Roberto Varela recibe a Meca no Obradoiro tras converterse «no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a nado».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O conselleiro de Cultura e Turismo cualificou como ??unha tarefa de superación persoal e un feito deportivo sen precedentes? o reto de David Meca, o primeiro peregrino que realiza o Camiño de Santiago a nado rememorando a Ruta Marítimo – Fluvial pola que arribou o Apóstolo Santiago a Galicia no ano 44.

O reto de David Meca contribuíu segundo Varela ??a manter a atención de Galicia e de todo o mundo sobre o Xacobeo 2010, que arranca así o Camiño do Deporte?

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu hoxe ao campión do mundo de natación de Larga Distancia, David Meca, na Praza do Obradoiro para felicitarlle pola súa proeza tras cruzar parte da Ría de Arousa e remontar o Río Ulla a nado. Tras exporse ás condicións extremas durante aproximadamente 6 horas, nas que percorreu os 20 quilómetros que distan desde a ría de Arousa ata Pontecesures, David Meca converteuse no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a nado.

Roberto Varela cualificou o Reto Xacobeo a Nado como ??unha tarefa de superación persoal e un feito deportivo sen precedentes?. O conselleiro afirmou que esta foi unha ??travesía de gran espectacularidade e simbolismo, xa que o percorrido rememora a Ruta Marítimo – Fluvial do Camiño de Santiago?. Do mesmo xeito, subliñou que a proeza de David Meca acadou o obxectivo ??de manter a atención de Galicia e de todo o mundo sobre o Xacobeo 2010, que arranca así o seu Camiño do Deporte?. Neste sentido, Roberto Varela agradeceu o esforzo do nadador, ??un peregrino singular que nos axuda a reivindicar no Ano Santo a vixencia do fenómeno xacobeo e da experiencia persoal íntima e única que significa percorrer o Camiño e achegarse a Galicia no 2010?.

Preto das 12 e media da mañá, Vilagarcía de Arousa converteuse no punto de partida desta emblemática fazaña por onde cruzou a Ría de Arousa, pasando por diversas poboacións de interese histórico-cultural e paraxes de gran beleza natural. Percorreu o final da Ría e seguindo o Vía Crucis Marítimo Xacobeo, pasando polas Torres do Oeste en Catoira, e remontando o Río Ulla ata Pontecesures onde rematou o reto coa caída da tarde.

Como todo peregrino, o Campión do Mundo de Natación de Larga Distancia, visitou a Catedral de Santiago de Compostela, unha vez pisada terra firme, seguindo as tradicións orais e os textos medievais. David Meca mostrouse ??satisfeito polo reto acadado? a pesar das ??durísimas condicións? que dificultaron moito o seu desafío, pois o nadador catalán tivo que loitar tamén contra a baixa temperatura das augas (de entre 8 e 12 graos con picos que descenderon ata os 5), as fortes correntes na zona, especialmente a corrente en contra ao remontar o río, a ondada e o vento.

Esta simbólica travesía conmemora a chegada a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, tras o seu martirio en Xerusalén, no ano 44. Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola Ría de Arousa e remontaron o Río Ulla. O texto máis coñecido que narra a «Traslatio» do corpo apostólico dende Jaffa a Iria e dende alí ao seu lugar de enterramento, en Compostela.

Xacobeo Camiño do Deporte
Con esta travesía a nado iníciase o programa Xacobeo Camiño do Deporte, unha serie de eventos que recollen o espírito deportivo, de esforzo, de superación e compañeirismo do ser humano. Co lema ??O camiño é a meta? Xacobeo 2010 tenta fusionar cultura e deporte.

Dentro da programación deportiva tamén se encadran neste Xacobeo os patrocinios e apoios a quipos de elite e de base ou a Carreira da Muller, un circuíto de carreiras solidarias para mulleres que está organizado polas revistas Sport Life e Runner??s World, e parte do importe da inscrición dedícase á loita contra o cancro de mama.

Experto en grandes travesías
David Meca é un grande experto en grandes travesías a nado. Uniu Gomera Y Tenerife, posteriormente Tenerife e Gran Canaria. No ano 2006 uniu o territorio peninsular coas Illas Baleares, dende Javea a Eivissa. Ademais, é o único nadador na historia que por dúas veces consecutivas baixou de oito horas na Travesía a nado máis antiga do mundo, Canle da Mancha, sendo as súas marcas a segunda e terceira mellores de todos os tempos.

No seu último desafío, en xullo de 2008, conseguiu un Dobre Récord del Mundo durante a mesma Travesía ao converterse no primeiro home en cruzar por tres veces consecutivas o Estreito de Xibraltar e bater a marca no cruzamento de ida e volta en tan só 7 horas e 18 minutos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.