BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

Esta semana só xogan 2 equipos, ó coincidir parón en varias categorias, e non ter ningún partido aprazado. 

 SENIOR: Sabado ás 19 h. en Pontecesures, contra o Meco de O Grove.

Nova oportunidade para os senior de acadar unha victoria ante un equipo que empezou mal a temporada, pero que en anos pasados era o aspirante a desbancar Laxe Marin actual campión estes anos atrás. Os do Grove gañaron precisamente na 1ª xornada ó Laxe, perdendo a continuación os seus seguintes 3 partidos. Igual bagaxe leva o Extrugasa, que gañou na 1ª xornada ó Demarpa Grove, perdendo a continuación os seus 3 partidos. Pode ser un partido disputado e entretido o que teñamos mañá en Pontecesures.

INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12 en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.

Nun principio son favoritos os visitantes, pero non é tanta a diferencia que separa ós nosos, polo que a priori, pode pasar calquera cousa.

  


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.