O EXTRUGASA RIO ULLA DESPIDE O ANO CUNHA VICTORIA

Publicado por fru en

O equipo senior do Extrugasa Rio Ulla xogou hoxe, sábado 30, un encontro que tiña aprazado en A Lama, cerca de Pontevedra. Foi un partido marcado pola igualdade nos primeiros 20 minutos, pois ambos equipos se alternaban no marcador (12 – 10 para os locais ó final do 1º cuarto, e empates a 27 no descanso), pero que no 3º cuarto cambiou ó coller o Extrugasa unha primeira diferencia de 8 puntos (min 27: 35 – 43) gracias ´a velocidade de Roberto «Felino». Nos últimos minutos do cuarto e ó primcipio do ultimos reacconaron os locais poñéndose a 2 (min 32: 42 – 44), pero de novo Felipe (mellor xogador do equipo neste encontro con 20 puntos), mais 5 puntos de Pedro e 7 de Pepi (o seu mellor partido no que levamos de temporada con 15 puntos), nos ultimos minutos puxeron o definitivo 51 – 60.

O Extrugasa finalizou a primeira volta de 4º, lamentando ter perdidos 2 encontros na casa de pouca diferencia (contra Portas por 3, e con Pub A Leria de 4) que os hebría posto mais perto da cabeza da liga. A clasificación, á falta de disputarse 3 partidos aprazados entre outros equipos é a seguinte:

1º.- PUB A LERIA de CAMBADOS: 9 partidos — 8 gañados – 1 perdido — 17 puntos

2º.- ARXIL de PONTEVEDRA: 8 partidos — 7 xogados — 1 perdido — 15 puntos

3º.- EL DOCE POMARCO de PORTAS: 9 partidos — 6 gañados — 3 perdidos — 15 pts.

4º.- EXTRUGASA RIO ULLA: 9 partidos — 4 gañados — 5 perdidos — 13 puntos

5º.- LICEO CASINO de PONTEVEDRA: 8 partidos — 5 gañados — 3 perdidos — 13 puntos

6º.- BASKETDEZA de LALÍN: 9 partidos — 4 gaññados — 5 perdidos — 13 puntos

7º.- PUB FARO de A ESTRADA: 9 xogados — 3 gañados — 6 perdidos — 12 puntos

8º.- CAFETERIA DON MANUEL de CUNTIS: 7 partidos – 2 gañados – 5 perdidos – 9 pts.

9º.- A LAMA: 8 partidos — 2 gañados — 6 perdidos — 10 puntos

10º.- BALONCESTO PORTONOVO: 8 partidos — 1 gañado — 7 perdidos — 9 puntos.

Dende o club queremos desexar un Feliz 2007 ós nosos xogadores/as, e a todos os aficionados en xeral, e que o vindeiro ano veña cargado de éxitos deportivos, tanto para o noso club, coma para os demais de Pontecesures.


2 comentarios

aky · 31-12-2006 a las 08:36

saudos para o portonovo, pola raia sabrosa,que ultimamente está de último,vai ter que sogala promocion

pilochi · 31-12-2006 a las 11:24

Animo extrugasa, el proximo año más madera, a subir para riba y dejar a los otros equipos tirados en la cuneta

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.