• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Concello / Os nacionalistas de Cesures piden a Sabariz que non sexa obstáculo para a investidura de Angueira

Os nacionalistas de Cesures piden a Sabariz que non sexa obstáculo para a investidura de Angueira

13-06-2007 por Tuso Dejar un comentario

O Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures quere salvar, antes de nada, a investidura de Álvarez Angueira como alcalde. Por elo na reunión mantida co PSOE o pasado luns nin sequera se plantexou a posibilidade de negociar unha coalición de goberno.

Os representantes do BNG solicitaron da formación que lidera Luis Ángel Sabariz que se abstivera no pleno deste sábado co fin de non torpedear a elección de Angueira. O BNG foi a lista mais votada nas eleccións do 27 de maio con cinco de once concelleiros da corporación de modo que lle basta cos propios votos para facerse ca alcaldía, sempre e cando os outros tres grupos PP, PSOE e IP non se unan para votar a outro candidato. Esta posibilidade parece cada vez mais remota, pero non se descarta. Sabariz tiña previsto onte reunirse co seu grupo e dará a coñecer a súa decisión nos próximos días.

Pola súa parte, o Bloque sigue intentando contar co apoio da independente Maribel Castro co fin de asegurarse a investidura de Angueira e, de ser posible, reeditar o bipartito que funcionou no último ano e que lle garantiría ao Bloque un goberno de maioría.

Traducido de: (La Voz de Galicia | Vilagarcía)


Os nacionalistas piden a Sabariz que se absteña na investidura

Os socialistas negocian un executivo de coalición con mandato único en Padrón e gobernabilidade compartida

Hora e media durou a reunión mantida en Pontecesures entre BNG (5 edís) e PSOE (2) para tratar de chegar a un consenso que aúpe ao nacionalista Luis Álvarez Angueira á alcaldía, inda que sexa en minoría. Así, o BNG pediu ao PSdeG que cumprira co acordo marco a nivel autonómico entrambos partidos e, de non apoiar a investidura de Angueira como lista mais votada no próximo sábado, día 16, como habían anunciado os socialistas, se abstivera na votación.

Sabariz votou en falta no encontro a presencia de Álvarez Angueira, «o que demostra que non está disposto a recompoñer a situación e eso é tremendamente negativo». Angueira, pola súa parte, afirmou que «decidimos que eu non asistira para facer mais fluída a conversación».

O líder socialista criticou a forma de gobernar do actual mandatario e as presións que este exerceu con membros da lista socialista antes das eleccións. «A situación é difícil e temos que valorar o que faremos», dixo. O BNG tamén ofreceu a Sabariz chegar no futuro a acordos puntuais para cuestións concretas.

En Padrón, o PSOE (3) mantiña onte unha nova reunión ca Cipa (3) para acercar posturas e desbancar ao PP, que con 5 edís é a lista mais votada. Os socialistas, que emitiron durante o fin de semana un comunicado, defenden un goberno de coalición cun único alcalde (o da lista mais votada dentro das minoritarias, que en este caso sería o PSOE); un programa de goberno pactado e gobernabilidade compartida con outros grupos, negociando as tenencias de alcaldía, áreas e dedicacións en función do número de votos. Aposta por unha coalición de cambios porque «o demais sería unha fraude electoral».

O PSOE cree que a proposta da Cipa dunha alcaldía compartida «no sería bo para Padrón» porque «non daría estabilidade».

Traducido de: El Correo Gallego

Archivado en:Concello, Na Prensa, Política Etiquetado con:Angueira, BNG, correo gallego, fin de semana, la voz de galicia, padrón, pleno, Pontecesures, pp, psoe, sabariz, sábado

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • LUCÍA SANTIAGO, GAÑADORA DO PREMIO FERRO COUSELO: “QUERO ESTUDAR AS IMPLICACIÓNS SOCIAIS E CULTURAIS EN TORNO AO ALAMBIQUE E AO CONSUMO DA CAÑA”
  • Aumenta la preocupación por los contagios.
  • La Guardia Civil da el alto a un coche sin carné en Pontecesures y colisiona con su furgoneta camuflada
  • Las duras medidas llevan a gran parte de los hosteleros de Arousa a bajar la reja.
  • COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.

Comentarios recientes

  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en O alcalde despide o ano con viño de Pontecesures.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Caldas pleno Vigo obras la voz de galicia valga sabariz tripartito Angueira pp sar río ulla padrón Vilagarcía Concello xunta psoe fútbol a ponte ACP plaza lamprea correo gallego Porto sábado festa fin de semana iglesia Ulla curso faro de vigo Campaña Pontevedra Historia Diario de Arousa fiesta santiago Catoira Pontecesures Maneiro tren BNG n-550 protección civil concurso

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños