IIª EDICION DO 3×3 BASKET NA RUA: CASE 100 PARTICIPANTES REPARTIDOS EN 24 EQUIPOS DIRONLLE VISTOSIDADE ? TORNEO

Publicado por fru en

Organizado polo Club Baloncesto Rio Ulla , celebrouse por 2º ano consecutivo este espectacular torneo de baloncesto, que sirve para dar inicio a unha nova temporada baloncestística.

Finalmente foron 3 os equipos que participaron neste torneo de na categoria A (Minibasket), 6 na categoria B (Cadete), e 15 equipos na categoria C (Senior).

Na categoría A (minibasket), habilitoúselle un campo nun lateral da igrexa, onde os 3 equipos participantes estiveron xogando unha liguilla que determinou que o gañador foio equipo dos «Allstars»

Os nenos/as dos 3 equipos participantes no momento de recoller os regalos.

Na categoria B, os 6 equipos, dos cales 3 viñeron dende Marín, disputaron pola mañá unha liguilla repartidos en 2 grupos. Xa pola tarde disputaron as semifinais, clasificandose para a final os equipos «Dora exploradora» e «Chicago me limpio». Final gañada contundentemente polos xogadores do «Dora Exploradora»

Os 2 equipos finalistas logo de recoller os seus premios. (Foto de Carlos Parada).

Na categoria C, onde dicíamos que participaron 15 equipos, destacando a presenza de 3 equipos chegados dende Vilagarcia, 1 de Valga e 1 de Dodro, disputouse o campeonato ó longo de toda a tarde, clasificándose finalmente para a final os «Golden boys», frente ó «san Roque», equipo de Vilagarcía, gañando a final os primeiros, que revalidan o título conseguido o ano pasado.

Os 2 equipos clasificados para disputar a final posaron xuntos antes de xogala. Vemos ós «Golden Boys» de negro, e ós arousans «San Roque» de amarelo.

O equipo gañador dos «Golden Boys».

Por último agradecer o apoio das casas comerciais que colaboraron no torneo:

– COCACOLA que nos serviu a bebida para todo o campionato.

– CASA CHAVES, que colaborou doando 1 cea para o equipo gañador dos maiores.

– XOIERIA RIVEIRO, que proporcionou medallas para os equipos gañadores das 3 categorias.

Asimesmo, houbo durante todo o día unha venta de rifas para o sorteo duns regalos obsequio de distintas casas comerciais do pobo.

COMERCIAL MONCHO cedeunos unha batidora, entregada ó gañador do sorteo.

ELECTR?NICA COUSELO donou un mp4 que se foi para Valga.

BELBELLITA REGALOS E AGASALLOS posibilitou que sorteáramos este polo de vestir, que se foi para Marín.

INFOSERVI regaló una minicamara de video, que le tocó a un participante de Marín.

DEPORTES PODIO regalounos este balon, e dende o club xestionamos que o firmaran os xogadores e corpo técnico do OBRADOIRO de Santiago de Compostela, que milita na ACB.

Por último queremos dende a directiva do club resaltar a boa convivencia ó longo do dia, e a deportividade existente ó longo do campionato.

Tamén agradecer a colaboración desinteresada a un grupo de voluntarios/as que posibilitaron que esto se levase a cabo.

E aproveitamos para destacar a colaboración do Concello de Pontecesures para a realización desde evento que, nas 2 edicións levadas a cabo gustou entre os praacticantes do basket local e comarcal.


7 comentarios

manolo o do bombo · 17-09-2012 a las 18:06

? mais preocupante ,foi que o reloxo non funcionaba ja ,ja,ja…………

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-09-2012 a las 18:48

Pois mira, «manolo o do bombo», algún xogador comentoume o do reloxo coas correspondentes criticas, claro. ? costume de moita xente consultar a hora no reloxo da Plazuela, agora cando o fai lémbrase da apatía e do desinterese do goberno local.
Por certo; quero felicitar aos impulsores e organizadores deste evento, o club local de baloncesto Río Ulla.

manolo o do bombo · 17-09-2012 a las 21:39

Sabariz buscate outro argumento ,a xente dime ,a xente chamame ,a xente non che da nin os vos dias ,anda xa….

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-09-2012 a las 00:01

Se es feliz pensando que ninguén se queixa por nada en Pontecesures, se es feliz pensando que os teus, os do goberno, están a facelo tan ben que non se escoita nin un chío, «manolo o do bombo», pues alá ti. De ilusións tamén se vive.

Princo · 18-09-2012 a las 15:43

jajajajaja pero que risa!!

Acaba de facerse un torneo incrible e moi ameno, onde todos o pasaron ben, houbo concursos, espectaculo…
E por culpa dunha persoa que non ten que facer, estase a falar aqui do reloxo que está parado..

Sabariz, non queiras emporcar tamén estas boas novas. Ninguén falou do reloxo, nin ten sentido mencionalo aqui

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-09-2012 a las 16:27

Pero , «Princo», repasa o primeiro comentario desta entrada e verás quen meteu aquí o tema do reloxo da Plazuela. Insístoche: sí falouse do reloxo no torneo e hai varios testemuñas, pregunta.

javahacks · 18-09-2012 a las 19:42

Pois saba, ten razon princo. Porq inda q nn falaras ti do tema, de bo gusto seguiches co tema. Ben podias dicir, » ese non é o tema agora, o importante nesta nova foi o torneo»

Pero claro, é pedir peras ao olmo. non perdes oportunidade de emporcar

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.