Actuacións solicitadas polo equipo de goberno a incluir no Plan de Obras e Servizos da Diputación (POS 2013)

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O equipo de goberno de Pontecesures ven de solicitar a inclusión das seguintes actuacións con financiamento da Deputación de Pontevedra:

 

1)    Arranxo do Parque Infantil ??Vicente Moure? por importe de 48.268,52 euros.

 

As obras previstas consistirán, por unha banda, na adaptación do parque ás normativas de seguridade actuais, mediante a instalación baixo cada un dos xogos dun chan brando con capacidade para absorber caídas de ata 2,20 metros de altitude. Neste caso instalaranse unhas losetas absorbentes e preparadas para a plantación de céspede en superficie. Este chan colocarase tanto baixo os novos xogos que se instalen como baixo os actuais que se conserven.

Por outra banda, prevese substituir parte dos xogos actuais, aqueles que se atopan máis deteriorados, por 8 novos xogos adaptados ás normas vixentes. En concreto, se intalarán:

–      1 casiña de xogos.

–      1 tobogán.

–      1 tiroloina.

–      2 balancíns con formas de animais.

–      1 estructura de escalada.

–      2 columpios dobres (cada un deles cun asento para nenos e outro para bebés)

A actuación completarase coa plantación do céspede sobre as losetas e coa colocación dun novo cartel informativo na entrada do parque xunto á Casa do Concello.

 

2)    Actuacións de Aforro Enerxético na Rede de Alumeado Público por importe de 59.530,71 euros.

 

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación que consiste na substitución de luminarias na rede de alumeado público de varias rúas do municipio, co fin de reducir o consumo enerxético actual. Tamén está previsto completar a rede actual coa instalación de 10 novos puntos de luz en rúas con deficiente iluminación.

A actuación de aforro enerxético afectará a circuítos completos, regulados mediante 4 cadros de mando e sobre os que tamén se actuará para adaptalos aos novos equipos que se instalarán. As rúas afectadas son:

– Avda. José Novo Núñez – tramo 1 (entre ponte e camiño de San Xulián)

– Avda. José Novo Núñez – tramo 2 (entre camiño de San Xulián e avda. de Vigo)

– Avda. de Vigo

– Camiño de San Xulián

– Rúa do Castro (primeiro tramo desde a rúa do Pilar)

– Rúa Miguens Parrado

– Rúa Nova

– Rúa Ullán (o tramo entre rúa San Lois e a avda. de Vigo)

– Rúa do Rial (primeiro tramo desde a avda. de Vigo)

– Praza de Pontevedra

Actualmente estes viais contan con luminarias de vapor de sodio, cun alto consumo (150 e 250 W)

As luminarias viais substituiranse por luminarias LED coa potencia necesaria, as luminarias tipo globo substituiranse por unhas novas luminarias e as luminarias ornamentais (tipo villa, palacio, ?) substituiranse e adaptaranse para instalar novos módulos LED.

Ademais de cambiar o vapor de sodio por LED, para adaptar toda a instalación ás novas necesidades, será preciso reformar parcialmente 3 dos centros de mando (os núm. 01, 03 e 04) e totalmente o cuarto (o 02), coa instalación ou adaptación de reloxos astronómicos, adecuación dos cadros de protección e as acometidas, renovación das envolventes dos cadros, ?

Tamén será preciso optimizar os contratos de subministro de enerxía, de acordo cos novos consumos previstos.

Por outra banda, instalaranse 10 novos farois co seus correspondentes postes de formigón, cableado, soportes, caixa de conexión, fusibles, ? e se distribuirán tres no parque situado detrás das vivendas xunto ao campo de fútbol, dous nunha pista na zona de Redondo, catro no tramo final da pista do Regadío, e un na travesía entre a pista do regadío e a rúa do Ensanche.

Con esta actuación o equipo de goberno pretende un aforro estimado dun 70% do actual consumo eléctrico.

 

3) Factura de gasto corrente da Mancomunidade Serra de Barbanza pola recollida de lixo de agosto de 2013, por importe de 11.990,83 euros.


1 comentario

tama · 10-09-2013 a las 08:11

paréceme moi ben que arranxen o parque Vicente Moure xa que tiña bastante falla.
Pero tamén hai que lembrarse do que está no muelle xa que alí é donde van máis nenos pequechos e está moi pobre en xogos, todos esparcidos dun xeito que parece que está cheo sin ser así, un tobogán un poco mais grande non viña mal e outro columpio de bebés….. tamén non estaría de máis adecentar un pouco ese chan, de feito, sería o primeiro que se debería facer…. limpialo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.