ENTREVISTA A LUIS ÁLVAREZ ANGUEIRA ALCALDE DE PONTECESURES (BNG)

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

«Para meter o saneamento non fai falla imaxinación, fan falla cartos»

Nun escenario negro, o rexedor di que a súa equipa fai ??o que pode?

As alianzas apartaron a Luis Álvarez Angueira (BNG) da alcaldía de Pontecesures no 2007, cando as vacas aínda estaban gordas e «crise» era unha palabra pouco usada.Foron as alianzas, tamén, as que lle devolveron o bastón de mando no 2011, coa economía xa nos ósos.

-¿Como atoparon o Concello?
– A sorpresa que tivemos foi que nos últimos meses a anterior equipa de goberno fixo unha serie de investimentos sen seguir ningún tipo de procedemento administrativo. e nós tivemos que levar ao lombo uns cento oitenta e tantos mil euros a maiores. Iso supuxo un problema, houbo que axustar moito ao ano seguinte… Afortunadamente fomos quen de superalo. Se a iso lle sumamos que os ingresos do Estado e da Xunta foron reducidos, chegamos a que cada vez estamos máis limitados. Aínda así, Pontecesures é un Concello que non está endebedado.

-Pero non se libra de ter que aplicar as tesouras… Ata na Festa da Lamprea.

– Home, recortes claro que se fixeron. Na Festa da lamprea aforráronse uns 20.000 euros, e aínda así foi un éxito. Pero é que hai certo tipo de eventos que, aínda que son importantes para O noso concello, ternos que facelos con menos cartas.A xente enténdeo, e incluso non entendería que, tal e como está o país, seguísemos a gastar igual.

-¿Por onde máis recortaron?

– O ano pasado fixemos un pequeno recorte nas entidades deportivas, e esperamos que este ano non sexa así. Entendemos que é fundamental que haxa actividade deportiva e cultural en Pontecesures, porque se está educando a unha xeración nos , bos hábitos e en cuestións saudables. Algún camiño pode esperar, pero outras cousas non.
Xa tivemos que facer algúns recortes en Servizos Sociais,marcados polos recortes que nos fixo a Xunta. E complicado, moi complicado porque axente acode ao Concello con auténtica desesperación. Quen antes tiña unha vida normal resulta que agora non ten nin para a máis básico. Temas un banco de alimenta s ao que recorren unas 39 familias. Facemos o que podemos, pero ese é un problema estrutural maior, que escapa do que pode facer un Concello.Nós o máximo que podemos facer é intentar que a xente que está ao límite non pase fame.

-¿Veñen por aí os momentos máis amargos que vivíu nestes últimos dous anos? .

-Ver a xente que ven todos os días ao Concello a pedir traballo… Iso si que é un mal trago. A xente pensa que o alcalde ten o poder absoluto; pero non é así, e ver que non podo facer nada… Para min é o trago máis duro. Lago hai outros, Gamo as causas que non encaixan nos orzamentos, as obras que quereriamos facer e non podemos… Outro trago que sería duro, moi duro, sería ter que tirar a casa de O Rial.

-Por ese asunto chegou a ter que pagar unha multa, ¿non?

-Si, caeume unha sanción, non entendo aínda moi ben por que, porque o tema viña de antes… Pero tiven que pagar unha multa de 1.200 euros do meu patrimonio, non valía que pagase o Concello. Está recorrida, pero… En calquera caso, o tema está resalto, polo menos provisionalmente. E é un alivio, porque a min non me gusta a idea de tirarlle a casa a ninguén, Tremería me a man, daríame dar de cabeza.

-Falemos do río, o saneamento segue a dar problemas…
-0 Concello tenía un problema moi grave. Cando se fixo a depuradora foi como poñer antes o carro que os bois. A medida que se van facendo obras se van facendo os separativos de pluviais e fecais. Pero hai unha porcentaxe do rural que sería moi complicado sanear: falamos de máis de dous millóns de euros para facer un saneamento integral. Supéranos completamente, precisamos que se involucre a Xunta. Estamos tendo reunións, veñen técnicos para ver os puntos conflitivos…Pero de momento todo segue igual.

-¿Sería este un tema prioritario ¿Cales serían os outros?

-A prioridade máxima sería que todo o mundo tivera traballo, porque onde hai riqueza, máis riqueza se xera, Pero iso… O saneamento é unha prioridade absoluta, porque hai moita xente que vive do río e do mar. Manter as actividades deportivas e culturais, mellorar accesos no rural. Tamén nos gustaría ter un centro social, pero sabemos que non é o momento. Temos moitas causas na cabeza, pero os problemas son sempre orzamentarios.

-¿Que pensa cando escoita iso de que hai que gobernar con imaxinación?
-Imaxinación sí, pero con cartos ao lado. Para meter o saneamento non fai falla imaxinación, fan falla cartos, máquinas e tubos…. Nesta crise paga o pringao. E na Administración, os pringaos son os Concellos.

«o pacto funciona ben, sen presións nin histerismos»

Angueira é alcalde grazas a un pacto a tres bandas: BNG, PSdeG e Terra Galega.

-¿Que tal funciona a alianza?
-Para min este mandato está a ser tranquilo. O pacto funciona ben, sen presións nin histerismos. Hai diferenzas, por suposto. pero debátense como debaten as causas os adultos. Todos temas claro que as circunstancias son as que son, e que facemos o que podemos.

¿Bota de menos a Luis Ángel Sabariz (concelleiro pola ACP que está aser o azoute do tripartito) no goberno?

-Eu non boto de menos a ninguén. O que noto é que na oposición hai xente que fai o seu traballo dunha maneira serena, correcta, saudable… Discrepante pero con respecto. E esa persoa é de todo menos respectuosa: tampouco quero centrarme nel, porque xa todo o mundo sabe da obsesión que ten coa miña persoa. Pero coa oposición. pódese falar… Eu falo con todos menos con el.

-¿Cesures é un pobo limpo?
-Temnos dous barrendeiros e dous operarios de obras que, se hai unha avaría, xa non se poden adicar a cortar herbas. Claro, que a situación é mellorable, agora ternos seis persoas contratadas pola Deputación. Pero dentro das posibilidades que temas; creo que o pobo está bastante decente.

-¿E que me di dos roubos?

-Cada vez que se produce un enviamos un escrito á Subdelegación do Gobemo pedindo máis vixiancia, e sempre nos contestan que temas os índices de criminalidade máis baixos da provincia. E pode que sexa así, pero roubos hainos, e iso asusta á xente. N ós.queremos que se tomen medidas preventivas, pero tamén sabemos.que a xente da Garda Civil son os que son e non poden estar en dous sitios á vez.

-¿Vai haber algunha sorpresa antes de que acabe o mandato?
.-Estamos intentando retomar un proxecto para facer unha senda peonil entre a ponte e a zona das Pesqueiras, Ía moi ben encarriIado pero o anterior goberno deixouno de lado. A ver que podemos facer aí., Polo demais… Intentaremos manter o que temos nas mellores condicións. Se as causas seguen así, grandes sorpresas .non vai haber. iE ogallá as houbera!

 

La Voz de Galicia, 28 de maio de 2013


7 comentarios

VLADIMIR · 31-05-2013 a las 15:17

Que o «Concello de Pontecesures» publicite neste medio esta entrevista é moi interesante e da moito que dicir. ¡¡ de pena !!.

O TRIPARTITO recurtou en todo menos en DEDICACI?NS EXCLUSIVAS, que o expliquen a cidadanía.

Boa tarde.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2013 a las 16:01

Pois nada novo baixo o sol. Vitimismo, resignación, pouca ilusión e adicándome a min os termos de histérico, irrespectuoso o obsesivo, máis ou menos, coma sempre.

VLADIMIR · 31-05-2013 a las 18:36

Por certo, cando a ROQUE ARAUJO ou a SOUTO CORDO os entrevisten, tamén se lles «publicitará» neste medio e por parte de CONCELLO DE PONTECESURES, non pode ser doutro xeito.

yop · 31-05-2013 a las 21:03

Moitos erros ortográficos vexo… triste

piris · 2-06-2013 a las 11:14

Grazas ao Concello puiden ler nesta páxina a entrevista que lle fan ao Sr. Alcalde; xa que por razóns de traballo estou estes días fóra de Galicia e me era moi difícil encontrar La Voz.
O que me resultou estraño (ou non, como diría Rajoy), sobre todo estes días nos que a algúns se lle enche a boca coa palabra ?TICA, é que tivese que ser o propio Concello o que colgara a entrevista para que a puidésemos ler os que estamos fóra de Cesures.
Xa sei que cada un é libre de reproducir as noticias que lle vingan en gana; pero se eu fose unha persoa que diariamente colgase noticias en pontecesures.net (cousa que non me apetece facer) tamén colgaría ésta, aínda que non me gustase o alí dixésese. E faríao por coherencia, por seriedade e tamén por ?TICA. Non fose a ser que os lectores pensasen que son un sectario, un censor pasado e tempo, ou un impresentable que considero que a noticia de que «Padrón e Santiago desexen ter máis colaboración» é máis importante que o que di o Alcalde do noso pobo.
Ata a volta á casa . Saúde.

Cara de cona · 2-06-2013 a las 17:49

Hai piris……o mais etico para un alcalde que e?……….que viva no pobo……non en Taragoña…….na noite do venres o sabado………houbo u coche con musica tremenda en San lois…….non deixou durmir a nin cristo….onde esta o alcalde ?……..no carallo….jo…jo…jo….

outro · 2-06-2013 a las 18:18

Piris, aquí hai para todos. O Concello trae as novas que lle convén e só as que lle convén, por exemplo ésta, e non pasa nada, dámolo por ben feito como parte do ¿xogo? político. Ninguén fala de ética, coherencia nin seriedade ¿Por qué non podería Sabariz ou calquera facer o mesmo? Evidentemente a Sabariz vaille dar unha alerxia só con ver o nome do alcalde, lóxico que non o poña aquí.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.