Interesante xornada deportiva no pabellón

Publicado por fru en

Premer para ampliar imaxe

Hoxe empezan as súas respectivas competicións ligueiras na casa tanto o novo equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. as 17 h.; coma o Extrugasa Rio Ulla de Baloncesto, a partir das 19.30 h.

O Pontecesures C. F:, ante o número reducido de xogadores do que dispoñía decidiu retirar ó equipo de fútbol da Liga de 3ª rexional e federalo nunha liga de futbol sá da propia federación. Van xogar contra outros 13 equipos de case toda Galicia, e coma descoñecen o nivel da mesma non se pode dicir realmente que aspiracións teñen, pero si que qieren facer de Pontecesures un fortín onde os equipos visitantes teñan que sufrir moito se queren gañar. O entrenador Marcos «Pichi» segue unha tempada máis ó frente do equipo.

A continuación, a partir das 19.30 h. xogan os senior do equipo de baloncesto Extrugasa Rio Ulla, o seu 2º partido ligueiro, contra o equipo de Portas «El Doce». Na pasada xornada sufriron unha derrota por 67-59 na sempre dificil cancha de A Estrada, e agora queren optar ó triunfo para recuperar posicións na taboa clasificatoria, e moral cara ós seguintes partidos

Mañán Domingo ás 12.15 horas van xogar os rapaces xuvenís do Extrugasa Rio Ulla contra os do Liceo de Vilagarcia, e pola tarde ás 17.15 h. vanno a facer as rapazas xuvenís contra o Cortegada de Carril. Ambos rivais son dous equipos superiores polo que a victoria para os nosos xóvenes deportistas vai ser dificil.

 


4 comentarios

Látigo · 21-10-2006 a las 18:31

La foto que aparece es de la fiesta de aniversario del Pontecesures de baloncesto celebrada hace unos meses y aprecio en la misma al alcalde; a los concejales Baliñas, Margarita García y Maribel; a Andrés Quintá; a Barreiro el del Club Náutico, etc.
Me dijeron, por aquellas fechas, que Sabariz estaba sentido con los organizadores pues aunque arbitró el encuentro de homenaje ni siquiera lo invitaron a la entrega de los trofeos ni a la foto final de los participantes. Estaba aislado a la puerta de la instalación a pesar de su condición de concejal.
Creo que tiene toda la razón. Fue siempre un hombre del baloncesto, según me dicen se preocupa por las instalaciones como el que más (suelo, cubierta, nuevas canastas, alumbrado y otros) e incluso abría y cerraba el recinto en muchísimas ocasiones a todas las horas.
Lo que hace la política. Por ejemplo, Angueira que nunca asistió al baloncesto para nada, está en la foto. También está Maribel que lo más redondo que vió fue una caja de zapatillas. En cambio Sabariz, fuera.
Aquí falló el organizador Fructuoso. Se arrugó ante la presencia de sus jefes ya que trabaja en el concello y se hizo el «avión» para no comprometerse con Sabariz condenado por estar en la oposición. ¿Sabéis lo que és el «pesebrismo»? Cuidadín que la tortilla puede cambiar y el independiente puede pasar factura

Tilán · 21-10-2006 a las 19:27

Ao respecto de tortillas, estaríamos na mesma, érache boa, nin por activa nin por pasiva, xusto é ahí, onde o independente, de ter a ocasión de pasar factura, ten que demostrar que é auténtico; supoño que non é o seu «talante».

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-10-2006 a las 19:56

E certo «Látigo» que o detalle que contas pareceume inxusto e comenteillo a algunha xente pero xa este esquecido hai moito tempo. Son cousas desagradables pero que lle imos a facer.
Eu lévome moi ben con Fruqui e valoro moito o traballo que está a facer polo deporte. No baloncesto xa o coñezo dende hai máis de 15 anos e comprendo o que sucedeu a tarde dos actos do aniversario do club.
Non teño motivo algún para ir no futuro contra ningún traballador do concello (nin contra outras persoas). Mira «Tilán», teño moitos defectos pero nunca fun rencoroso nin vengativo. Nin na política nin en outras facetas da vida.

fru · 21-10-2006 a las 22:18

Tes boa vista ??latigo? e dende logo quedamos no club agradecidos a Sabariz por estar sempre ahí botando unha man para conquerir melloras para o pabellón, das que se benefeciaron todos os usuarios (non só os do baloncesto), así como estar disposto a colaborar co club sempre que llo pedimos.
Sobre o sucedido aquela tarde comentar só que arbitrou Sabariz por peticion do monitor de baloncesto que ia arbitrar, quen lle dixo en confianza a Sabariz que lle botase unha man. A min mo indicaron despois e pareceume ben. Logo go de rematado o partidiño ó proceder á entrega de presentes ós fundadores e primeiros colaboradores que este club de baloncesto tiveron, e posto que Sabariz estaba por alí a verdade con todo o «jaleo» que tiñamos ali de formar ós 50 rapaces na pista, preparar os obsequios, etc, non reparei en se estaba SAbariz ou no tunel de entrada á pista. Ademais coma fora invitado como concelleiro uns diás antes oficialmente por carta, ó igual que o resto dos partidos políticos, pola directiva do club, despreocupeime un pouco. Sobre o sucedido xa teño falado no seu momento co propio Sabariz.

 

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.