REMATOU POR ESTE CURSO A ESCOLA DE BALONCESTO

Publicado por fru en

Este pasado venres 22 rematou a escola municipal de baloncesto que levava en funcionamento dende outubro pasado no polideportivo de Pontecesures. O grupo de nenos e nenas entrenaba os venres de 5 a 6 da tarde e iba dirixida a edades comprendidas entre os 6 e 8 anos.

100_6325-web.JPG

� longo destes meses os participantes foron dirixidos polo monitor Alexandre Choren, quen, a base de xogos foi introducindoos na práctica deste deporte.

100_6336-web.JPG

O número de participantes desta escola estivo en torno ós 15 rapaces durante todo o ano. Onte despedironse cuns xogos de tiro e outros concursos. Algun deles xa foi xogar partidos co equipo dos benxamins do Club Rio Ulla, e varios destes rapaces formaran parte dese equipo de benxamins na temporada 2007-08.

100_6338-web.JPG



12 comentarios

fru · 23-06-2007 a las 11:19

Gulli127 non renegues da familia, que xa lle vai collendo o xeito, creemo. E demostra que sabes facendo dela unha xogadora 😉

O Rei · 23-06-2007 a las 11:45

E a/o que está en ciernes…

fru · 23-06-2007 a las 12:46

Rei: fixate na foto do medio e mira para a que esta detrás da que tira. ¿A quen che recorda? Mira que estilo agarrando o balon e mirando pro aro. Igualiño que algún senior… ¿Adiviñas?
🙂

O Rei · 23-06-2007 a las 12:56

Esa concentración ca mirada fixa no aro só pode ser da sobriña do seu tío, «yellow127″(?)

fru · 23-06-2007 a las 13:01

Blanco, diana, premio, bingo…

gulli127 · 26-06-2007 a las 23:34

Non vos puiden contestar antes, xa que tiña inoperativo o ADSL.
Pero de tódolos xeitos o que me chama a atención das fotos non é de que saia a miña sobriña. Chámame a atención, repito, que ó fondo de tódalas fotos están os banquillos, lugar visitado con moita frecuncia cando «xogábades» o básket por ambo-los dous.
De tódolos xeitos Fru, ¿non te aburriras nunca dos banquillos?

fru · 26-06-2007 a las 23:50

Curioso que se che fora a vista a ese elemento do xogo: lugor onde as «figuras» perden a condición de tal. Os que fomos «obreiros» sentimonos nel coma no noso sofá e disfrutamos doutro xeito do xogo.
¿E coma me vou aburrir dos banquillos, se son os únicos que non protestan? 😉

gulli127 · 27-06-2007 a las 22:56

Frutuoso, NIN CONTESTO. Simplemente me remito os números desta tempada. E despois protestan os do madrí por ter a Capello…

fru · 27-06-2007 a las 23:35

Numeros tamén os tiña Ronaldo… e cando mellor xogou o Madrí, se é que xogou a algo foi cando non estivo no equipo.
Ademais algo mais importante que os números dun xogador e o rendemento do colectivo, e facer piña entre os compañeiros. por ahí empezan os éxitos, e os fracasos.

gulli127 · 28-06-2007 a las 00:23

Frutuoso, se alguén non fai piña e é negativo para o rendemento do colectivo, quizais deberías prescindir de él. Pero falta personalidade. � máis, se ía iso por min, eu facilítoche o traballo e renuncio públicamente o meu posto no equipo.

fru · 28-06-2007 a las 07:29

Non te vaias polos cerros de Ubeda. Eu só che digo, e parece mentira que non ó sepas, que citar os números individuais nun deporte colectivo é un POBRE ARGUMENTO. Navarro xogador de basket ¿de que lle valeron os seus números individuais (que foron moi bos) ante o «partidazo» (4º da final ACB) que fixo o Domingo o seu equipo, e él mesmo? ¿Crees que está contento?
O que lle importa a un equipo son os títulos. ¿ou non?
E esto non é a «marca» nin unha partida de cartas para andar con «renuncios». Nun equipo as cousas falanse en vestiario. ¿Ou non?

O Rei · 28-06-2007 a las 09:22

¿¿¡¡Outra vez!!??

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.