• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sin Categoria / Laura Villar, concelleira de Pontecesures: “Formamos en igualdade e no respecto”.

Laura Villar, concelleira de Pontecesures: “Formamos en igualdade e no respecto”.

22-09-2019 por Redacción Dejar un comentario

O alcalde popular Juan Manuel Vidal Seage, con catro concelleiros na Corporación de Pontecesures tras gañar as eleccións municipais do pasado 26 de maio, reeditou un tripartito que lidera xunto cas formacións Terra Galega, con Ángel Souto como representante único, e Independentes de Pontecesures (IP), figurando Isabel Castro como edil. É dicir: trátase das mesmas forzas políticas que encabezaron a moción de censura que desbancou ao BNG hai tres anos. Agora, a tenente de alcalde e concelleira de Educación, Laura Villar (PP), despexa horizontes.

Que salientaría desta nova etapa no equipo de goberno?

Dende que me presentei por primeira vez nunha lista electoral, hai xa nove anos, moito ten mudado a niña situación. De participar dende a segunda liña política por aquel entón ata que o actual alcalde me propuxo para ser tenente de alcalde ten sido un camiño ilusionante e de continua aprendizaxe. De calquera xeito, cada día sigo a aprender importantes leccións dende as miñas responsabilidades no actual executivo municipal.

Turismo, Educación, Igualdade, Deportes… Moitas áreas de goberno cunha gran responsabilidade, non?

Efectivamente, son responsabilidades de goberno onde necesariamente o corpo a corpo se converte en primordial e se teñen vivencias e contacto continuo cunha porcentaxe moi importante da poboación de Pontecesures. Por unha banda, un tecido deportivo moi amplo, con necesidades diversas e apremiantes, un colectivo estudiantil numeroso e concentrado nunhas instalacións con melloras necesarias e, por outra, moitas veces a faciana máis amarga, tamén se coñecen os dramas que a cotío se agochan no día a día.

Destaque algunhas actuacións previstas dentro das competencias que vostede ten no executivo.

Neste inicio de lexislatura estanse a levar a cabo notables melloras en eidos tan importantes como as instalacións deportivas e educativas (vestiarios do campo de futbol, inicio do proceso de licitación do proxecto de ampliación do Clube Náutico, reforma integral no CPI Pontecesures, melloras na gardería municipal…) as cales serán, sen dúbida, xunto co remate doutras que xa están en marcha, motivo de satisfacción para os veciños e os usuarios das citadas instalacións.

Que valores considera que priman nos mozos?

A educación é un dos piares fundamentais da sociedade e é por isto que no noso concello, que conta cunha elevada porcentaxe de poboación infantil e xuvenil, queremos incidir en complementar a ensinanza de calidade que reciben os cativos con formación en valores tan básicos como importantes, como o son, por exemplo, a igualdade ou o respecto. Estamos a programar una serie de xornadas de concienciación para abordar esta temática, así como a do ciberacoso e a seguridade en materia virtual (debido á crecente relevancia e ao grande interese que estes ámbitos suscitan neste sector poboacional).

Considera o turismo como un motor necesario para o desenvolvemento da bisbarra do Ullán no que se encontra a localidade?

Os vindeiros anos marcarán a diferenza entre aqueles concellos que sexan capaces de adaptarse ós novos requerimentos que o turismo demanda e os que non consigan facelo. A situación estratéxica de Pontecesures non pode pasar inadvertida, e non o fará. Certo é que estamos intentando superar certos atrancos burocráticos que están retrasando algún proxecto no que levamos traballando un tempo, por exemplo os pantaláns de pasaxe para a nova fachada fluvial, pero máis pronto que tarde coidamos que se farán realidade. Agardamos tamén poder acometer melloras na sinalización do Camiño Portugués ó seu paso polo pobo e editar material promocional que nos permita acudir a feiras e eventos de difusión dos valores turísticos e gastronómicos cun mínimo de recursos.

Por último, ten algún detalle que poida anticipar do evento local, a Festa da Lamprea?

O vindeiro ano celébrase o 25 aniversario da Festa da Lamprea, e estamos deseñando unha serie de actividades promocionais e formativas que potencien e den visibilidade a esta festividade tan arraigada xa nos calendarios gastronómicos e tan importante para a economía e promoción locais.

El Correo Gallego

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:aniversario, BNG, Camiño Portugués, Concello, correo gallego, el correo gallego, festa, Festa da Lamprea, infantil, lamprea, Pontecesures, pp, tripartito

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Pontecesures y Bueu ya superan los 500 casos de incidencia acumulada.
  • Miguel Piñeiro, altavoz para lo bueno y lo malo de la pesca gallega.
  • Miguel Piñeiro vuelve a lucir sus dotes como pescador en Noruega.
  • Incidencia desbocada de contagiados en Pontecesures y Valga.

Comentarios recientes

  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

iglesia Campaña Diario de Arousa a ponte n-550 padrón Vigo Vilagarcía curso Angueira Caldas pp la voz de galicia fútbol Catoira psoe BNG obras correo gallego Porto concurso Pontevedra fin de semana Pontecesures tripartito Maneiro faro de vigo plaza río ulla santiago valga fiesta sábado sabariz Concello xunta sar festa protección civil Historia ACP lamprea tren pleno Ulla

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños