Tourís fai balance dos tres anos de goberno do PP en Ulla Umia. Ningún representante do goberno local de Pontecesures estivo no acto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Cores Tourís, entre o alcalde de Portas e a rexedora de Moraña, na comparecencia de onte.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo onte balance dos tres primeiros anos da actual lexislatura no que á comarca Ulla-Umia se refire. Nunha comparecencia que tivo lugar no Consistorio de Portas, sede da Mancomunidade, Tourís estivo acompañado polo alcalde da vila, Roberto Vázquez; a rexedora de Moraña, Luisa Piñeiro, os concelleiros Manuel García de Cuntis e José Ángel Souto de Valga; así como os edís de Portas Mónica Castro e José Esperón. O alcalde de Catoira, Alberto García, excusou a súa presenza, e os representantes de Pontecesures e Caldas ??supoño que non querían vir?, afirmou o delegado da Xunta.
Cores Tourís fixo un repaso aos investimentos realizados polo goberno galego na comarca nos derradeiros tres anos, co PP á fronte da administración autonómica. Destacou, por exemplo, os máis de 14,5 millóns de euros destinados á mellora de estradas e a proxectos de saneamento e abastecemento. Neste último ámbito invertíronse a metade dos orzamentos deste capítulo, un total de 7,8 millóns de euros. Aludiu Tourís ás actuacións para poñer fin ás inundacións en Devesa (Valga), onde se executaron traballos por 215.000 euros. Ademais, este concello recibiu 500.000 euros para a terceira fase do saneamento, na parroquia de Cordeiro, un proxecto que ??foi paralizado polo bipartito?, lembrou. A Xunta destinou outros 535.000 euros para un colector que recolle as augas residuais de doce núcleos de poboación de Valga para evitar a súa vertedura ao río Louro, obra que ??beneficia a uns 2.000 veciños?.

Neste período puxéronse en funcionamento novas EDAR en Catoira e Moraña. A primeira supuxo un investimento de 1,4 millóns, e na vila vikinga acometéronse tamén saneamentos en Abalo e Dimo. No caso de Moraña, a EDAR supuxo un investimento de 1,6 millóns, ??aos que hai que sumar os 700.000 euros dos sumidoiros de Fontenla, Penagrande, Querquizo, Soigrexa e Alberguería.

Neste apartado, Tourís fixo mención ao Plan Umia, que implica un investimento de preto de 22 millóns co fin de dar solucións aos problemas deste río, sobre todo á proliferación de cianobacterias no Encoro de A Baxe. Neste plan, inclúense a ampliación da ETAP de Caldas (case 700.000 euros), e saneamentos Cuntis, onde se investirán 1,3 millóns para ??reducir a cantidade de nutrintes que chegan á presa e mitigar os problemas de eutrofización que sofre na actualidade?.

En relación á mellora de estradas, reformouse a PO-221 entre Caldas e Moraña, cunha inversión de 4,8 millóns e que incluíu un novo acceso ao lugar de Corrigatos (70.000 euros). O responsable territorial tamén fixo mención á mellora da PO-548 en Valga e ao ensanche da ponte do río Calvos na PO-220 en Cuntis. Neste último municipio non pasou por alto a instalación do radar meteorolóxico no monte Xesteiras, cun presuposto de 3,9 millóns.

En Sanidade destináronse á comarca, segundo Tourís, máis de dous millóns de euros, dos que 1,6 corresponderon ás obras de mellora e ampliación do Centro Médico de Valga e os restantes 400.000 a actuacións de mantemento dos demáis centros de saúde.

No tocante a Cultura e Educación, José Manuel Cores Tourís cifrou en case un millón os investimentos da Xunta na comarca. Entre as obras máis relevantes citou a mellora dos aseos, calefacción e reposición da cuberta no CEP de Baño (Valga), a renovación do tellado no CPI Santa Lucía (Moraña) ou a instalación dun novo sistema de calefacción no colexio de Pontecesures, ??gañando así en eficiencia enerxética. Incidiu Tourís en que ??cumprimos coas demandas das familias? de Cuntis para aplicar a xornada única no CPI Dou Aurelio, e ??traballouse para evitar o peche das escolas unitarias de Abalo e Dimo?, en Catoira. En Caldas destacou a dotación dunha nova unidade de Infantil no CEIP San Clemente.

DIARO DE AROUSA, 17/05/12


2 comentarios

Princo · 17-05-2012 a las 14:42

Sabariz, se vas a modificar os títulos das noticias, polo menos fainos nun galego correcto…

quizá necesites saber algo dos pronomes «se» en galego, e a súa posición con respecto ao verbo (enclitica, ou proclítica)

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-05-2012 a las 14:53

Non son especialista co galego, «Princo» , e penso que agora xa quedou mellor o título.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.