Proposta do equipo de goberno sobre remodelación da zona portuaria de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A proposta, que vai ser sometida ó pleno do luns día 28 de xaneiro, foi ditaminada favorablemente pola Comisión Informativa de Urbanismo, Obras e Servizos con tres votos favorables (a alcaldesa, Jesús Rey e Luis Sabariz) e dúas abstencións (Alvarez Angueira e Cecilia Tarela) e di o seguinte:

Hai uns días foi enviado a este concello o anteproxecto da obra «Remodelación da zona portuaria de Pontecesures», xunto co texto do Convenio de Colaboración entre Portos de Galicia e o Concello para a execución e mantemento de ditas obras.

Analizado o documento do convenio e do anteproxecto, proponse ó pleno a adopción do seguinte acordo:

1-Aprobar o Convenio de Colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Pontecesures para a execución e mantemento das obras de remodelación da zona portuaria de Pontecesures, nos seus propios termos.

2-Facultar á alcaldía para a sinatura do convenio co presidente de Portos de Galicia.

3-Dar a conformidade ó anteproxecto presentado, formulando de tódolos xeitos, as seguintes suxestións:

-� moi necesario seguir contando coa pista polideportiva do peirao no seu actual emprazamento. � unha instalación moi utilizada pola poboación de Pontecesures e debe investirse no seu acondicionamento en canto ó valado de protección.

-Na rampla varadoiro próxima á EDAR é preciso facer unha actuación que posibilite embarcar ós mariñeiros que usan esta instalación. Na actualidade, e coa baixamar, é moi difícil acceder ás embarcacións porque a auga está moi baixa en relación coa parte final deste varadoiro.

-Tamén é necesario contar cun elemento que permita que os numerosos deportistas do Club Náutico Pontecesures pidan embarcar sen necesidade de camiñar pola marxe do río, como están a facer ata agora.

-Débense concretar os equipamentos e espazos libres nos terreos da fase II que aparecen como parcelas, en coordinación co instrumento urbanístico que corresponda.

-Faise constar que parte da actuación prevista afecta a terreos do Concello de Valga (aínda que están no termo municipal de Pontecesures).


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.