A Xunta financiará a instalación dun colector de pluviais dende a rúa do Campo de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

Con gran satisfacción recibimos no día de hoxe a nova da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de que a Administración Hidráulica de Galicia vai executar e financiar integramente a obra ??Colector de pluviais dende a rúa do Campo de Pontecesures? que ten un importe de 188.982,05 ?. Esta obra está incluída así no Pran Hidrolóxico de Galicia e os seus instrumentos de ordenación de desenvolvemento e das actuacións previstas na Programación de infraestruturas hidráulicas de saneamento en pequenos núcleos de poboación para o período 2008-2014.

Agora o Concello ten que remitir diversa documentación (a conformidade co proxento, a posta a disposición dos terreos, as autorizacións e permisos, a renuncia ó cobro de taxas ou canons, e o compromiso de manter logo as obras) e ímolo facer con toda urxencia para que o proxecto sexa adxudicado pola Empresa Pública de Obras e Proxectos Hidráulicos.

Faise constar que esta canalización dende o alto do Monte de Porto (onde está o campo de fútbol ??Ramón Diéguez?) é que vai ir ata a río Ulla, nas proximidades da EDAR, fundamentalmente pola rúa Calera é moi necesaria. En días de choiva temos moitos problemas nas pistas que parten do Monte de Porto e que afectan o tránsito de vehículos e peóns e poden provocar asolagamentos nas propiedades.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.