Con cinco votos a favor e seis abstencións aprobou o pleno de Pontecesures a moción sobre o centro ocupacional de Saiar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A moción do BNG e do PSOE foi presentada por urxencia no pleno ordinario que se celebrou onte en Pontecesures (os nacionalistas e os socialistas presentaron o mesmo texto nos sete concellos do territorio Ulla/Umia) e insta á Xunta de Galicia a rectificar a política de privatización de dito centro, mantendoo como de referencia para a inserción sociolaboral de persoas afectadas con diversidade funcional e tamén a ampliar as instalacións facendo as obras necesarias para construir un centro de día mancomunado anexo ao centro ocupacional con xestión pública.
Cos cinco votos do BNG e PSOE e coas seis abstencións do PP, IP, TeGA e ACP adoptouse o acordo proposto na moción.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.