?ltima hora: Meca nada a bo ritmo e xa deixa atrás as Malveiras e Cortegada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nun ambiente de gran expectación, David Meca lanzouse ao auga en Vilagarcía ás 13:05 horas, tras ser despedido pola alcaldesa de Vilagarcía, polo presidente da Deputación e polo Delegado Territorial da Xunta.
Non bo mar, o nadador de fondo pasou xa á altura das illas Malveiras e da illa de Cortegada. O mar atópase xa un pouco picado, pero Meca leva un bo ritmo. Segundo os cálculos da organización, e se todo sigue así, a hora prevista de chegada a Pontecesures é a das 17:30 horas.
Vai diante do nadador unha zodiac a modo de lancha guía. Outras dúas van preto do deportista.
Agora David Meca atópase nos Lombos do Ulla. Na desembocadura espérano, para arroupalo e animalo, moitos piragüistas e outras embarcacións.
Esperemos que este campión, e hoxe peregrino, supere o reto. ¡Todos ao peirao de Pontecesures!


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.