Respostas do equipo de goberno no pleno ás preguntas do BNG de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

-En canto ás porterías de fútbol que estaban no campo «Ramón Diéguez», actualmente en obras, o Sr. Randulfe contestou que, efectivamente foron colocadas nunha parcela privada ó carón da Igrexa e da Plazuela para que os nenos/as xoguen co balón nesa finca que está aberta en lugar de facelo na praza. Engadiu que é mellor que estean aí, que levalas para chatarra e que aínda non foron ancladas ó chan porque o titular da finca non pudo facelo nestes días por enfermidade. A Sra. García Castro do BNG manifestou a preocupación polos riscos para os rapaces se as porterías non están ben fixadas no chan e o Sr. Sabariz manifestou que hai que facer esta tarefa canto antes, e que prefire que se aproveiten as porterías, traéndolle malos recordos o tema da chatarra pois na época do anterior alcalde, eran ben coñecidas as comidas e ceas ás que asistiron o ex alcalde e varios traballadores do concello a conta da recadación de trastos vellos.

-O Sr. Rey Beiró informou que o custo da Festa da Lamprea ascendeu a uns 22.500 �, e desta cantidade abónanse de fondos propios 12.500 �. Tamén manifestou que o custo da Feira do Automóbil ascendeu a uns 30.000 � e que corresponde abonar de fondos propios uns 2.500 �. Así cuns 15.000 � sufráganse dous eventos de importancia, mentres que o ano anterior cunha festa de moito menor relevancia o custo para o Concello foi duns 20.000 �

-Tamén informou o Sr. Rey que se venderon 542 tickets de racións de lamprea e 230 tickets de pinchos.

-Que a rúa Carlos Maside vaise pavimentar nas vindeiras semanas por parte da Deputación, segundo informou o Sr. Randulfe, que detallou as actuacións realizadas na importante obra de saneamento. Tanto o concelleiro popular, como a alcaldesa, como o non adscrito Sabariz, solicitaron desculpas pola demora xa que os veciños teñen toda a razón para queixarse.

-Que a prohibición de aparcar no adro da Igrexa é fundamental para perservar este espazo monumental de grasas, aceites, rotura de pedras, etc… Xa se debeu de facer hai moito tempo e non hai cidade ou vila algunha, na que se permita aparcar coches a carón do templo relixioso. Ademáis era un perigo para os nenos/as que xogan no propio adro andar entre os coches. Xustificouse tamén a dirección única na rúa Miguéns Parrado para evitar atascos e maniobras de risco na baixada do parque para a Igrexa. Estas explicacións déronas a alcaldesa e o non adscrito Sabariz.

-A alcaldesa manifestou que o cambio de dirección na rúa Infesta obedece a que se debe seguir o sentido da marcha dos peregrinos do Camiño Portugués, lamentando as molestias que se poidan causar á algún veciño.

-A alcaldesa dixo que o número de denuncias a vehículos por non levar o disco nas rúas centrais, e o importe das mesmas sería comunicado nunha seguinte sesión pues neste pleno carecía de datos.

-O Sr. Randulfe manifestou que xurdiron uns problemas que impediron presentar ata agora os orzamentos, pero que pronto virán para a súa aprobación plenaria.


1 comentario

Tiroliro II · 2-06-2008 a las 20:15

Entereime que Angueira non estivo no pleno por razóns de «traballo», e manda «carallo», como se esconde, e Baliñas de voceiro, pode ser a alternativa, moi mala, pero alternativa é.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.