A Arrincadeira gañou o concurso de comparsas de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nunha tarde fría celebrouse o Domingo de Entroido en Pontecesures co desfile e o concurso de disfraces. Houbo animación (o trío Soprano amenizou o festival) un bo número de participantes e moito público nas rúas cesureñas.
Na categoría senior de comparsas ou carrozas gañou «A Arrincadeira» cunha magnífica representación das atraccións de feira. Segunda foi a carroza de «Los Hippies» e terceira a de «O circo chega a Pontecesures».
En parellas adultas gañou «A bolsa de pan» de Paula Ferreiro. Segundos foron «Sherk e Fiona», e terceiros «Superhéroes Duffman/Duffwoman».
En individual de adultos gañou «Reutilizable» de Yolanda Álvarez Angueira, segunda foi «Robot» de Pilar Pose, e terceiro «Cociñeiro» de Martín Pesado.

En nenos/as o primer premio individual levouno «Mini peluquería Carolina», o segundo o «Poliño» de Xiana Blanco e o terceiro a «Gárgola» de Julia Viqueira.
En parellas de nenos/as, o primeiro premio foi para «Dama e Marqués das Camelias», mentres o segundo foi para «Os rapeiros» de Francisco Barbosa e Samuel García.
En grupos ou comparsas infantís, quedou de primeiro «La magia de la India». Segundo foi «Las chicas de Bollywood» e terceiro «Lacasitos traviesos».


1 comentario

Cara de cona · 15-02-2010 a las 19:03

as da barcarola cabreadas……outro grupo de mulleres tamén….ganaron os grupos da oposicion…..suso rey e un xurado de prestixo…un cabaleiro…proximo candidato do pp me din…randulfo foi disfrazado me dixeron que de caberetera… andaba polo victor garcía….cortoulle o bigote suso o barbeiro…jo…jo…jo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.