ESTA FIN DE SEMANA O CB RIO ULLA INICIA O CAMPEONATO DE LIGA 2007/08

Publicado por fru en

Será este Domingo día 7 a partires das 19 h. na cancha de Pombal, en Cambados, contra os locais do CB. Xuventude de Cambados, equipo novo na categoria.

A priori o equipo de Pontecesures buscará facer un digno papel, buscando estar o mais arriba posible nunha liga con 12 equipos mais, dos que a metade non estaban o ano pasado, polo que falar de favoritos agora é unha incognita.
Equipos do ano pasado están: Lalín, Estrada, Cuntis, Portonovo, A Lama e Liceo de Pontevedra.

Son equipos novos: Motobazar, BBC e Liceo, de Vilagarcia; Dorna de A Illa, Xuven de Cambados; e Escola Naval de Marín.

A liga rematará o vindeiro 30 de marzo, logo de 6 meses case ininterrumpidos de competicion.

Os integrantes do equipo cesureño son todos de Cesures e e Valga, excepto o caldense Victor, que xunto con Pedrito e Juanjo suben do equipo xuvenil. Ca incorporacion destes 3 rapaces mezclase veteranía con xuventude, para ter unha media de idade mais baixa que a do ano pasado. O mais maior é o «gran capitan» Peñaño,  (34) e o mais novo o mozo de Caldas, con 17 anos.

table(tabla).
|_. Bases: |Peñaño e Pedro «Cachote»|
|_. Aleiros: |Diego, Victor, Gulli, Felipe, Pepi e Pedrito|
|_. Pivots: |Pino, Turo, Santi e Juanjo.|

Dende aqui invitamos ós afeccionados a seguir dende esta páxina as novas e resultados do equipo, e tamén poñeremos con tempo o día e hora dos partidos que disputemos coma locais, para que a xente se entere e poida subir ó polideportivo.


1 comentario

fru · 6-10-2007 a las 00:54

? final o partido queda para as 6 da tarde en Cambados, e non ás 7.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.