Denuncian perante o Parlamento a â??consulta ilegalâ? do alcalde de Pontecesures para manter a simboloxÃa franquista.
O deputado nacionalista LuÃs Bará critica a â??resistencia dun goberno do PP a retirar un sÃmbolo franquista do espazo públicoâ?.
A petición da voceiro do BNG en Pontecesures, Cecilia Tarela, de que, en cumprimento da lei 52/2007 (coñecida como lei de Memoria Histórica), se procedese a retirar un sÃmbolo franquista dun espazo público da vila tivo a súa resposta polo goberno local PP un bando anunciando unha consulta popular sobrea permanencia ou non do xugo e as frechas nunha fonte da vila. Unha â??consulta ilegalâ?, como a cualifica o deputado nacionalista LuÃs Bará, que leva este tema en forma de proposición non de lei ao Parlamento de Galiza. â??Non existe constancia de que a citada consulta se fixese seguindo a normativa vixente, polo que carecerÃa de validez legal», dixo.
Segundo o parlamentar do BNG, â??máis alá do incumprimento da normativa de consultas populares e da falta de validez legal do procedemento seguido pola alcaldÃa de Pontecesures, o que pon de relevo este caso é a resistencia dun goberno do PP a retirar un sÃmbolo franquista do espazo público, cuestión que deberÃa realizarse non xa en cumprimento da lei 52/2007 de memoria histórica, senón por un elemental sentido democrático, de condena do fascismo e da súa simboloxÃaâ?.
Na proposición non de lei proponse instar a Xunta a condenar a actuación do alcalde de Pontecesures, abrir un expediente informativo sobre o procedemento seguido neste caso e esixir á alcaldÃa de Pontecesures o cumprimento da lei e o respecto aos valores democráticos; e promover -en colaboración coa FEGAMP, o sistema universitario galego e as asociacións de memoria histórica-, a realización dun informe sobre a pervivencia de simboloxÃa e outros elementos de exaltación da Ditadura franquista nos espazos públicos.
A decisión da alcaldÃa de convocar a consulta xerou a protesta e rexeitamento do tecido social e que traballa pola memoria histórica, con concentracións como a da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, A Regaducha de Vilaboa,ARMG de Valga e Vagalume de A Estrada.
Sermos Galicia
0 comentarios