BALONCESTO SENIOR: NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA NA ILLA DE AROUSA

Publicado por fru en

DORNA DE A ILLA = 57

EXTRUGASA RIO ULLA = 73

Gulli (4), Peñaño (11), Pedrito (-), Diego (11), Victor (-), Pedro (-), Juanjo (2), Santi (8), Arturo (19), Feli-no (2), Pepi (16).

O Extrugasa continua gañando partidos e demostrando (e demostrándose) que poden ser aspirantes a estar arriba. Tamén é certo que este Dorna non é aquel equipo de hai uns anos con xente veterana e que sabía xogar. Os chavales de agora foron moi voluntariosos e non baixaron os brazos, pero nin tiñan altura nin son xogadores de que teñan moita experiencia. Así se explica que leven perdidos todos os seus partidos deste ano.

Comenzou o encontro con defensas individuais por ambos equipos, e o Extrugasa tivo problemas no rebote na súa canasta, pois os 5 isleños iban a polo rebote dos seus tiros, gañando moitas segundas opcións. Mentras na zona isleña o Extrugasa encotraba en Arturo a súa referencia neste cuarto (11 puntos anotados sen fallo). As direfencias eran mínimas para os cesureños, entre 2 e 4 puntos arriba. ? remate do cuarto o marcador reflexaba un 14 ?? 16 para o Extrugasa.

No 2º cuarto os minutos iniciais foron similares ó primeiro cuarto, chegando no minuto 12 a estar empatados a 18. Pero pasaron 2 cousas: por un lado os locais empezarona cargarse de faltas. E sobre todo, o Extrugasa cambiou a unha zona 2 ?? 3 aberta que lle permitia defender forte, e á vez controlar o rebote en defensa. Ahí acabouse o partido. Parcial de 3 a 24 en 8 minutos e ó descanso 21 ?? 42. Peñaño, Diego, Pepi e Santi non tiveron problemas para sumar puntos e irse ó descanso gañando de 21.

No 3º cuarto os isleños sairon a recortar puntos, logrando achegarse a 12 puntos 34 ?? 46, debido a que o Extrugasa fallaba bastante cerca do aro, e nos lanzamentos de 3 puntos (Gulli hoxe non estivo acertado fallando todos os que intentou) o que permitia que os da Illa correran o contraataque. Pero Diego con 5 puntos seguidos cortou esa racha negativa, e o partido dende ese momento instalouse en diferencias entre os 12 a 16 puntos ata o final do cuarto: 43 ?? 56.

No derradeiro cuarto, co partido decantado foi Pepi o que se erixiu protagonista en ataque dos cesureños, ó anotar 8 puntos case consecutivos. A diferencia subiu de novo ós 20 puntos 52 ?? 72 recortada no ultimo minuto a un 57 ?? 73.

Agora o Extrugasa ten 2 saidas mais: este xoves en A Lama, e logo o Domingo en Lalín. Partidos que, caso de gañar, os poñerán nos primeiros postos da liga.

Ademais, no partido os xogadores empregaron unha sudaderas donadas por «Decoraciones Sinda» e que se agradecen nesta época fria do ano.

100_8057-web.JPG

Novas sudadeiras do equipo.


2 comentarios

gulli · 2-12-2007 a las 22:34

Bo partido de Arturo e de Pepi, hai que felicita-los.
Esta claro que un mal día pode ter calquera e hoxe foi ese día. Reservome así para os importantes partidos que nos veñen agora. Mentres tanto, que Arturo e Pepi disfruten da súa boa actuación contra os colistas da liga. Espero que contra Cuntis fagan números parecidos…

fru · 3-12-2007 a las 00:00

Cesures sería 6º na clasificación, debido q que ten 3 partidos menos dos previstos, inda que ten que descansar nunha xornada, ó ser impares.
Somos o único equipo que só ten 1 derrota na liga a día de hoxe. De todolos xeitos segue a igualdade nos de arriba e calquera pode perder con calquera dun grupo de 7 equipos.

Clasificacion provisional

pxogados Gñdos pddos Pts

1.- Cuntis 8 6 2 14
2.- Cambados 8 5 3 13
3.- Liceo Pontev 7 5 2 12
4.- BBC 7 5 2 12
5.- Estrada 8 4 4 12
6.- Extrugasa 6 5 1 11
7.- Portonovo 7 4 3 11
8.- Liceo Vilaga 8 3 5 11
9.- marin 6 3 3 9
10.- A Lama 7 2 5 9
11.- Motobazar 6 2 4 8
12.- Lalin 7 1 6 8
13.- Dorna 5 0 5 5

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.