• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sin Categoria / Valga presumirá de instalacións educativas nunha xornada aberta.

Valga presumirá de instalacións educativas nunha xornada aberta.

13-02-2021 por Redacción Dejar un comentario

O Centro Rural Agrupado (CRA) de Valga organiza unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer as súas instalacións e tamén o proxecto educativo que se desenvolve nas escolas que o conforman: Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza, centros nos que se imparte o segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos).

A xornada, a través da que se divulgará o proceso de matrícula e o proxecto educativo do centro, terá lugar o venres, 26 de febreiro, a partir das 15.30 horas. As visitas serán individuais e cumprindo todas as medidas anti-COVID e estarán dirixidas polas titoras das seis escolas, segundo a información facilitada polo Concello.

Nesta actividade poden participar familias, tanto de Valga coma doutras localidades, interesadas en matricular aos seus fillos ou, simplemente, en coñecer o funcionamento do CRA e das seis escolas que o integran, que contan neste curso cun total de 59 alumnos matriculados, o que supón unha media de 10 por aula.

ALUMNADO O prazo para presentar as solicitudes de admisión nas escolas do CRA valgués para o vindeiro curso 2020-21 estará aberto entre o 1 e o 20 de marzo, para nenos nados no ano 2018, que comezan o segundo ciclo de Infantil, aínda que tamén poden incorporarse rapaces nacidos en 2017 e 2016 que queiran cambiar de centro.

“O número de alumnos mínimo para manter as seis escolas está garantido para o próximo curso”, confirma o director do CRA, Adrián Baloira. “As familias cada vez buscan máis este tipo de centros máis próximos, con ensinanza máis individualizada e cunha ratio pequena de alumnos que permite impartir unha educación de calidade”.

O Centro Rural Agrupado de Valga conta actualmente con alumnado de Valga, pero tamén doutras vilas da contorna como Pontecesures, Catoira, Cuntis ou Padrón. “De cara ao vindeiro curso tamén recibimos o interese de familias de Teo, Rois e Caldas de Reis, que veñen expresamente polo tipo de educación que se imparte nas nosas escolas”, indica o director.

Coa mesma estrutura e funcionamento que calquera outro centro educativo público, o CRA de Valga destaca pola adaptación ás características da súa contorna e ás necesidades do alumnado, promovendo un ambiente educativo familiar nun entorno natural próximo que facilita a adaptación dos cativos.

PROFESORADO O equipo docente do CRA está formado por seis mestras titoras, é dicir unha por aula; por mestres de apoio á E.I (traballo que fan na aula xunto coa titora); por unha mestra especialista en Inglés (que imparte dúas horas semanais en cada aula); un mestre especialista en Música (2 horas semanais en cada aula); mestre especialista en Física (2 horas ás semana en cada aula); unha mestra de Relixión Católica; un orientador; e dúas coidadoras para o alumnado con necesidades educativas especiais.

Tamén integran a plantilla docente un auxiliar de Conversa nativa en lingua inglesa que acompaña na docencia á mestra especialista de inglés; unha mestra especialista en Audición e linguaxe para a atención do alumnado con necesidades especiais, que ademais realiza unha sesión semanal en cada aula para un programa da estimulación da linguaxe de todo o alumnado; e unha mestra especialista en Pedagoxía terapéutica que atende ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que o require.

El Correo Gallego

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Caldas, Campaña, Catoira, Concello, correo gallego, curso, el correo gallego, infantil, padrón, Pontecesures, rois, valga

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • O CONCELLO DE PONTECESURES LEMBRA A ROSALIA DE CASTRO NA DATA DO SEU ANIVERSARIO.
  • AVISO POR CORTE DE TRAFICO
  • OFERTA DE EMPREGO PARA GAMA E HIJOS.
  • MERCORES 3 DE MARZO DOAZON DE SANGUE EN PONTECESURES
  • AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES

Comentarios recientes

  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.
  • Vox Pontecesures en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

sar BNG faro de vigo correo gallego protección civil valga psoe Maneiro obras río ulla pp la voz de galicia curso festa xunta pleno Caldas sábado fiesta lamprea fin de semana tripartito Vilagarcía santiago Catoira tren Vigo Historia plaza padrón Porto Campaña ACP Pontecesures a ponte Concello n-550 sabariz Ulla Angueira Diario de Arousa iglesia fútbol concurso Pontevedra

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños