HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA

Publicado por fru en

Estes son os horarios dos partidos dos distintos equipos do C. B. Rio Ulla:

* Sábado ás 10.45 h: en Pontecesures xogan as nenas cadetes contra o Meco de O Grove.

* Sábado ás 18.15 h. en Vilagarcia xogan os Xuvenís contra o BBC deVilagarcia.

* Domingo as 17 h. xogan os Seniors en Pontevedra contra o actual líder da liga senior: o Arxil, no pabellón universitario de Pontevedra.

* Por último os alevíns tamén xogan este domingo ás 5 na cancha do Liceo de Vilagarcia. Estes rapaces estrenarán as novas equipacións donadas en días pasados pola empresa «Transportes Potel Torres«, a quen lle queremos agradecer o seu esforzo por axudarnos.

p(centrado). 100_5695-web.JPG

Este é o equipo ALEVÍN do C. B. Rio Ulla 2006-07, no momento no que lle foi entregada a súa nova equipación. Os integrantes do plantel son:

De pe, dende a esquerda: Antonio (entrenador), Miriam, Rubén, José Antonio, José Carlos, Borja, Yago, Pablo, o Xerente da empresa «Transportes Potel Torres», Sr. Potel. Sentados empezando pola esquerda: Raúl, Eva, Lara, Antia, Verónica, Raquel e Sergio.


1 comentario

fru · 19-03-2007 a las 20:11

Resultados dos partidos da pasada fin de semana:

– Os xuvenís non xogaron o seu partido contra o BBc en vilagarcía por un problema de horarios cos árbitros, quedando este encontro suspendido para outra data.

– Cadete Femenino: Extrugasa 14 – Meco 48.

O Extrugasa pouco pudo facer ante un equipo mais acertado cara o aro e superior fisicamente.

– Alevín: Liceo 5 – Extrugasa Rio Ulla 7

Importante victoria dos alevíns nun campo dificil coma é o do Liceo de Vilagarcía. O equipo segue aspirando ós postos de arriba.

– Senior Zonal: C. B. Arxil de Pontevedra 59 – Extrugasa 58.

Derrota pola mínima no campo do lider, e cun Extrugasa mermado polas baixas, pois tan só pudo dispoñer de 7 xogadores. A pesar deso plantou cara ó partido, que foi igualado dende o inicio, tendo o Extrugasa opcións de gañalo de haber entrado o triple final de Gulli dende 9 metros sobre a bocina, tras remontar o Extrugasa 6 puntos en 20 segundos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.