BALONCESTO: O EXTRUGASA PERDE (59-60) NUN FINAL AGONICO, E QUEDA COMA PECHACANCELAS NA TABOA CLASIFICATORIA

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 59

 

Gulli (17), Diego (5), Victor (-), Pedro (-), Nacho (12), Santi (5), Arturo (8), Pepi (12), Juanjo (-) .

 

ESTUDIANTES PONTEVEDRA = 60

 

O Extrugasa finaliza a 1ª volta da liga no derradeiro lugar da taboa, logo de perder este encontro suspendido a principios de decembro pola humidade na pista. O equipo na metade da competición ligueira demostrou ser competitivo, pero faltoulle algo mais de pegada, e de sorte, para ter mais victorias. Porque falta de sorte foi a derrota deste dia, logo de encaixar unha tripla á desesperada dos pontevedreses, e logo que Nacho errara o seu lanzamento final sobre bocina.

Outra diferencia respecto da temporada anterior, e pode ser pola maior esixencia da liga, é a plaga de lesionados que está tendo o equipo este ano, pois tan só por 2 veces o equipo estivo ó completo. Neste caso foron Pedrito, Peñaño e Pino os que non poideron disputar este encontro. 

 

Asi, ante un rival que iba de ultimo, etrugasa impúxose no primeiro cuarto, con diferencias minimas todo o tempo, gracias a Pepi (6) e Nacho (8). As diferencias eran cortas pero o equipo estaba xogando ben. 16 â?? 14 no remate do cuarto.

 

Os cesureños seguian por diante con diferencias de 3 a 5 puntos, duarante o 2º cuarto. Neste caso foron Gulli e Arturo, os que lebaban a responsabilidade anotadora.

Chegouse ó descanso gañando por 3 puntos: 32 â?? 29

 

O inicio do 3º cuarto foi clave: cun xogo barullado o Extrugasa cometeu numerosas perdas en ataque nos primeiros minutos, aproveitando os pontevedreses para anotar un parcial de 2 â?? 9 (min 24: 34 â?? 38). Parecia que se achegaba o Extrugasa (38 â?? 40), pero 2 triplas dos pontevedreses alonxáronnos de novo (38 â?? 46). De novo Gulli e Nacho achegaron ó Extrugasa no remate deste cuarto: 46 â?? 50.

 

Extrugasa, sabendo o que se xogaba, foi quen de darlle a volta ó partido, a base de defender, (min 35: 54 â?? 54). Nacho pon ó Extrugasa  por diante quedando 2 minutos 58 â?? 56. Logo Gulli ten unha oporunidade para darlle unha diferencia de 4 puntos, se anotara os 2 tiros libres, pero erra no segundo, quedando menos de 1 minuto. (59 â?? 56).

Os visitantes meten 1 tiro libre, e Pepi falla unha bandexa quedando 18 segundos. Os de Pontevedra que moven o balón e tiran unha tripla á desesperada quedando poucos segundos que entra. Con 2 segundos nacho recibe e fai un tiro a 4 metros que non entra e se produce unha nova derrota.

 

Agora as opcións para salvarse pasan por gañar 4 ou 5 partidos na 2ª volta, e para elo terán que recuperar a moral e creerse gañadores, pois competitivos demostraron ser.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.