1 ?? Sabariz 0 (e menos mal para Sabariz que me enterei que os do bloque decian pola rua que Sabariz podia ter que pagarlles ata 10.000 ? ou mais os da gasolinera de Redondo).

Paspallás · 14-11-2006 a las 00:11

Tranquilo kaka-tua non te impacientes cos xulgados. Falta o informe do calígrafo que é moi importante. Creo según me dixeron no Hollywood que Randulfe encomendoulle esta función de calígrafo a Manolito el Pescador que é un fiera interpretando letras pola súa experiencia nas «partichelas».

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-11-2006 a las 10:44

Este tema do desorbitado consumo de gasoil non é unha cuestión para falar de gañadores ou perdedores. Trátase de investigar uns feitos e se hai indicios de delicto poñelos en coñecemento da xustiza. Aquí non hai nada de película e, desgraciadamente, en moitísimos concellos están abertos casos nos xulgados sobre diversos temas.
Quéroche dicir «kaka-tua» que as investigacións levan o seu tempo pois o alcalde non deixa que obteña fotocopias da documentación e, por exemplo, teño interese en comprobar a facturación de xuño, xulio e agosto de 2006 para demostrar con máis precisión a sorprendente baixada de consumo despois de aparecer o tema nos medios. Solicitei estes datos o día 9 de setembro pasado e non estou autorizado polo alcalde para velos ata o día 15 de decembro. Hai atrancos continuos pero de haber delictos éstes non están prescritos. Teño a impresión que haberá novidades pronto e non podo dicir máis.
Houbo, efectivamente, unha solicitude de acto conciliatorio por parte do propietario da estación de servizo de Redondo pero non polo consumo desorbitado de combustible, senón porque citei o nome do establecemento nos medios en relación co caso. O acto rematou con avenenza e non houbo nin hai querella, demanda ou reclamación algunha contra mín. E iso xa foi o 5 de setembro pasado. Sei que o alcalde falou e fala polas rúas (e incluso nun pleno, aínda que non puden rebatilo pois xa coñecedes que non me deixou falar cando non respostou ás preguntas do combustible) que fun denunciado, que tiña unha sanción, etc.. Iso non se axusta á realidade e o alcalde o comenta á desesperada para enganar aos veciños. A procesión vai por dentro e cónstame que a preocupación, agora que se precipitan os acontecementos, do alcalde vai en aumento. Por algo será…

Vaticanista · 11-12-2006 a las 21:47

Dígolle ao os do PP sobre a actitude de Angueira no caso do combustible: «Guardaos de los falsos profetas que vienen a vosotros disfrazados con pieles de ovejas, más por dentro son lobos voraces. Por sus frutos u obras los conocereis».

Responder a Tirabeque Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.