OUTRA VEZ GULLI LIDERA ? EXTRUGASA RIO ULLA NUNHA NOVA VICTORIA

Publicado por fru en

PUB FARO ?? A ESTRADA = 35
EXTRUGASA RIO ULLA = 48

Gulli (21), Pedrito (-), Victor (4), Pino (1), Pedro (1), Juanjo (2), Santi (4), Arturo (9), Feli (-), Pepi (6).

Outra vez Gulli, esta vez con con 21 puntos (6 triplas) e a dirección do equipo que fixo durante os 40 minutos foi o líder dun equipo que empezou ben, logo andivo bastante ??perdido? pola pista, e de novo foi a mais no último cuarto para lograr a 2ª victoria consecutiva.

Como decíamos o equipo do Extrugasa empezou cunha forte defensa que afogaba ó ataque dos chavales da Estrada. E logo no xogo estático os de Pontecesures movían ben o balón para que Gulli lanzase de 3 puntos. Anotou neste cuarto inicial 3 triplas e o Extrugasa colleu as primeiras diferencias no marcador: (2 ?? 9). Pero tamén dende o inicio veuse coma os pivots cesureños (Santi, Arturo e Pepi) estiveron nestes minutos iniciais horribles no lanzamento a canasta.

No 2º cuarto os pivots cesureños si estiveron algo mais acertados, anotando canastas e forzando faltas, polo que o Extrugasa poido manter a diferencia en torno a os 6 ?? 8 puntos. Esta primeira metade foi moi rápida, e omarcador ó descanso era de 14 ?? 21.

Logo do descanso o Extrugasa andivo 10 minutos desaparecido pola pista, en ataque, e os estradenses sen acabalo de creer de todo vironse diante (27 ??26), logo de facer un parcial de 13 ?? 5. Os de Cesures andaban perdidos pola pista e cun 27 a 28 rematou o cuarto.

Chegado a este punto os da Estrada intentaron apretar en defensa, para intentar irse no marcador (minuto 32: 32 ?? 28), cargándose pronto de faltas persoais. Pero Gulli cunha tripla, e Arturo con 2 canastas consecutivas dentro da zona, mais o acerto de Pepi en 6 tiros libres case consecutivos permitiron que o Extrugasa anotara un parcial de 3 ??13 en 4 minutos. Así á falta de pouco mais de 3 minutos a diferencia era de 6 puntos: 35 ??41, e ahí de novo Gulli con 2 triplas, mais a forte defensa de todo o equipo, destacando a Pedro «cachote» nestes minutos deixaron ós da Estrada en 0 puntos. 35 ??48. Debutou Pino cunha discreta actuación (1 punto e 4 faltas nos 12 minutos que xogou). Foron baixas por lesion Peñaño e Diego.

O vindeiro sábado en Pontecesures é a próxima cita do equipo diante dun dos novos da liga, o Escola Naval de Marín, que hoxe mesmo gañou na cancha do Liceo de Vilagarcía por 1 punto na prorroga. Logo deste partido o Extrugasa vai ter a saida á cancha de A Illa, para despois recibir a un dos equipos revelación ata o momento, o Portonovo, que ven de perder de 2 na prorroga en cambados, outro equipo que comparte o liderato. Mais a medio prazo serán os partidos de Liceo de Pontevedra (alá), A Lama (alá) e Lalín (tamén fora).

CLASIFICACION TRAS 4 XORNADAS.

table(tabla).
|_. * |_. Equipo |_. P.J. |_. P.G |_. P.P. |_. P.F |_. P.C. |_. PTO |
| 1 | GESTCHAL CAMBADOS | 4 | 3 | 1 | 279 | 257 | 7 |
| 2 | BALONCESTO PORTONOVO | 4 | 3 | 1 | 278 | 243 | 7 |
| 3 | ESCUELA NAVAL MILITAR | 4 | 3 | 1 | 264 | 258 | 7 |
| 4 | CAFETERIA DON MANUEL | 4 | 3 | 1 | 213 | 218 | 7 |
| 5 | MOTO BAZAR MCDONALDS | 4 | 2 | 2 | 257 | 247 | 6 |
{background: #ffffcc;}. | 6 | EXTRUGASA RIO ULLA | 3 | 2 | 1 | 157 | 144 | 5 |
| 7 | LICEO CASINO | 4 | 1 | 3 | 251 | 277 | 5 |
| 8 | BASKETDEZA | 4 | 1 | 3 | 214 | 244 | 5 |
| 9 | BBC | 2 | 2 | 0 | 159 | 146 | 4 |
| 10 | A LAMA | 3 | 1 | 2 | 195 | 199 | 4 |
| 11 | LICEO CASINO DE PONTEVEDRA | 2 | 1 | 1 | 132 | 130 | 3 |
| 12 | BOIGO DORNA | 3 | 0 | 3 | 188 | 199 | 3 |
| 13 | PUB FARO | 3 | 0 | 3 | 169 | 194 | 3 |


6 comentarios

Pana · 29-10-2007 a las 21:04

Estaría ben Fru que de vez en cando puxeras como vai a clasificación, para que os que estamos fora podamos seguir de preto as noticias dese gran equipo de baloncesto. Saudos para todo o equipo e noraboa pola victoria. Que saibades que sigo con interés as bosas novas e que é de gran ledicia para min poder celebrar os vosos triunfos.

O Rei · 29-10-2007 a las 21:29

Aproveita esta etapa de vacas gordas, «Gulli», que non duran sempre. O «5» vai chupar banqueta cando volte, vai ter que pelexar cos xuvenís!!

Segue así……polo menos ata xogar contra Lalín, que está ahí

fru · 29-10-2007 a las 22:10

Amigo Pana, esa é amiña intención. Cada xornada, logo de poñela cronica, en canto teña a clasificación correspondente poñereina a continuación no mesmo comentario, coma podes ver que acabo de facer.
(Tan só espero que Antonio Cortés non se me moleste moito polo traballo que lle dou, pois coma podes ver o comentario queda un pouco extenso de mais, ata que Cortés o arranxe).

Pois gracias a ti e ós que seguen as novas do club dende este medio.

solla · 30-10-2007 a las 11:52

Gulli veo que las lecciones de PSP que te he dado el otro dia en mi casa resultaron. La proxima vez no son gratuitas.Pepi seis tiros libres, y yo me lo pierdo. Peñaño no vuelvas. Pino,Pino…

Xoxó · 30-10-2007 a las 17:44

Dende Boston xa andan a preguntar quen é ese «Gulli». Seica van enviar un olleador ó Infesta Arena.

gulli · 30-10-2007 a las 23:59

Por alusións, debo de contestar.
Que saibas amigo Solla, A. que o que resultaron foron as leccións que nos dabas, xa fai polo menos 18 anos pola estrada da Estrada, ti coa mítica Puch Maxi… ¿lembras?

Xoxó, hoxe no adestramento non estaba o olleador. Cando veña xa che avisarei e de paso mándoche unhas botellas de calimocho, licor verde, licor café, anís, viño do meu pai, licor de pataca de Canducho…, creo que todo isto gústache un «pouquiño».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.