As orixes da empresa ‘Caleras del Ulla’ de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No lugar que hoxe é coñecido coma A Calera (Pontecesures), situado a carón da pista que une Porto coas Cortinallas e A Devesa, consérvanse aínda os restos duns impresionantes fornos para a calcinación de pedra caliza, construídos con bloques de pedra, que se poden ollar detrás da fábrica de fosas sépticas «PRU».


As primeiras referencias que temos sobra a pretensión de levar a cabo a instalación do que se convertería na empresa «CALERAS DEL ULLA», son as do Pleno do concello de Valga do 23 de setembro de 1922, onde debatiuse unha solicitude de Ramón Diéguez Carlés (1896-1968), cesureño, ex-estudiante de Química e fillo do fabricante de velas de cera, José Diéguez Carlés. Nesta solicitude pedía a cesión duns terreos públicos para poder levar a cabo o seu proxecto empresarial e no que a Corporación Municipal dictaminaba, «que la referida ocupación no perjudica en lo más mínimo a los intereses del municipio (daquela Pontecesures pertencía ó concello de Valga), al contrario, los beneficiaría estableciendo la industria, pero como quiera que el terreno de que se trata forma parte del monte perteneciente al Estado, entiende que el Ayuntamiento ninguna concesión puede hacer del repetido tereno…»`polo tanto «la comisión acuerda, por unanimidad, que el Sr. Alcalde emita acuerdo con aquel el que se interese por el Sr. Ingeniero Jefe del districto forestal…».

O Distrito Forestal emitía un informe favorable para la ocupación dos terreos a cambio dunhas determinadas condicións económicas, que se deron a coñecer no Pleno de 13 de xaneiro de 1923:

«..No perjudica los intereses de los vecinos…por la ocupación del terreno, dicha Jefatura ha valorado los perjuicios que se causanb con las obras, en la cantidad de veinticinco pesetas, debiendo ingresar el referido peticionario en las arcas municipales, ciento doce pesetas y cincuenta céntimos, en beneficio de los vecinos de la parroquia de Requeijo (Pontecesures), en concepto del noventa por ciento, ingresando, así bien, en la Tesorería de Hacienda, doce pesetas y cincuenta céntimos, por diez por ciento…»

Unha vez que Ramón Diéguez Carles acadou a cesióhn dos terreos, o seguinte paso foi solicitar o permiso para a construcción da fábrica:

«Que el monte titulado de Porto en dicha parroquia de Requeijo, tiene previsto construir dos hornos; uno de cocción de baldosa y artículos análogos y otro para calcinación de cuarzo pedernal y carbonado calcio; y dos galpones de 30 metros de largo, por diez de ancho, de planta baja».

Esta petición que é do 6 de febreiro de 1923, recibe o visto bó por parte do alcalde, José Carles Braña, ó día seguinte.

A fábrica debeu comezar a funcionar no segundo semestre do ano 1923, pero adicándose só á calcinación do cal, nuns fornos cunha capacidade de 50/60 metros cúbicos. A materia prima viña en barco ata o muelle cesureño probablemente dende Asturias. En febreiro de 1924, en «CALERAS DEL ULLA», traballaban, como empregados fixos, seis homes e unha muller. Os productos que saían nos fornos da Calera, eran destinados para o agro e a construcción como branquexador de muros e para os estucos. O cal da factoría de Ramón Diéguez vendíase en toda a comarca e incluso viñan persoas cos seus propios carros de bois a cargar o cal para as leiras, dende os concellos da comarca de Barcala, como ben lembraba Avelino Pousa Antelo, no libro das festas do Carme de Cesures do ano 2000:

«Eu lembro que, sendo un neno, de dez anos máis ou menos (el naceu en 1914), fixen unha vaixe dende o meu natal val de Barcal (Negreira e A Baña) a Pontecesures, en un carro de bois que ía cargar cal ás caleras del Ulla; lembro que durmín unha noite nun leito de palla, dentro dunha das barricadas usadas para cargar o cal; foi realmente o meu primeiro e enxebre viaxe turístico; despois fun algunhas veces máis».

Coma ben se dí, o cal vendíase dentro duns barrís, e non en sacos coma hoxe.

As propiedades do cal da fábrica de Ramón Diéguez Carlés anuinciábase deste xeito na prensa:

«LAS PATATAS, EL MAIZ.
Abónelas con CAL especial para tierras de las CALERAS DE ULLA de Pontecesures. Obtendréis BUENAS COSECHAS y frutos sanos empleando la CAL como abono…»

No mesmo lugar la fábrica da Calera, despois de mercar Ramón Diéguez os moldes, no ano 1927, a desaparecida firma cesureña «CERÁMICA ARTÍSTICA GALLEGA» que Eugenio Escuredo Lastra tiña no Cantillo, crearíase a coñecida empresa de artesanía «CERÁMICA CELTA» e onde traballarían e colaborarían o máis selecto dos artistas galegos do momento.

Articulo escrito por DANIEL SEIJAS LLERENA o 5 de decembro de 2006 e que aparece na páxina 17 do libro da festa do patrón San Xulián que se celebra o vindeiro 7 de xaneiro de 2007.


13 comentarios

From-PORTO · 2-01-2007 a las 22:48

«Unha vez que Ramón Diéguez Carles acadou a cesión dos terreos, o seguinte paso foi solicitar o permiso para a construcción da fábrica:»

Estiven a releer, e o mellor fixen a lectura incorrectamente, pero se é así como deduzco a primeira vista….

Os terrenos foron cedidos… ¿por un tempo ou indefinidamente….?.

¿Foron comprados os terreos polos antepasados dos actuais propietarios ao rematar aquela cesión, ou a propiedade acadouse pola posesión continuada?.

A quen saiba… gracias

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-01-2007 a las 12:24

En 1934 e sendo Pontecesures xa concello otorgouse a concesión á cerámica para ocupar 12.000 metros cadrados do monte (na práctica ocupáronse uns 5.000 metros cadrados) e sen límite de tempo (mentras continuara a actividade). Como, o parecer, non houbo actividade durante moito tempo o asunto tratouse nun pleno que tivo lugar o 19.04.02 e alí tratáronse varios temas xurídicos (dereito transitorio coa promulgación de novas leis que limitan temporalmente as concesión administrativas, que os terreos antes eran de dominio público e agora patrimoniais, posibilidade de recuperación dos terreos polo concello, accións xudiciais a levar a cabo se así fose, etc..)e a intención da empresa de manter a actividade (falaron tamén da posibilidade de facer unha fundación, unha escola de ceramistas, museo, etc…). Acordouse non iniciar expediente administrativo de recuperación dos terreos ante a intención da empresa.
De tódolos xeitos, é un asunto controvertido e foi moi discutido. Isto é un breve resumo á carreira. Non podo entrar aquí a dar máis explicacións polo miúdo por razóns de espazo.

alfa romeo · 4-01-2007 a las 14:19

pues si es municipal que lo recuperen para los vecinos

fantasma · 8-01-2007 a las 17:41

Se a empresa non da sinais do que prometía facer ,pois o Concello debe mirar eso e deixarse de contemplacións.

DANIEL SEIJAS S.L. · 13-01-2007 a las 12:59

gracias por poñer aquí o meu traballo sobre a Calera.bueno informovos que acaba de sair da imprenta un novo libro sobre a historia da Cerámica Celta e a súa relación con Castelao,feito por Xoan Guitián e editado pola Fundación Castelao,Xunta e Fundación Ramón Dieguez.UN saúdo.

Antonio Cortés · 13-01-2007 a las 13:29

Gracias Seijas pola información, se tes algún dato máis (coma o título, que non dou atopado) poreille unha entrada pormenorizada do libro.

Paspallás · 13-01-2007 a las 21:39

Seijas, acaso sabes donde fan a cerámica estos da Calera porque alí creo que non, aquelo da a impresión de ruinas. Esa fundación da que falades donde ten a sede?

Mayte · 18-01-2007 a las 15:41

Creo que el libro de Xoán Guitián al que Seijas se refiere es «A Cerámica Celta e o seu tempo». La edición que yo tengo es la que editó en 1999 «Ediciós do Castro», en la serie «Cadernos do Seminario de Sargadelos». Pienso que será el mismo libro.
En uno de los capítulos, en el que se discute si la autoría del famoso «Cabrito» de la Calera es o no de Castelao, colabora un insigne cesureño: José LLerena, decorador y ceramista, autor de la sirena que decora las piscinas municipales.
La conclusión a la que se llega en el libro es que «Cabrito» no sólo fue diseñado por Castelao sino también modelado, lo que dota a la obra de una gran importancia ya que la creación escultórica de Castelao es,practicamente, inexistente.

Flor · 18-01-2007 a las 17:41

Lleva la Sirena de la piscina varios años deteriorada. Sería conveniente que se restaurase.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-01-2007 a las 18:25

Tes razón «Flor», a serea da piscina leva moitos anos deteriorada. Varios desalmados arrancáranlle os peitos en actos vandálicos pero xa nos anos 90. A pouco de ter eu responsabilidades de goberno fun as instalacións co Sr. Llerena para tratar de que arranxase a figura, pero manifestou que había moita dificultades para fabricar os peitos de novo. Paréceme lembrar que era por cuestión de moldes ou algo así.

carlos f. · 27-01-2007 a las 22:40

acabo de ver que o noso veciño seijas,que aparte de falar das orquestas na radio valga tamén fixo a biografia no fundador da empresa Castromil,nun libro que se presentou o xoves en vigo a historia de empresarios galegos,e que podedes ver na paxina web http://www.elcorreogallego.es na sección de economia do venres 26 de xaneiro.manda carallo con el,eu que pensaba no sabia falar da paris de noia e de los satelites

DANIEL SEIJAS S.L. · 31-01-2007 a las 14:53

para MAYTE : perdón por tardar en respostar,pero non ando moito por aquí.O libro en realidade é noviño,non é o de 1999,aínda que teña moito que ver,este libro titulase «Castelao e a Cerámica»,e xa fai case un que o teño,pero non sei si foi presentado y si xa está xa a venda porque acaba de sair do forno.Nese novo estudio de Guitián fala das obras e do interese de Castelao pola cerámica,centradonse case exclusivamente a relación que tivo coa Cerámica Celta e Ramón Dieguez Carlés.
para Carlos F : Non so de orquesta vive o home.Hai que darlle de todo un pouco.UN saúdo e gracias.

DANIEL SEIJAS · 2-02-2007 a las 18:11

para quen lle interese hoxe na casa da Cultura de Rianxo ás 20,00 h. presentarase o libro sobre «a cerámica e castelao» de Xoan Guitián e o de Miguel Anxo Seixas Seoane «Castelao e a pintura».
A nova ven recollida na sección «Barbanza» do diario de arousa.UN saúdo.

Responder a alfa romeo Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.