Artigo de José Quintáns Nine. EL CORREO GALLEGO, 23/03/09
Era outubro do ano 1967 cando se inauguraba o Instituto de Padrón, naquel intre Colexio libre adoptado e dependente do Instituto XelmÃrez de Santiago de Compostela.
Este centro permitiunos a moitos rapaces daquela época iniciar unha formación que nos estaba negada polas circunstancias familiares e sociais ou polo núcleo onde vivÃamos; eu fun un deles.
Esta primeira promoción do Instituto Camilo José Cela de Padrón, que é como se chama agora, e outras que foron aparecendo ano tras ano, tiña moitas gañas de facer, cos profesores que mais nos aprenderon e nos orientaron ó longo de sete anos, unha xuntanza-homenaxe compartida para que quedara constancia do agradecemento que lles querÃamos transmitir.
Non fixo falla unha convocatoria de claustro nin de consello escolar para quedarmos no dÃa e hora decididos: sábado dÃa 14 de marzo, ás dúas e media no Pazo de Lestrove.
Tampouco tivemos necesidade de enumerar un programa con obxectivos, contidos e outros puntos para desenvolvelo nese dÃa.
Xa no Pazo, estaban Marisel Véliz, Fita Garrido, Conchita, Ramón Vázquez e a súa dona, VÃctor Aragonés e Teresa, asà como JoaquÃn Lens, José Manuel Sánchez, José Manuel González Herrán, Baleato e moitos mais.
Algúns non estiveron na comida, pero si que estaban alÃ. Dos alumnos non digo nada, xa que se encargou a directora de pasar lista e de recordarnos as notas que tÃñamos cada un, por se necesitabamos repasar algún tema. Este dÃa todos nos sentimos alumnos de bacharelato.
Finalmente, na charla-coloquio, como nos recomendaba JoaquÃn Lens que intercalásemos na redacción das conferencias, uns sinxelos agasallos cerraron unha xornada tan memorable e feliz que non creo que se nos esqueza mentres a memoria nolo permita.
Polo menos, esta primeira xeración e as que desexen sumarse a este tipo de recoñecemento, queremos estar Sempre en Padrón: tempus gratissimum et memorabile, unha época memorable e moi grata, dende aquel curso 1967/68, facendo pública esta homenaxe ós nosos profesores porque a merecen, e que esta data sirva para programar outras sucesivas.
Tamén, e fóra deste cÃrculo de profesores-alumnos, teño que dicir e facer constar que eu tamén estarei Sempre en Pontecesures, no Palomar de Abaixo, coa familia González Fernández, ad felicium temporum memoriam, para a lembranza duns tempos felices que alà pasei.
A primeira jenerasión terÃa moitas janas de estudiar, pero as que viñero despois….
Quérolle ajradeser a carmen dono, a carmen pereira, a anjustias, a conchita, a uxia… e como non a ese jran profesor que foi selestino, toda a educasión que me deron. Que serÃa de min sin eles… janchillar sejuro que non saberÃa
Ã?nese a min un antijuo aluno, que me di: Que serÃa de nós sen jamaica, sen rita, estela, leopoldo, sésar (ese jran falador de injlés e fan dos smiths). Jrasias marisa por eses bocadillos de tortilla con chouriso, esas palmeras, e ese silvino que tantas fotocopias nos fixo. Jrasias conchita por fasernos baixar o turrón da navidá e jrasias a ti descubrimos a nosa sexualidá oculta. Quen non pasou verjuensa a máis non poder fasendo as tablas no pabellón con toda a súa familia mirando pa el en mallas? Jrasias a lus marina, que nos aprendeu a diferensiar o sujeto do verbo, e a fransisco… ese que cantaba non, o que nos falaba da jerra sivil e da revolusión rusa… Ã?l saberÃa o que disÃa, porque eu xa non me acordo. Jrasias a frade por abrirme os ollos para que non me metera no convento, senón iba de cabesa. En definitiva, jrasias por esa excursión inolvidable en benalmádena, que aÃnda se están acordando de nós alà co cristo que montamos. Non me estraña que prohibiran que volvera aljén de padrón por alá. Como botamos de menos a josé ramón con esas clases de matemática, e a nosa queridÃsima manuela que, por se non sabiamos, non aprendÃa que: “unha sereixiña, máis outra sereixiña fan dúas sereixiñas”. Jrasias por aquela lesión que nunca máis se me esquenseu. Qué recuerdos no Camilo José Sela!