CONCESION OBRAS DO PLAN CONCELLOS 2019 PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A Deputación de Pontevedra ven de conceder as seguintes subvencións solicitadas ó abeiro do Plan Concellos 2019:

  1. Reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Dr Mosquera

A actuación consiste na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.

Para a execución desta actuación será imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarrajoy de Pontecesures que permitirá realizar a obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos vecinos.

As novas beirarrúas executaranse coas mesmaS características que as da marxe esquerda.

O presuposto desta subvención é de 122.240,96€

  • 2 Reurbanización dun tramo Rúa Porto de Arriba

A actuación divídese en dous treitos de 75×3,9 m. de anchura media na Rúa Porto de Arriba e outro de 75×5,8 de anchura media na Rúa Caldeirón de Arriba.

Rúa Porto de Arriba:

A instalación de abastecemento executarase con 75 m de tubería PE Ø63 mm 16 atm, previa demolición de firme e apertura de foxo. Procederase ao saneo dun treito de 35×1,25 m na parte final (esquerda) da actuación, onde tamén se executará un muro de contención con bloques de pedra granítica para contener o vial. Finalmente procederase ao estendido dunha nova capa de rodadura con 5 cm de aglomerado en quente a todo o ancho da rúa.

Rúa Caldeirón de Arriba:

Nesta zona procederase a instalación, previa demolición de firme e apertura de foxo, de 95 m de tuberia de PE Ø75 mm 16 atm con reposición das acometidas existentes. Unha vez feito o recheo compactado dos foxos e reforzo cunha soleira de 15 cm de formigón, precederase ao estendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en quente a todo o ancho da rúa, de xeito que toda a rúa teña o mesmo tipo de acabado superficial.

O presuposto desta subvención é de 27.789,50€

  • 3 Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside

A actuación consiste no fresado de 925 m² da Rúa Carlos Maside para a posterior aplicación dunha capa de 6 cm de espesor medio de aglomerado en quente, para a mellora da capa de rodaxe que se atopa mo deteriorada e corrección dos peraltes que permitan a evacuación das augas de escorrenta cara os sumidoiros existentes.

Se procederá a execución dun reductor físico de velocidade “lomo de asno” de 5,3 m. de lonxitude e 4,0 m. de anchura no lugar onde se retirou previamente o reductor modular de goma e precederase ó pintado da sinalización horizontal pertinente, así coma o pintado dunha limitación de velocidade de 30 Km/h en cada un dos “lomos de asno” existentes (2 existentes + 1 novo).

O presuposto desta subvención é de 22.647,35€

  • 4 Aportación Municipal ó Plan Deporemse na Obra “Mellora da Mobilidade e Seguranza Viaria nas Rúas do Castro e Infesta.

A Deputación de Pontevedra concedeu a subvención da obra do Plan Deporemse “Mellora da Mobilidade e Seguranza Viaria nas Rúas Do Castro e Infesta” por un importe de 268.317,09€ dos que 26.831,71€ tiñan que ser aportados polo Concello de Pontecesures.

No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.

O presuposto desta subvención é de 26.831,71€

  • 5 Aportación Municipal á Obra “Ampliación dos vestiarios do campo de fútbol”

O Concello de Pontecesures ten concedida unha subvención do AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) para a obra de “Ampliación dos vestiarios do campo de futbol” por un importe de 53.833,32€ dos que o Concello de Pontecesures ten que aportar 21.624,87€.

No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.

O presuposto desta subvención é de 21.624,87€

  • 6 Aportación Municipal á Obra “Mejora de la eficiencia energética del alumbrado público exterior en el Ayuntamiento de Pontecesures”

O Concello de Pontecesures ten concedida unha subvención do I.D.A.E. (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) do Ministerio para la Transición Ecológica para a obra “Mejora de la eficiencia energética del alumbrado público exterior en el Ayuntamiento de Pontecesures” por un importe de 157.207,20€ dos que o Concello de Pontecesures ten que aportar 31.441,44€.

No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.

O presuposto desta subvención é de 31.441,44€


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.