??O PSOE está recuperado e máis unido que nunca. Aspiramos ao máximo, a Alcaldía?

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Secretario xeral da agrupación socialista cesureña, coordinador comarcal do PSOE e agora candidato á Alcaldía de Pontecesures. ? Roque Araújo Rey, a persoa pola que apostou a militancia para esquencer definitivamente a crise e o cisma que xeraron no PSOE local as eleccións de 2007. «As solucións resultadistas á larga non son todo o positivas que se busca», afirma con respecto a aquela candidatura do independente Luis Sabariz. Tras case catro anos sen representación socialista na Corporación, esa é unha etapa pechada para Araújo Rey, natural de Vilagarcía pero veciño de Pontecesures desde hai unha década, e con estudos en Administración de Empresas. «Tras empadroarme na vila o segundo que fixen foi afiliarme á agrupación local», da que di que agora está «máis unida que nunca». Preséntase ante os electores como una alternativa real de goberno coa que poñer fin a unha lexislatura «moi negativa».
Semella que deixaron atrás todo o acontecido hai catro anos, logrouse recompoñer de todo a agrupación local?
A agrupación está completamente cambiada. Estamos máis unidos, integramos a moitísima xente que hai catro anos quedou bastante desilusionada co que representaba o candidato e estamos en disposición de poder dicirlle aos votantes socialistas que imos cumplir as súas expectativas e que non os imos defraudar.
Puideron entender a decisión da dirección do partido de apostar por Luis Sabariz como candidato en 2007?
Ás veces, búscanse solucións resultadistas pero á larga non son todo o positivas que se pretendía. Agora o que queremos é facerlle caso aos votantes socialistas, que queren que neste pobo se leven a cabo políticas sociais acordes coa súa ideoloxía.
E do mesmo xeito, conseguiron comprender nestes catro anos a postura de Sabariz de non apoiar a Luis Álvarez Angueira no Pleno de investidura?
Non o entendín e creo que a decisión que tomou foi un fraude aos electores, que naquel momento consideraban que estaban votando ao PSOE. O reixeitamento dos afiliados a ese candidato foi claro. De todas maneiras, esa é unha etapa que xa pasou e agora o que nos importa é o presente e o futuro.
Vese con posibilidades reais de acadar a Alcaldía?
Se non partimos desa base, se non temos esa aspiración e ilusión, non nos presentariamos. Temos que aspirar sempre ao máximo, que é obter a Alcaldía e, por que non, conseguir unha maioría. Os cesureños están cansos do que pasou nos últimos catro anos.
Que valoración fan desta lexislatura co tripartito dirixindo o Concello?
? unha valoración moi negativa. Primaron os intereses persoais e particulares sobre os do pobo. Algúns están máis preocupados en saír nos xornais que de traballar por Pontecesures. Non hai unha política de futuro, senón unha política de parches. Desa maneira nunca se logrará situar a Pontecesures no século XXI, facer dela unha vila moderna na que os veciños gusten de pasear e mercar.
Non queda dúbida de que apostan por un cambio…
Por suposto. E non é unha opinión persoal, senón que falando coa xente nótase que queren un cambio e nós estamos a dar os pasos para contribuír a el. Hai outras maneiras de actuar e de traballar no Concello, por exemplo promovendo unha administración máis cercana aos cidadáns: que o Concello sexa dos veciños e non dos concelleiros.
Se para lograr ese cambio fora necesario un pacto, neste caso co BNG, estarían dispostos?
Non podemos partir con esa premisa. Temos que traballar para conseguir unha maioría, pero o que está claro é que nós somos unha forza progresista.
Como se recuperan estes catro anos perdidos sen representación na Corporación?
Falando moito coa xente, sendo rigorosos no análise da situación do concello, vendo as necesidades do pobo e dos veciños. Desde logo, observando o feito polo actual goberno, sabemos moi ben o que non se debe facer. Adicación e honestidade é o que pide a cidadanía.
Cre que os electores volverán a respaldar ao PSOE a pesar deste período de ausencia?
Espero que respondan positivamente porque decatáronse de que soubemos recuperarnos e de que estamos organizados. A nosa mensaxe vai ser moi clara e baseada en dous aspectos fundamentais: a política económica e a política social. A primeira xirará entorno á xeración de emprego. Noutros concellos progresistas están en marcha programas e iniciativas locais que fomentan o autoemprego. Se ben o punto forte do PSOE son as políticas sociais, con apostas como a conciliación da vida familiar e laboral, algo que aquí está completamente esquecido. Hai que dar opcións a pais e nais para compatibilizar o traballo coa atención dos nenos.
No tocante a infraestruturas, que nos pode avanzar sobre o seu programa??
Unha reivindicación de sempre deste partido é a creación dun Centro Social ou de Usos Múltiples porque non hai un lugar onde se poidan reunir os colectivos. Por outra banda, Pontecesures é un municipio privilexiado, que ten unha conexión coa autoestrada moi próxima, que ten porto, unha estrada nacional que discorre polo concello, que ten tren… Evidentemente imos defender todas estas infraestruturas. De feito, o PSOE cando gobernou na Xunta tiña un plan para remodelar a fachada fluvial, un proxecto que foi botado abaixo pola Xunta do PP. Despois de dicir que ían incrementar o importe da obra, todo quedou en nada e esa é unha mostra máis do abandono ao que está sometido este concello a pesar de que o PP forma parte do Executivo municipal. Podemos dicir que de goberno amigo, nada de nada.
Unha das principais batallas que se libran agora é a de manter a actual liña férrea entre Vilagarcía e Santiago. Cal é a súa postura a ese respecto?
Hai que defender o transporte ferroviario, porque é fundamental, especialmente para traballadores e estudantes. ? un privilexio que este concello conte cunha estación.
Falaba antes dunha administración máis próxima aos cidadáns, como se consegue iso?
O contacto e a relación coas persoas é o que máis nos importa. Rexeitamos os comportamentos autoritarios que asoman no equipo de goberno actual e cremos que o diálogo é fundamental para resolver os conflictos que xorden entre veciños. Neste sentido, imos ser moi estrictos na actividade urbanística do Concello. O ??ir facendo?, que está tan extendido en Galicia, aquí aplícase con demasiada frecuencia e ás veces da lugar a conflitos veciñais que se enquistan e provocan enemistades. Se houbera unha observancia das normas urbanísticas evitaríanse, seguramente, moitos destes problemas.
Anunciou hai semanas a sua intención de reducir o soldo do alcalde se gañan as eleccións, o que xerou algo de rebumbio e polémica co actual tripartito?
Nós apostamos por unha única adicación exclusiva no Concello, a do alcalde, que cobre un soldo acorde coa vila na que vivimos e co traballo que desempeñe; un soldo digno e non esaxerado cmo o de agora. O que non imos facer é entrar en negociacións estrañas e vender votos por postos.
Que pode adiantar sobre o equipo co que concurrirá á cita electoral?
A lista está practicamente rematada. Será unha lista renovada, na que imos contar con xente moi implicada e que cre neste proxecto, conxugando veteranía e xuventude. Pero sobre todos seremos unha piña e imos a estar moi unidos. Máis alá de grandes fichaxes, o que buscamos é xente implicada, que realmente traballe e se molle por este proxecto e por este pobo.

DIARIO DE AROUSA, 14/02/11


19 comentarios

charly · 14-02-2011 a las 18:12

ojala chova cafe no campo, Roque por que o psoe si lle chovera a nivel nacional, regional,e penso que local,o pacto da xunta psoe/bng.durou solo
4 anos e decir o minimo, foy un fracaso enorme.
por certo a este paso no hay nadie de cesures que quiera presertarse
solo nos queda Maribel nativa do pobo,
POIS QUE JANE MARIBEL CON DOS COJONES

sobreiras · 15-02-2011 a las 01:38

¿Non entendeches porque o Sr.Sabariz Rolan non apoiou a Angueira?. Pois pregúntalle a mosca, non abscrita e traidora. Ela vaicho explicar moi ben. El non traicionou a ninguén, anunciou por activa e por pasiva que non o iva apoiar. Por certo que os socialistas quedaron encantados de poñelo fora. Anda e pregúntalles. E ti caerás de pardillo e o Angueira encantado.

¿De que están cansos os Cesureños? . De catro anos de transparencia, de catro anos de respeto as leis e a democracia, respeto as institucións que se perdera, respeto a igualdade de todos para aspirar a contratos no Concello (méritos e capacidade). A convocatoria dunha plaza de funcionario foi todo un exemplo de cumplimento das leis como non pasaba aquí fai anos.

Estes catro anos o Concello foi un libro blanco en información, xestión dos recursos. Si hasta o outro día o exconcelleiro Daniel Chenlo lle deron a oportunidade de opinar na reunión de Portos de Galicia, cando o PSOE non pintaba nada alí, pois non ten representación. ¿En que etapa política de Pontecesures víchedes vos tanta democracia?. ¿na de Angueira?

¿Xestión negativa? Dame o nome do que foi o Concello por intereses persoais. Nótase que non eres do pobo, que pouco o coñeces. Ahora que o pobo tampouco te coñece a tí. O dos intereses persoais foi na lexislatura anterior do Alvarez: gasoil, móvil, comidas, empadroamentos en fraude de ley enchufismo dos do BNG no Concello e o laissez-faire no urbanismo, a todos o que lle dera a gana só polo voto. A eso tamen fas referencia, conflictos veciñais… Eso de cando ven Sr. Roque…Recorde que este Alvarez foi rexidor de 1999 a 2007… ¿Quere facernos parvos?

Creación de empleo : Eso xa da a risa, o Concello non é unha empresa, mellor calamos, porque si crea tanto como o goberno central vamos aviados con casi 5 millóns de parados.

¿Máis preocupados por saír na prensa?. Máis preocupados por traballar día e noite por este pobo, que é o meu,e logo poñer todo en coñecemento dos veciños para que estén informados. Vostede non pode nin soñar con esa capacidadede xestión, de negociador, de demócrata, de traballo. Non hai nada igual en Pontecesures, coma o candidato que o Psoe presentou fai catro anos, e que no Psoe perderon por parvos, por un pacto co BNG que os levou a ruina política en Galicia. Tendes que volver a nacer, todos os candidatos, para ser coma el, por eso non vos interesa a ningún que esté polo medio, porque vos anula.

Moita sorte Sr. Roque… (0-1).

Non son Sabariz, pero tamén fun a Universidade.

arredemo · 15-02-2011 a las 10:46

«?Máis preocupados por traballar día e noite por este pobo, que é o meu,?»

O seu?»

acábaste de descubrir, Sobreiras?

sobreiras · 15-02-2011 a las 11:20

Nacín aquí arredemo.E punto

papagos · 15-02-2011 a las 11:24

E unha boa entrevista visto os comentarios suscitados. Recoméndolle a charly o artículo que publica hoxe o País: «Mourinho y Feijóo» de Antón Losada. Creo que sobreiras trabucouse na fecha do seu comentario, sería unha boa declaración o 14 de Febreiro.

charly · 15-02-2011 a las 15:36

gracias papagos polo consello,pero e un articulo de opinion o que me recomendas,e eu xa teño opinion propia, inda que son lector do pais entre outros, a entrevista o candidato do psoe al alcaldia de pontecesures
esta chea de voas intencions pero solo eso,pero coma todos os candidatos
posto que saves que no hay un peso para gastos a todos os niveis,
e sabes de sobra que as encuestas,e opinion da gente pinta mal para o psoe.
que non quita que este roque sea boa persona,eu no coñezo
gracias

sobreiras · 15-02-2011 a las 17:47

Non me gusta Antón Losada, podes gardalo no bolsillo.

piris · 17-02-2011 a las 11:33

Penso que algún foi a universidade, pero a universidade non entrou nel. Os universitarios (os que remataron a carreira) non escriben o que lle dictan, porque teñen opinión propia.

sobreiras · 17-02-2011 a las 17:17

Pois xa que a Universidade non pasou por min, direille o candidato o PSOE, que si foi a Universidade e tamén a Universidade pasou por el (O fin e o cabo só fixo ADE, unha carreira ben fácil), que a verba «resultadistas», non existe no Dicionario de Galego, in tampouco no da Real Academia de la Lengua Española. O que sí existe é o adxetivo resultativo.

ibuprofeno · 18-02-2011 a las 03:05

resultame gracioso ou irónico oír falar ó propio transfuga de si se podera arreglar a sitiación do PSOE despois de como este personaxe deixou ó partido…

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-02-2011 a las 08:41

Non trates de meterme na discusión desta nova «ibuprofeno». Seguides coa máxima de que todo o que non me critica son eu con outro alcume. Considerades inconcibible que alguén estea dacordo coas miñas actuacións. Pois ala vós se credes iso. A min o debate universitario xa me queda un pouco lonxe.

piris · 18-02-2011 a las 11:48

Eu do PSOE?. Vale fenómeno. Sigue así que chegarás lonxe…,pero moi lonxe.

arrevolussion · 18-02-2011 a las 20:32

para o pariente do «acetilsalicilico» o que te lea, ha de pensar que eres unha voz con coñecemento, E NON ? ASÍ, NON HAI TRANSFUGA, houbo PALABRA E COMPROMISO, como descoñeces o que é, para tí non existen, o PSOE naquel intre fichou a unha FIGURA, pero como os partidos son uns ambiciosos, LEVARON NOS MORROS, preguntalle (para que te informes e te formes) ao señor Modesto Pose, e que che diga, e despois ves por acá e LATRICAS…comentades por inercia e sen coñecemento vaise a ningures… o señor Sabariz o que ti queiras, pero un MACHO…MACHO feitos non lengua…e manténse que aínda non encartou, e SEMPRE VERSADO, como debe ser, estamos CANSADOS DE TELDERETES DE TABERNA, leria barata como de costume..

charly · 18-02-2011 a las 22:32

pois leva razon arrevolussion, piris,cando no seu momento pensou modesto pose que podia sacar mais votos con sabariz o frente que ca xente do psoe do seu momento,(por que de eso se trata de votos as personas hostias)
moi o meu pesar de corazon, o pp sacra tallada, da crise,e do paro,
e non votarei por suposto teño moi claro,

Cara de cona · 22-02-2011 a las 20:11

Esta este roque cojonudo co do urbanismo……….o seu xefe pachi Vazquez un carota…..pideu permiso para un tellado y fixo unha mansión….e agora ven este querendo correxir o deixar facer dos concellos……ten a antiga conselleira de pesca do psoe para tirarlle a casa….na isla o rollo da villa Psoe ilegal o lado do mar…agora esto do xefe Vazquez…….que dis roque?….critica aos teus e botalle huevos…sodes todos uns carneiriños do si guana…….socialistas eses con pisos de luxo e mansions de mais de trescentos mil ou catrocentos mil?….non veñades con caralladas….

papagos · 23-02-2011 a las 12:49

Roque na entrevista e claro sobre o tema do urbanismo, non podería ser doutro xeito. Ninguén está por riba dás leís. En calquera caso o de Pachi cheira un pouco raro, que vaian dous funcionarios da Xunta a súa casa (un deles exconcelleiro do PP) para comprobar as supostas irregularidades acompañados dun numeroso grupo de periodistas, e como mínimo sospeitoso. Tamén podería opinar dos outros casos que menciona Cara de cona, pero non teño ganas. Cando dí Cara de cona: «critica aos teus e botalle huevos», ¿non lle estará aconsellando a Roque que se convirta nun tránsfuga como Sabaríz?.

Tiroliro II · 23-02-2011 a las 21:21

Pouco cambio vexo no psoe, mais do mismo, con criticas a os demais e sen analizar porque fallan sempre, Roque concilia empeza a ter o disco raiado

sobreiras · 24-02-2011 a las 01:45

Menos mal que nos tocou a Bono Loto. No despacho de loterias da rúa San Lois, 28 foi sellado o único boleto de 6 acertos do día 23 de febreiro con un premio de 1.156.635, 56 euros. Noraboa o afortunad@.

Xitano · 25-02-2011 a las 20:55

A política que está a facer o PP é denigrante, posto que o que lle pasa ou pasou ó lider socialista é algo privado, esto parece unha «caza de bruxas». Os do periódico xa lles vale, todo que sea corraña, adiante. Se están tan seguros dos seus votos, porque están emporcando a xente. Se todos falaramos dos cabecillas que teñen no concello. Falamolo onte no bar, Louzan pon a dedo o candidato en Cesures, Maneiro o de Valga, comprou e esta a arreglar a casa donde está a reloxería, facer eso costa moito carto, e sen contar as casas e pisos que ten por fóra, noutros concellos e por fóra de Galicia e según comentan fóra de España. De donde sale todo ese capital? Esta pregunta é fácil de responder: ou tocoulle a Bonoloto, Primitiva ou algún dos premios do Bar Carabela ou, o máis probable, de nos. Que vergüenza, que engañados estamos, estánse a poñer ricos con nós, e despois falan dos outros.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.