BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

SENIOR

Sabado ás 6 da tarde en Pontevedra: BBC de Vilagarcia – Extrugasa Rio Ulla

Domingo ás 12 h. en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Dorna de A Illa

Con estes 2 partidos, intrascendentes para a clasificación, pois o equipo acaba 1º, remata a liga para o Extrugasa. Para a semana toca xornada de descanso, e dentro de 2 é a final a 4. Pontecesures aspira a ser sede desa «final a 4», estando á espera da confirmación por parte da federacion galega de que nos conceden esa organización.

CADETE

Sabado ás 10.15 h. en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Portonovo.

INFANTIL MASCULINO

Sabado ás 10 en Pontevedra: CB Pontevedra – Extrugasa Rio Ulla

Tanto os cadetes coma os infantís rematan nesta fin de semana a temporada oficial. O balance da temporada é boa en ambos equipos, con xete que se incorporou este ano foron capaces de gañar partidos e non quedar nos ultimos postos dos seus respectivos campeonatos. Agora só queda entrenar ate coller vacacións 

ALEVIN FEMENINO

Sabado ás 11 en Cambados: Xuven B – Extrugasa Rio Ulla

Domingo ás 11 en Poio: Poio – Extrugasa Rio Ulla

As nenas sinxelamente ESPECTACULAR: levan 20 victorias en outros tantos partidos. Nesta fin de semana disputan os 2 ultimos partidos da súa liga. Clasificadas 1ºmatematicamente no seu grupo, deberan de xogar a final de Arousa femenina, contra o Arxil de Pontevedra, proximamente, nun campo neutral.

ALEVIN MASCULINO

Sabado as 12.30 h. en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Marin Peixegalego B

Domingo ás 16.45 en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

 Tamén boa temporda a dos nenos que rematan á sua vez o campeonato este fin de semana. Nestes partidos determinarán en que posto quedan, entre o 3º1 e o 5 lugar do seu grupo.

XUNIOR FEMENINO

Domingo as 18.45 h en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – O Meco de O Grove.

Voltaron rapazas á competición, copeira neste caso, debutando a pasada fin de semana, con 2 derrotas. Unha sen paliativos contra Portonovo, e perdendo por 7 en Cambados.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.