A obra de Carlos Bóveda une o Auditorio de Vilagarcía a Galicia e Arxentina.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A inauguración da mostra reuníu a autoridades e veciños no Auditorio.

O Auditorio de Vilagarcía acolleu onte a inauguración dunha mostra de Carlos Bóveda, un acto de recoñecemento ao traballo deste pintor, nado en Pontecesures e que viveu boa parte da súa vida (40 anos) en Arxentina, e que reuniu na capital arousá a persoalidades como políticos e alcaldes da comarca, ao cónsul arxentino, artistas e a víuva de Bóveda, Sara Paz.
A mostra, na que se amosan 21 cadros deste autor, enmárcase na programación do festival ??Son de Lúas. Cosquín en Vilagarcía? que comeza hoxe mesmo.

Carlos Bóveda naceu en Pontecesures. Pero foi en Arxentina onde desenvolveu boa parte da súa actividade. Coincidiu no país sudamericano con artistas do seu mesmo nivel, tamén galegos, aínda que estes acusaron a influencia da terra arxentina de acollida e variaron e entremesturaron os temas dos seus traballos, algo que a Carlos lle custou máis, pese a pintar durante un ano a vida das chabolas (que alí se denominan ??villas miserias??).

Comezou no mundo da creación con 15 anos, na cerámica Celta, de Pontecesures, onde deixou unha profunda pegada do seu xenio creador, como por exemplo a escultura da Lavandeira que, no ano 1995, os herdeiros e actuais propietarios de Cerámica Celta, lle atribuíron erroneamente a Asorey.

Simultáneamente co seu labor na cerámica de Pontecesures, participaba no incipiente movemento cultural que se estaba xestando na zona e que se traducía en rondallas, teatro, faladoiros, conferencias e demais actividades, que se materializaban no Ateneo do Ullán.

Con 29 anos emigra a Arxentina, onde Galicia seguirá estando moi presente na súa obra, anque o país sudamericano irá gañando cada vez máis peso na mesma.

Esta exposición enmárcase na programación de ??Son de Lúas. Cosquín en Vilagarcía?, un festival que arranca hoxe.

Son de Lúas > O festival folclórico de Cosquín (Arxentina), considerado como o máis importante de Latinoamérica, terá este ano por vez primeira na súa historia unha sede en Galicia. Será en Vilagarcía, no Auditorio, este fin de semana. Vilagarcía convírtese deste xeito na segunda cidade española, con Cádiz, en acoller unha extensión deste importante evento que, na súa última edición chegou a reunir a 120.000 persoas.

A xornada de mañá terá como protagonista ao charanguista Jaime Torres, indiscutible figura da música tradicional arxentina. A do sábado dará comezo cunha actuación do dúo formado polo gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras. Tras eles subirán ao escenario o pianista Juan Carlos Cambas , o grupo vocal femenino Aymamá, Mariana Cayón e Paola Bernal.

DIARIO DE AROUSA, 15/10/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.