BALONCESTO: NOVA DERROTA DO EXTRUGASA NOS MINUTOS FINAIS

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 63

Gulli (-), Peñaño (18), Pedrito (-), Diego (5), Victor (-), Pino (4), Pedro (-), Nacho (18), Santi (1), Felipe (12), Pepi (3), Juanjo (2) . 

O MECO SANTO ANGEL = 74 

Nova derrota do Extrugasa, nun partido que se decidiu nos ultimos minutos, onde o Meco chegou moito mais enteiro, e nunca mellor dito, pois ademais dos eliminados por faltas (Peñaño e Nacho) lesionaronse por sendas torceduras de nocello Gulli e Pino, este ultimo baixa para unhas semanas.   Comenzou o encontro mal para Extrugasa pois de inicio os do Grove con mais ritmo foise no marcador cun 7- 0 inicial. Os locais non anotaban nas suas posesións e os grovenses saian ó contrataque. Pino cargase con 2 faltas rápido, índose ó banco por Nacho. A partir de aquí cambiou o escenario, Nacho foi a referencia en ataque do Extrugasa que empezou a sumar (min 5: 8 ?? 13). A base de defensa individual os locais achegabanse no marcador, e cun Nacho imparable (12 puntos no cuarto) finalizaron o cuarto 15 ?? 20. 

No 2º cuarto apareceu un gran Felipe que anotou e defendeu, 5 puntos seus achegaron ó Extrugasa (20 ?? 22). Peñaño tamén empeza a ver aro, con outros 5 puntos e gracias a unha nova tripla de Felipe no minuto 15 o partido empatase a 28. Pero ahí prodúcese a 3º falta persoal de Nacho que se ten que ir ó banco. Ademais momentos despois Gulli lesionase, empezando os problemas par aos locais. Unha tripla de Diego pon ós cesureños 1 arriba 31 ?? 30, pero logo encaixa 4 puntos seguidos. Quedando 1 segundo o Extrugasa anota 2 tiros libres, e ando parecia que o marcador ia ser 33 ?? 34 par aos grovenses, no saque de fondo pasan os do Grove un pase longo ó medio campo e o xogador do Grove que colle a pelota, diante de Pino que estaba co brazo levantado, tira o balon para arriba e anota unha tripla dende medio campo: 33 ?? 37. Iniciouse o 3º cuarto cos locais defendendo nunca zona mais aberta para protexerse de faltas, e lograron achegarse de novo no marcador: Peñaño dende a liña de 3 puntos empataba a 40 o partido mediado este cuarto. E ahí prodúcese a lesión de Pino que estaba axudando nos rebotes. Nun principio temíase que fora algo mais que un esguince, pola dor que presentaba, e o equipo acusou este pao, índose de novo os grovenses no electrónico con 4 ?? 6 puntos arriba. Outra tripla de Peñaño antes de rematar o cuarto deixa o marcador nun 48 ?? 52. 

A partir dese momento o home alto do Grove impuxo a sua altura nas 2 zonas e durante os primeiros minutos do cuarto os do Meco dominaron o mesmo: min 35: 54 ?? 60. Voltan Gulli e Nacho á cancha, e durante un par de minutos o partido cambiou, un parcial de 5 ?? 0 para os locais, con nova tripla de Peñaño puxo o marcador nun 59 ?? 60 quedando 3 minutos para o final.Pero sairon eliminados por 5 faltas Peñaño e Nacho, riguroso o arbitro con eles 2 toda a noite, e o partido rematou. Os do Meco anotaron un par de triplas, xunto co daño que facia o seu hme alto nas 2 zonas, ó coller varios rebotes en ataque e o Extrugasa tivo que ver coma saia derrotado unha xornada mais.  A verdade, está faltando algo de sorte pero é de destacar a entrega de todos os xogadores neste partido. A seguinte semana toca xogar contra o lider Laxe Marín, que está intratable, pois derrotou esta xornada a Portonovo de 20. Logo Extrugasa finaliza a volta con 3 partidos contra rivais (Vilanova, Cambados e Pontevedra) que van estar loitando por non edsceder. Eses son os partidos que hai que gañar para evitar o descenso.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.