Estamos a potenciar o uso do tren: 26 viaxeiros colleron o tren das 8:28 h. en Pontecesures para Santiago.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende o Concello de Pontecesures estamos a realizar una campaña para potenciar o uso do tren na nosa vila. Así estamos a distribuir horarios non establecementos e informando aos veciños das ventaxas deste servizo público.
Con satisfacción recibimos a nova de que hoxe, no tren que para en Pontecesures ás 8:28 horas para Santiago, subiron nada menos que 26 persoas na nosa estación. Na súa maioría son persoas que se dirixen a Santiago de compras no primeiro día das rebaixas. A comodidade do tren é una opción que cada vez está a ser máis valorada polos veciños desta comarca.
Hai que lembrar que temos en Pontecesures dous novos servizos. Un tren que para ás 7:31 horas con dirección a Santiago e A Coruña, e outro que para ás 14:58 horas con dirección a Vilagarcía, Pontevedra e Vigo. Faise un chamamento á cidadanía para que utilicen estes convois. Os datos estatísticos son moi importantes para continuar mellorando as prestacións.
O obxectivo do concello é que se estableza un tren cercanías unha vez que entre en servizo a alta velocidade. Estas comarcas que se sirven pola vía convencional non poden quedar sen ferrocarril. Contamos co servizo dende hai 135 anos, e non hai dereito que o progreso e a mellora do servizo nas grandes cidades, elimine o tren dos nosos pobos e vilas nestes tempos onde os atascos nas estradas, as dificultades para aparcar, e a contaminación ambiental están desgraciadamente á orde do día.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.