Andrés Núñez Rajoy: ??Queremos por en valor a rica Terra de Iria?.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A entidade naceu motivada pola escasa posta en valor do patrimonio, da cultura e da paisaxe da zona ? Engloba aos concellos de Padrón, Rois, Dodro, Valga e Pontecesures ? Intégranna 40 persoas pero está aberta a máis

?? Fai escasas semanas presentouse o Instituto de Estudos Irienses, unha entidade que acaba de constituirse hai uns meses, para divulgar e poñer en valor o seu patrimonio. ¿Cándo empezaron a traballar nesta idea,?
?? ? unha idea que ven de longo. Na xuntanzas dos domingos que temos en Padrón sempre vimos a eiva da pouca posta en valor que ten toda a comarca, pois esta é unha terra moi rica. Dábanos envidia o que se estaba a facer no Val Miñor, onde se creou o Instituto de Estudos Valmiñoranos.Puxémonos en contacto con eles, animáronos e tamén o Instituto de Estudos Bergantiñán. Tiñamos todo sobre a mesa, pero non tiñamos claro o nome ata que veu o escritor Anxo Angueira e propuxo o termo de Terras de Iria. E ahí quedou. Xa levamos máis un ano de traballo.
?? Todo un traballo ata a constitución formal..
?? Sí e parece mentira. Os papeis levan o seu tempo. Esta é unha idea xurdida dende a sociedade, e dende o consenso.
?? ¿Quénes son eses nós?
?? Somos xente normal e corrente. Está Anxo Angueira que lle empaquetamos a labor aínda que agora está liado coa presentación do seu novo libro que se titula tamén Iria, hai dende veterinarios, filólogos, obreiros do metal, soldadores, enxeñeiros, catedráticos da USC, agricultores… Hai una representación de toda a comarca, de todos os concellos.
?? ¿De canta xente estamos a falar agora?
?? Dunhas 40 persoas, pero haberá moitas máis, sobre todo para o que pensamos facer, para a posta en valor de toda esta rica e variada comarca que é a Terra de Iria. Estamos abertos a máis adhesións.
?? ¿Cal é o obxectivo último?
?? Divulgar e poñer en valor o patrimonio de Terras de Iria
?? ¿Como se fai iso?
?? A pregunta boa sería ¿e quén o paga? Penso que temos que acostumarnos a pagar. ? unha posta en valor que a xente da Terra de Iria ten que ver como seu, que recoñecer que eso é bo, que se non se identifica non vale para nada. Hasta agora esto non se fixo, e é unha labor moi dura o facela, pero empezamos con pequenas cousas e estamos vendo o resultado. Se eso se pon en valor, xa temos moito andado. Esta terra sempre foi unha terra de paso, o Ulla foi un gran comunicador; nesas comunicacións compaxinábase a industria, o comercio, a agriculutra, e agora o turismo. A xente que ven a vernos ten que estar aquí máis dun día.
?? Para iso hai que ter amor polo noso… ¿A xente de Iria tenno?
?? Eu penso que algúns o teñen oculto e outros o temos moi á vista. Hai que ir rescatándoo pouco a pouco. ? unha labor fonda, que leva o seu tempo. Nos englobamos todo.
?? Padrón quizáis coñecémolo todos un poucos máis, pero o resto dos concellos non.
?? ? certo, e teñen un rico patrimonio tanto o que se ve como o que está oculto. Por exemplo, en Rois, no Faramello naceu un dos mellores artistas, como é Gambino. Ten moitas obras na comarca que non están postas en valor. Os petroglifos de Valga e Dodro, as recuperación e significados das pesqueiras… O patrimonio material e o inmaterial. Logo hai outro patrimonios para recuperar no que tamén hai que traballar como son castes autóctonas de mazás, sementes e outros..
?? ¿Xa teñen un programa de actos pechado ou aínda están nelo?.
?? Non. Agora quédanos presentarnos aos concellos. Tamén pensamos facer unha tertulia de temas de interés unha vez ao mes mínimo, que sexa itinerante; xeiras de recoñecer cousas, coñecer o que están a facer noutros municipios para aprender dos demais e ver que podemos facer no noso; unha revista que penso que estará para o Nadal….
?? ¿En qué nivel de conservación está o patrimonio de Iria?
?? Esta bastante mal. Por motivos profesionais estiven no Convento de Herbón, e por exemplo o retablo da igrexa ou lle botamos unha man ou se cae. Noutras lugares hai cousas que están mal; chove en moitos sitios, caen paredes… Polo de agora non podemos invertir. Ao mellor cando saía un mecenazgo. Os ricos aquí non son coma nos Estados Unidos, aos que lles exixe que invirten no patrimonio cultural. Aquí piden que non paguen impostos. Da unha envidia as veces non ser americano para cuestións coma estas… E logo temos outras cousas culturais que están ahí e non as vemos. Por exemplo hai uns marcos do medievo entre Teo e Padrón moi importantes que están no medio dos montes, os cruceiros, as carballeiras ou as árbores senlleiras que temos e outras que temos olladas para pedir a súa catalogación. Hai moito traballo.
?? Decía vostede que non podían afrontar as restauracións…
?? Sempre se pode facer algo, á xente tamén hai que decirllo: ??Mira estasenos picando o San Pedro e hai que restauralo?. Temos boas experiencias. En Iria hai tempo puxemos cartos e fixéronse cuestación para restaurar o órgano e outras cuestións.

EL PERFIL

? Naceu no ano 1957 en Pazos, Iria (Padrón).
? ? enxeñeiro agrícola especializado en horticultura, formado no campus lucense da Universidade de Santiago e en Madrid. Traballo no servizo de infraestruturas agrarias en Pontevedra.
? Declárase viaxeiro e devorador de libros sobre todo dos que teñen que ver coa historia. Pero un dos seus principais pasatempos tén máis que ver coa natureza: é amante dos paxaros, e o que máis lle gusta é apostarse na Lanzada para ver como voan os paxaros cara a Illa da Toxa.

TIERRAS DE SANTIAGO, 15/05/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.