El perito detecta un exceso de consumo en el Patrol del Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

El experto entiende que el vehículo adscrito a Obras en la épocas de Angueira gastó 6.800 litros más de combustible de los razonables, con un sobrecoste de 5.792 euros.

Un perito constata que el todoterreno asignado al departamento de Obras del Concello de Pontecesures durante el mandato de Manuel Luis Álvarez Angueira incurrió en un exceso de consumo sin que las causas estén justificadas. El exalcalde pontecesureño está imputado por malversación (junto a Xurxo Gerpe Jamardo) como prsunto responsable de un mal uso del vehículo o de la adquisición del gasoil para fines no relacionados con el Concello.
La causa la instruye el Juzgado número 1 de Caldas de Reis, que solicitó a principios de abril el informe pericial. Las partes personadas en el caso acaban de recibir una copia del mismo y el perito constata que el todoterreno asignado al departamento de Obras consumió mucho más combustible del que tendría que haber gastado por los kilómetros recorridos.
El experto indica en sus conclusiones que «las cifras de consumo del Nissan Patrol para los pe´ríodos ananlizados no dejan lugar a duda de que hay un exceso de consumo que no tiene explicación razonable, toda vez que hablamos de excesos que superan ampliamente el 14,30 por ciento homologado por el fabricante».
Y es que según los datos recabados por el perito, los excesos son del 37,93 por ciento en 2003; del 56,86 en 2004; del 46,04 en 2005; del 88,25 por ciento entre octubre de 2005 y enero de 2006; y del 23,60 por ciento en ese último año.
Con esos datos en la mano, el perito afirma en ls conclusiones de su informe que el todoterreno consumió 6.844 litros más de los que les corresponderían por el kilometraje realizado. Esa cifra supondría un «sobrecoste» para las arcas del Concello de Pontecesures de 5.792 euros.
El juzgado de Caldas solicitó en marzo de este año información al ayuntamiento pontecesureño de la actividad del Patrol del departamento de Obras entre los años 2003 y 2005. El Concello respondió unos días después, y los datos facilitados por la administración municipal son los utilizados por el perito para realizar su informe.
Según las cifras que aparecen reflejadas, entre octubre de 2003 y noviembre de 2006 el todoterreno recorrió 23.700 kilómetros y consumió 10.238 litros de gasoil. La denuncia contra el exalcalde del BNG de Pontecesures (líder de la oposición de 2007 a 2011, y candidato más votado en los comicios del pasado domingo, al obtener cuatro concejales) la interpusieron en su día Luis Ángel Sabariz Rolán (que fue socio de gobierno de Angueira) y Alfonso Diz Villar.

FARO DE VIGO, 29/05/11


89 comentarios

alborada · 29-05-2011 a las 09:11

Entiendo, tránsfuga: el «EXPERTO» lo hizo a tu manera y semejanza. Por otra parte, comentan <> que lo pagan el concello y la farmacéutica.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2011 a las 10:38

O perito foi designado polo propio xulgado «alborada». Non veñamos xa tratando de descualificar a todo o mundo. Por certo, este asunto xudicial non lle está a costar nada á facenda local.

papagos · 29-05-2011 a las 14:05

Sr Sabaríz, de verdade cree que é o único que foi a escola. Non insulte a intelixencia dos demáis. O perito designouno o xulgado pero é pagado por vostede e o seu socio, polo tanto o seu informe ten escasa credibilidade, sobre todo porque o patrol non existe. ¿Qué peritou este señor?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2011 a las 14:57

¿Que queres matar ao mensaxeiro meténdote co perito designado polo xulgado, «papagos»?. Pois alá ti.

papagos · 29-05-2011 a las 15:26

Eu non invento nada, na nota de prensa o Sr Sabaríz dí textualmente: «los datos facilitados por la administración municipal son los utilizados por el perito para realizar su informe».
O perito designado polo xulgado é pagado por Sabaríz e Díz.
O patrol non existe, e o perito basa os seu informe nos datos facilitados polo concello. Será o xuíz o que determine si este informe ten validez.
Eu non quero matar a ninguén, pero vostede ¿a quén pretende engañar?, ¿de verdade pensa que os demais somos parvos?
Deixe de manipular e emporcar a vida política municipal. O manido tema do gasoil valéulle de moi pouco nas urnas, e ahora pretende utilizalo para presionar o Sr Cordo.

Tatexo · 29-05-2011 a las 16:30

Moito che amolan esas noticias caminanta ¿Por qué SERA?

    Caminante · 29-05-2011 a las 20:30

    Tanto como a ti o resultado das eleccións pasadas.
    Por qué SERÁ?

    A diferenza é que o pobo falou e dictou sentencia… e o teu «caudillo» fala e fala e volve a falar ata cansar.
    De tódolos xeitos, «tatexo», eu teño «a» miña propia opinión. Ti, ao contrario, non tes opinión, tes orde para falar, zalamero.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2011 a las 16:52

Obviamente los documentos con los datos del consumo del gasoil (tickets firmados, facturas del carburante, facturas en donde aparece el kilometraje del vehículo, decretos de aprobación del gasto, número de bastidor del Patrol, etc…) están en las oficinas municipales. ¿De dónde van a salir, «papagos»?.
Mira, los datos están ahí, yo nunca me creí que un patrol pudiera consumir cuarenta y pico o ochenta y pico litros de gasoil a los cien. La ciudadanía tampoco. Y el perito parece que mucho menos.
La información está facilitada, habrá a quién le guste más o menos. Expliqué la cuestión en este medio en multitud de ocasiones. Por mi parte no debo hacer más comentarios aquí. Que siga la instrucción.

papagos · 29-05-2011 a las 17:16

Eu discrepo da parcialidade deste informe pericial:
1º- O perito é pagado por Sabaríz e Díz.
2º- O informe basase na información facilitada polo concello. Vostede goberna no concello e pode facilitar a información que lle pete e ocultar outra de maneira intencionada.
3º- O informe realízase en función dos datos do fabricante para un Patrol novo. O Patrol do concello era vello, xa levava tres ou catro cambeos de motor e xa non hai vehículo.
Aínda así, o seu perito fala dun sobrecoste de 60 euros mensuales para o concello. Esperemos a que fale o xuíz e deixe de manipular. Que siga a instrucción.

    can do cura · 30-05-2011 a las 20:37

    Aer ti !
    deixa de decir babosadas!
    que mais ten quen page o perito, se admite ou non o informe teno que decidir o xuiz
    Outra os datos que cubren nas gasolineras ao facer os tikets despois non os falsea nin o demo travestido
    E outra, que pareces pronunciarte sobre o que consumen os motores ou deixan de consumir
    Un patrol por moi vello que sexa por moito motor que teña non consume 45 litros os cen nin co deposito furado.
    Consumeos un camion con 450 cabalos asiqie non me veñas a decir aqui paridas dese calibre
    AER SE FALAMOS CON XEITO

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2011 a las 17:51

Pero, «papagos», non fagas que sexa reiterativo. Non se oculta nada, os datos son os que son (tickets con datas, horas, litros, euros, sinaturas e facturas de arranxo do patrol con quilómetros percorridos). ¿Por que o consumo do patrol que era ata a denuncia, en diversos períodos de tempo de máis de 50 litros aos cen quilómetros, baixou aos trece litros aos cen despois da denuncia nos medios en abril de 2006?. Deixate dos cambios de motor e doutras historias.

manolo o do bombo · 29-05-2011 a las 19:28

Tes un cacao contigo que non te aclaras…..

pontecesurex · 29-05-2011 a las 20:48

Pero por Dios, ¿fai falta que un perito diga que un consumo de 50 litros a os 100Kms non e normal? Faralle falta o xuiz, pero o 90% da xente non creo eu que lle faga falta esto.
Con so provar que realmente se gastou eses litros de gasoil para o vehiculo, xa tiña que valer para sentenciar a calquera.
Unha boa sentencia teria que ser cortarlle as mans a quen levou ese gasoil, e asi aprender todos.
Os politicos sodes a ostia, roubades mais que falades.

papagos · 30-05-2011 a las 10:04

O perito pagado polo Sr Sabaríz, fai un informe según datos que non teñen nada que ver co vehículo, porque este non existe. Ainda así, dí que hai «un exceso de consumo sin que las causas estén justificadas», valorado según o seu informe en 6o euros o mes de media. Parece que «pontecesurex» ten moi claro o que pasou co gasoil, si tes probas do que dís seguro que o Sr Sabaríz estará encantado de levarte ante o xuíz.

    can do cura · 30-05-2011 a las 20:40

    Non existe dilo ti!1
    lo en que se moveron os de mantemendo do concelloata o de agora?¿
    nn sei xa teño uns anos e uns poucos menos levo vivindo en cesures pero creo que todos recordamo ao susodito patrol cun remolque amarrado na bola do remolque
    Agora se dis que non existe vale!

pontecesurex · 30-05-2011 a las 11:06

Non te enganes «papagos», eu non son de ningunha cor politica, tanto me ten, como tanto me da que sea un ou o outro o que ta metido nesto, pero si o que se demostrou e que o consumo do coche era sobre 50 lit/Kms, xa ta to provado pois, ¿como vai gastar eso o Patrol?, ¿non estaria cerrada a Nissan? pois quen lle ia comprar un coche con ese consumo.
E se se «perdia» ou se «evaporaba», ¿os que traballan no ayuntamento estan tan dormidos que non veian que algo fallaba?

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2011 a las 14:08

Dicir, «papagos», que os tickets coa sinatura, ás facturas de arranxo coa letura dos quilómetros dos anos 2003 a 2006 non teñen nada que ver co patrol conduce ao absurdo. Non si ao final parece que o perito queres ser ti.

Caminante · 30-05-2011 a las 15:07

Pero non está o caso no xulgado?
Non ten xa imputado o señor Angueira e máis o ex-responsable local do BNG?
Pois espere a que a xustiza dicte a súa sentencia e deixe de enredar, de embarullar a vida das xentes de Pontecesures. ? vostede o que vulgarmente se lle chama un «liante».
Vostede sempre quere ter a razón, sempre quere te-la última palabra.
O «seu» perito falou, vostede o publicou con enfermizo entusiasmo na prensa… e listo, xa está. Descanse, durma, coma, VIVA…
E non se confunda ninguén, eu ao contrario de «pontecesurex» non vou de hipócrita, teño claro cal é a miña cor política e respetarei sempre a decisión xudicial, sexa cal sexa. Pero mentras non chega, calo, non enredo, non embarullo.
E falar si, enredar si, patrullar o pobo si, embarullar si, emporcar a política si… contestar neste medio a preguntas incomodas non, deixar molestar non.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2011 a las 16:40

O mundo ao revés. Denuncias un consumo imposible de gasoil baseado na documentación existente na contabilidade municipal, e es un liante, un emporcador, un barulleiro, etc… Pois mira, «Caminante», alomenos a denuncia xa foi moi positiva para a facenda municipal no seu día. Coñecido o cunsumo imposible a baixada nas cargas foi tremenda e o aforro impresionante.

sobreiras · 30-05-2011 a las 17:30

O caminante este quere convencernos que o consumo do patrol do 50 por cento e normal, teria o coche un buraco no depósito?, soldariao Pichilan despois da denuncia? ou seria un consumo dun tanque militar?, non veñades con coñas, a que coche iria a parar o gasoil de mais facturado ao patrol? esa e a clave.

Caminante · 30-05-2011 a las 17:33

Non señor Sabariz, o mundo ao dereito.
Vostede xa ten no xulgado o caso, vostede leva cinco anos filtrando novas na prensa, a última a do informe do perito, vostede leva cinco anos «chamándolle» culpable a dúas persoas que de momento e mentras o xuiz diga o contrario son inocentes… e a xente creame que sabe leer e ter a súa propia opinión sen que teña que estar vostede, o caudillo dos transparentes, recordándollo dia tras dia.
Iso vostede non o entende. O pobo creame que tampocou o entende.
Lembre, relaxese, durma, descanse, coma…

sobreiras · 30-05-2011 a las 17:43

O que non entende a xente e o consumo, pero a onde foi o gasoil?, o bng quere que a xente se olvide de todo e cabrease cada vez que saen as noticias, pois e bo saber esas cifras do perito, moi ben

Caminante · 30-05-2011 a las 17:51

Ah, que me olvidaba, de igual xeito, como o día 11 teña que abandona-lo goberno local ( non pense niso, relaxse, respire) as arcas municipais notaran unha baixada no consumo de internet, teléfono e luz na casa do concello.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2011 a las 18:09

Tranquilo, «Caminante», porque en internet temos tarifa plana, seguirán a facerse xestións telefónicas no novo mandato, e na Casa do Concello case sempre queda unha luz acendida por razóns de seguridade.
Reitéroche que non tiven retribucións en todos estes anos, e tampouco ocasionei moitos gastos en función ao tempo que lle adiquei.
Voltando ao tema. Que continúe a instrución. Punto e remate.

outro · 30-05-2011 a las 18:33

A miña opinión é que xa vos estades pasando. Estabamos no Patrol e xa chegamos ás tarifas planas e gastos de luz. ¿Qué vai ser o seguinte? ¿Os SMS?. Ás veces enredámonos (incluido eu) demasiado ¿non?.

Caminante · 30-05-2011 a las 18:41

Bueno, todos contentos, polo menos non me nega que use o internet no concello a altas horas da madrugada. E iso si, seguiranse facendo xestións telefónicas no concello… pero en horario diurno e de luns a venres.
Punto e final, pola miña parte.

o palillo · 30-05-2011 a las 18:55

señor sabariz deixese de tantos rollos que non ve que o pobo non o quere? si estou eu no seu lugar xa estou fora da politica fai tempo.preocúpese máis da sua vida persoal á , e respeto ó do gasoil que facia vostede dias antes das eleccions coa forgoneta do concello a caso votávalle vostede o gasoil do seu bolsillo ?? porque o pobo non está cego.unha cousa é facer a do parvo e outra moi diferente é pensar que o pobo o é.
pd:o pasado pasado está,que tanta merda xa cheira.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2011 a las 18:58

Na fin de semana e polas noites hai que facer tamén xestións telefónicas, «Caminante». Mira o que pasou onte: 1º Non funcionaba o alumeado do peirao, 2º Non funcionaba a columna de luz da rotonda da Tarroeira, 3º Non funcionaba unha luz importante do semáforo do cruce da Estrada. (non houbo que chamar de madrugada, por suposto).

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2011 a las 19:11

Evidentemente, «o palillo», eres muy libre de valorar mi futuro político. Lo que ya no me parece normal es que pongas en duda mi honorabilidad en el uso de la furgoneta del concello el día 14 de mayo con motivo el festival municipal de las Letras Gallegas. Ese día se utilizó el vehículo para traer y llevar, de ocho en ocho, a varios de los integrantes de los grupos folclóricos del hostal donde se hospedaron en Campaña hasta Pontecesures y luego para salir por la noche, ya que los conductores de los autobuses no podían conducir por la normativa obligatoria de descanso. Fue una actividad municipal, fue un uso municipal. Yo fuí el chófer, y aún encima me criticas por hacer esta colaboración en beneficio de todos. Ciertamente si fueron menos llevaría mi vehículo, pero ir llevando gente de cuatro en cuatro sería interminable. Desde luego es de mala persona lanzar este tipo de acusaciones. Que barbaridad.

Tachenko · 30-05-2011 a las 19:19

Bueno, agora os ladróns xa saben que no concello queda unha luz prendida pero non hai ninguén dentro.

papagos · 30-05-2011 a las 19:22

Sr Sabaríz, vostede emporca a vida política deste concello utilizando sucias artimañas.Vostede utiliza interesadamente este caso por activa e por pasiva para gañar adeptos, publica cousas, con verdades a medias, coa finalidade de obter réditos electorales (que pena que non tivera o informe pericial na campaña electoral ¿verdade?). Consigue que os seus seguidores digan cousas tremendas con total impunidade, e sentencien antes que o xuíz. Eu as cousas certas que teño sobre o caso, son a seguintes:

– O xuíz de 1ª instancia de Caldas de Reis archivou o caso duas veces.

-Vostede (o PP retirase), recurre a audiencia provincial cando no 2007 entra no PSOE, e proporciónanlle un abogado gratis.

– Vostede fai publico o nombramento do perito por parte do xulgado, como se fose unha noticia importantísima que iba volcalo caso. Perito que por certo paga vostede do seu bolsillo.

-Vostede publica o Domingo,(porque ten mais audiencia), o informe pericial como se fose algo irrefutable. ¿Qué díria se fose un informe feito por un perito pagado por Angueira?.

-Fala o seu perito dun sobrecoste para o concello de 5792 euros, dende o 2003 ata o 2006. ¿Alguén se vai manchar por unha media de 30 euros o mes?. A min costame creelo. Teñamos paciencia e esperemos unha sentencia firme, e despois falemos. Porqué emporcar e manipular é moi fácil, sabémolo facer todos.

manolo o do bombo · 30-05-2011 a las 19:26

E porque ten que levar as rapazas ,era para que lle dixeran a seus pais ,votar por Sabariz que e moi boiño,no me costestou ,porque o largaron de carreiras….

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2011 a las 20:23

Xa che dixen «papagos» que o perito oficial nomeado polo xulgado non es ti, que entre outubro de 2003 e marzo de 2006 houbo consumos de máis do cincuenta litros aos cen, que a partir de abril de 2006, logo da denuncia, pasou a un trece e pico por cen. Está acreditado por tickets, facturas, e polo informe do perito. Deixate de abogados gratis e doutras historias, os feitos son os que son, e non fago máis comentario sobre este tema. A instrución debe seguir e imos ver o que pasa.
Mira «manolo o do bombo», non debía nin contestarche. Dicir que fixen de chófer o día 14 de maio no festival folclórico municipal por razóns electorais é pasarse moito. E dicir que me botaron a min dun establecemento en Carreiras máis (pregúntalle ao dono da tenda). Pero, ¿A que ven este tipo de campaña de descrédito?, ¿A que ven atacar así a unha persoa?. E despois son eu o que teño a fixación, a obsesión, etc…. O sexa primeiro acusaseme de utilizar irregularmente un vehículo do concello. Cando dou explicacións xa non se dí iso, pero si que o fixen para gañar votos. Isto é incrible.
Evidentemente teño que recapacitar sobre o que está a pasar e tomar decisións. Por dignidade e pola miña familia. Non hai dereito a poñer así a unha persoa aos pes dos cabalos. Aguantei sempre moito e nunca me fixeron calar comentarios lanzados dende a covardía do anonimato. Pero comezo a ter dúbidas se paga a pena todo isto. Gústame moito colaborar con este medio, porque é áxil, dinámico e útil para moita xente, pero hai persoas interesadas que, aínda que o seguen todos os días, queren que fracase, que descarrile, dende o anonimato, claro. ? unha mágoa.

maribel cartos · 30-05-2011 a las 22:46

Unha vez máis o Sr. Sabariz ponse o disfraz de vítima, disparando a todos e contra todos, buscando culpables dunha situación da que él é o único responsable. O resultado das municipais expresa claramente que o pobo de Pontecesures non esquece a infamia cometida contra a voluntade popular fai catro anos; que non foi quen de rentabilizar a súa presencia no goberno municipal; que pese a seus constantes e normalmente innecesarias aparicións nos medios (sobre todo neste) non consigue empatizar cos veciños… convénzase Sr, Sabariz, só vostede é responsable do que lle está pasando, do seu pésimo (aínda que o negue), resultado electoral despois de catro anos no goberno, que lle pode deixar fora da toma de decisións municipais e lonxe das cámaras e os micrófonos.

Caminante · 31-05-2011 a las 00:32

E o malo de querer ter sempre a última palabra, de querer ter sempre a razón.
A verdade absoluta non existe e a veces é mellor escoitar que falar… e non falar, voltar a falar, seguer a falar.
Vostede xoga con lume e ao final vaise queimar.
Non lle permito que me chame covarde.
Acepte as regras do xogo, as regras deste medio, as mesmas que permiten que se poida insultar de forma grave e reiterada á nº 2 do BNG, ao nº 3, ao ex-responsable local do BNG, ao candidato do PSOE, acusar de ladrón e estafador ao anterior rexidor municipal… e polas que non lle escoitei facer a máis mínima crítica hacia eses insultos e os seus autores.

Se non lle gustan, ten dúas opcións: abandonar o usar un dos seus numerosos alcumes. O problema; pasará a formar parte dos covardes, segun a súa propia teoría.

pontecesurex · 31-05-2011 a las 09:51

A min o que me mata e a frase de «o palillo» :
«o pasado pasado está,que tanta merda xa cheira»
Jajajaja, tamen a de decir esto o Julian Muñoz jajajaja, deixar quedar todo, total eso xa pasou e xa ta, borron e conta nova jajajaja.
Vou ir ai a Caixanova a roubar un par de miles, e cando a Guardia Civil se poña a investigar digolle que deixe quedar, total xa pasou e a merda non ai que remexela jajajaja.

manolo o do bombo · 31-05-2011 a las 11:16

Como podes ser tan cinico si sabe todo dios ,que te puxeron a parir en carreiras ,e largaronte para fora ,a ti mais o que discutia contigo,agora si que me creo que eres un farsante,pois e verdade o que digo……

o palillo · 31-05-2011 a las 13:25

señor sabariz parece que bostede anda algo alterado ,discute nas tabernas ,faille caso a calquer comentario, quedanlle 12 dias relagese ,reflesione
pd aveces unha retirada a tempo e unha vitoria

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2011 a las 15:08

Pregúntalle ao da tenda «manolo o do bombo», e non inventes. Aínda que traslades o contrario en Carreiras tamén hai xente que me aprecia, independentemente do voto, por suposto.

Caminante · 31-05-2011 a las 15:44

Parece que xa reflexionou acerca do de onte… e tomou xa unha decisión, polo que vexo.

Pois nada, benvido de novo a este «covarde» medio.

papagos · 31-05-2011 a las 20:35

Sr Sabariz, cando un está en política exponse a todo tipo de comentarios, esta páxina é un exemplo de que hai para todos. Non culpe os demais dos seus males, ¿mandóulle alguén converterse nun tránsfuga e darlle a alcaldía a Maribel?, ¿en verdade pensaba que estes feitos non iban ter consecuencias?. Dende logo ser un tránsfuga, non é o mellor medio para lograr o respeto dos demais. Os nosos actos afectan, para ben ou para mal, ás nosas familias, por eso hai que pensar nelas cando se toman decisións.
!Non lle consinto que me chame covarde!, vostede ten un lugar preferente nesta web, hasta as súas entradas son de distinta cor, si entra co seu nome é porque vostede o decideu así, e utiliza este medio para divulgar todo o que lle peta. Ninguén lle impide entrar desde o anonimato.
Francamente, o que é un acto de covardía, é a entrada lastimeira que fixo onte (recurso que utiliza cando ás cousas non lle van como vostede quere) . Acórdese do dito: «non fagas os demais o que non queres que che fagan a tí» debería telo en conta mais a meudo.

Tachenko · 31-05-2011 a las 20:39

Non me gusta ver que nadie se amargue, pero vostede , Sr. Sabaríz, creo que o buscou encarecidamente. Xa lle dixen varias veces que neste medio non vin en ningún lado a obligatoriedade de identificarse a hora de opinar, porque o fin é a idea exposta, para replicala, apoiala ou ignorala, e non para decir:
-Espérote a saída da escola que xa verás.
Posiblemente vostede foi o que utilizou este medio de xeito mais interesada e cun claro interés persoal e autopublicitario, asi que non fale de cobardes nin historias raras. Leva acusado a persoas de usar varios alcumes e creo que vostede levase a palma, (teña coidado, que pode padecer personalidade tripolar, xa llo dixen o outro día).
Esto non quita que lle teño que recoñecer o seu traballo atendendo a publicación de novas e telo sempre o día, un tempo que podía adicar a cousas súas e deberíamos agradecerllo.
Aparte desto, creo que pode vostede comprobar que se meteu nunha espiral na que xa non sabe contra qué nin contra quen cornear, como o toro moribundo. O votante deulle a estocada, e non vai ser indultado. Agora, o que lle queda e deixarse ir, non entrar en pactos antinatura nin vergoñentos, e así non levar vinte puiazos mais. Creo que debería voltar a oposición, e realizala de xeito constructivo e non revanchista e chea de odio.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2011 a las 21:59

Mira, «tachenko», discrepo totalmente contigo cando afirmas que utilicei este medio para autopublicitarme. ? evidente que realizo a maioría das entradas (ogallá participara máis xente neste cometido), e que fago os comentarios con nomes e apelidos. Loxicamente resposto aos numerosísimos ataques que sufro e a algúns nin lle gusta iso. O máis curioso e que se alguén me defende, xa aparecen dicindo que son eu «disfrazado» con outro nome. Isto é incrible, e como se fora inconcibible que alguén fale ben de min.
Eu non teño que cornear contra ninguén, «tachenko», e resultan innecesarios os consellos envenenados e interesados sobre a formación do goberno. ? evidente a túa preferencia política en materia de gobernabilidade, ninguén pon en dúbida en que bando estás. Na nosa lista somos maiorciños e os integrantes decidiremos a mellor postura en base ás posibilidades que se plentexen e no que consideremos máis positivo para Pontecesures.
Reitero que para min ACP tivo uns resultados honrosos, e, por suposto, se imos para a oposición, pois tamén teremos unha función importante de cara aos veciños e á institución. Hai que traballar con gañas dende o principio. Dende logo o de estar por estar non é o noso.

Tachenko · 31-05-2011 a las 22:29

Si lle digo a verdade non e que sexa para lanzarlle flores a formación que gobernou anteriormente a vostedes, porque dalgún xeito algo non se fixo ben. Agora, non creo que con 5000 euros en 4 anos ninguén fixese un chalé nin creo que se vaia a manchar ninguén por eso. Os xulgados dirán a verdade, ou eso espero. Agora, o que non vexo e que o pobo valorase moito o seu traballo, e o que si vexo e que vostede se aproveitou das siglas dun partido para votar do goberno a calqueira prezo os que estaban respaldados pola maior parte de Cesures, o igual que agora. Eso costoulle a vostede o estigma que agora leva e ninguén lle perdoa, xa que traicionou a moitos votantes dun partido que lle votaron con boa fe e sin ningunha intención de participar no esperpento de colocar no poder a unha persoa, (e a menos votada, recordolle), cuio unico interés, como demostra agora, e lamber o soldo de alcaldesa, porque si o que lle interesa e axudar a facer un pobo mellor e colaborar no ben da comunidade non esixe poñerse ela sí ou sí. Claro que agora tamén ven o das Grúas no mesmo plan. Ten vostede unha gran oportunidade de redimirse e non bater duas veces na mesma pedra, e facer unha oposición libre sen salpicarse de das ambicions de estes persoaxes, fagao que vai durmir mellor.
E fala moi ben, estar por estrar non e o noso, sobre todo ela nin do guindastre, si non que hai que estar para cobrar.

ESTEBAN · 1-06-2011 a las 09:30

Me parece que todo el mundo intenta desviar la atencion, y no entiendo porque? La noticia es el consumo de combustible!!! y me parece de muy mal gusto que esteais agobiando al Sñr. Sabariz y me parece muy grave que metais a su familia por medio. Debemos reconocer que es el unico que da la cara en este medio e intenta contestar a todas las preguntas que por cierto ya se hacen un poco cansinas siempre las mismas preguntas.
La escusa que se pone de que el patrol ya no existe…me da la risa!!! y que el perito no puede basarse sobre los datos facilitados por el ayuntamiento. que por cierto: los tickets estan firmados y si no recuerdo mal una ex-empleada de la gasolinera declaro diciendo que repostaban en sus turismos personal sin pagar. … Blanco y en botella…

papagos · 1-06-2011 a las 10:46

Resulta obvio que eu non son o perito que pagou o Sr Sabaríz. Sorpréndeme o claro que algúns teñen o que pasou co gasoleo. Se fosen ante o xuíz a decir o que dín nesta páxina, probablemente o caso xa estaría cerrado. Claro que aquí fálase con total impunidade, ante un xuíz a falsa testimuña pode sair cara.

manolo o do bombo · 1-06-2011 a las 11:11

NON se trata de desviar nada ,tratase de que poida gobernar a maribel cartos e todos sabemos ,que non lle importa o pobo solo os cartos,o mismo esta demostrando o juapo das gruas , e ante o poder non entendeque moita xente foi coacionada para que votara por eles,metendo medo como outros tempos ,tanto o juapo coma maribel e non e que o diga eu a xente sabeo ,e nos queren….

Tatexo · 1-06-2011 a las 11:22

Estou de acordo con Esteban xa aburrides con tanto increpar a Sabariz que aínda por riba é o único político deste pobo que se digna a aparecer por eiquí e preocuparse da xente. Ti pasa deles Sabaris.

Caminante · 1-06-2011 a las 14:55

Creo, «Esteban» ou «la voz del pueblo», comezo a pensar que tes graves problemas de comprensión da lectura.
Aquí ninguén está tratando de agobiar ao señor Sabariz, el soiño se agobia. Teu «adorado» caudillo dos transparentes señor Sabariz, pensa, cree que el é o único coa verdade auténtica, absoluta… e cando algúns creemos que non é así, opinamos, debatimos e rebatimos as opinións do señor Sabariz, ata que, cando queda sen argumentos, acurralado e sen recursos, trata de dar lástima, que se somos uns covardes por usar alcumes (gran paradoxa esa vindo de alguén que manexa infinidade de alcumes), que se se lle falta ao respeto, que se lle insulta, etc…
Agora ben, non pon reparos á hora de liderar unha verdadeira campaña de acoso e derribo contra o señor Angueira durante cinco anos, contra o que di que non ten nada persoal (boa broma esta)… contra a nº 3 do PSOE, contra todo o que poida supor un obstáculo ao seu uso 24horas do concello e do micro.
Ah, e coa familia deste señor ninguén se meteu, así que menos tonterías.

«Tatexo» non te preocupes que por min xa se preocupan os meus amigos e a miña familia, non necesito de «guardianes de la patria»

Tuso · 1-06-2011 a las 19:39

Xa ocurrira nas eleccións anteriores que nas datas cercanas ás mesmas arreciaron os ataques contra o Sr. Sabariz. Debería estar acostumado e pasar, pero entendo que ten que ser ben difícil. Ánimo!!, xa sabe vostede que é deporte nacional matar ao mensaxeiro, e que o de que a xente dispoña de moita información non a todos lles gusta (e aos que menos aos que máis fardan de transparencia, de demócratas, etc).

Con respecto ao consumo «extra» do Patrol, que ata agora ninguén negou, se a alguén non lle parece unha cantidade moi significativa, como parece ser á vista dalgúns comentarios, non teñan inconveniente os que o pensen en facer un ingreso (ou varios, xa que non é pa tanto) do equivalente a case *un millón de pesetas* (minucias 😉 ) na conta do concello . Os cesureños agradecerémolo.

En calquera caso, o grave non é a cantidade, senón a acción en si, e sobre todo, que en ningún caso se deran explicacións por parte dos responsables naquel momento, como tamén pasou co resto dos temas xa expostos reiteradamente neste e outros medios .

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-06-2011 a las 20:04

Explique no se cuantas veces las razones de nuestra decisión en 2007 y aquí se sigue erre que erre. También expliqué que el perito del caso del gasoil lo nombró el juzgado. Por cierto si alguien quiere consultar la documentación en que base la querella pues que me lo diga y saca luego sus conclusiones.
Ya en un tono distendido, te digo «caminante» que aunque ya tengo un megáfono, vou a comprar un karaoke para usar el micro en mi casa. No me digas aquello de «canta y no llores», eh.

manolo o do bombo · 1-06-2011 a las 21:59

Falas do gasto do gasoil ,pero non che preocupa o soldo que se puxo a alcaldesa durante catro anos ,e seguro que seguiremos ,botalle a conta canto e,de lado do gasoil e ridiculo ,aqui algun fala da feira segun lle vai nela…

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-06-2011 a las 22:14

Pero, «manolo o do bombo», estás perdendo o norte. Non confundas, non fagas demagoxia. Unha cousa é criticar unha dedicación exclusiva dun alcalde ou alcaldesa ou a contía da mesma. Outra ben distinta son os datos que coñecemos do consumo imposible de gasoil dun vehículo municipal con cifras de máis de 50 litros aos 100 quilómetros.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.