Contestación integra á nota do BNG sobre a Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil de Ocasión 2010.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1. O BNG de Pontecesures coñece perfectamente que a festa da lamprea non ten data fixa e así celebrouse sempre na última quincena de marzo ou na primeira de abril en función de diversas circunstancias (non coincidir coa Pascoa que celebra o municipio veciño de Padrón, ou coa romaría cesureña de San Lázaro). Curiosamente na edición de 2007, última co alcalde anterior do BNG, Álvarez Angueira, a data foi o 15 de abril, practicamente a mesma que a deste ano.

2. O goberno local, vai tratar por todos os medios de que a lamprea sexa toda do Ulla e subministrada por valeiros de Pontecesures. Aínda rematando as capturas o día 15 de abril, coñecen os integrantes da oposición, e todos os veciños, que a lamprea consérvase viva polos valeiros en viveiros de auga doce sen prezuizo algún para o peixe e que vai distribuirse VIVA o 16 ou ou 17 de abril para ser servida en ración ou en pinchos na festa.

3. Ata o de agora non se mercou a lamprea a ningúen, e se están a facer xestións co presidente dos Valeiros de Pontecesures para adquirir o peixe a varios valeiros en función do prezo e do tamaño.

4. Contrasta esta forma de xestionar a adquisición do produto coa que levaba a cabo o alcalde anterior do BNG, Manuel Luis Alvarez Angueira, que mercaba toda a lamprea a proveedores foráneos alleos aos valeiros, incluso de Portugal.

5. Resulta triste que o BNG de Pontecesures xa comece a cuestionar unha festa un mes antes de celebrarse. En lugar de defender que se publicite e que se potencie o consumo dun peixe fundamental para a economía de moitas familias cesureñas, se adica a desprestixiar a festa na opinión pública. Sempre poñendo pegas, sempre con faladurías negativas sobre a festa. Todo vale para falar mal do evento.

6. Non quere este concelleiro entrar nas polémicas de sempre sobre a festa. Sempre apoiei este evento estando no goberno ou na oposición. Nunca me pasou pola cabeza sementar dúbidas sobre una festa tan importante para a imaxe de Pontecesures ante a opinión pública e para potenciar o consumo dun peixe tan exquisito e tan apreciado na gastronomía galega. Alá o BNG se pretende «augar a festa». O goberno local vai organizar os actos con toda a ilusión para que sexa un éxito.

7. En canto á Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, xe se explicou moitas veces que ámbolos dous eventos compleméntanse de marabilla, e que a feira dos automóbiles debe ser asumido polo concello como patrimonio de todos. Naturalmente, o goberno local é moi respectuoso con outras iniciativas. Parece que o BNG quere quedar ao marxe da feira municipal con acusacións ademáis a empresas e institucións. Pois nós ao noso; trataremos de contar coa mellor feira posible fuxindo de polémicas que non conducen a nada.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.