As Torres e Pontecesures gañan na apertura da Liga Galega Infantil.

Publicado por Redacción en

Os clubs do Baixo Ulla foron o pasado sábado os dominadores da primeira regata da Liga Galega Infantil, na que tamén competiron padexeiros da categoría alevín A. O Náutico Pontecesures iniciou a defensa do seu título masculino impoñéndose con 4.272 puntos, por diante do Ciudad de Pontevedra, con 2.496, e do Firrete, con 1.841. Na clasificación feminina houbo pleno do sur de Arousa, cas Torres-Romaría Vikinga rematando primeiro con 2.971 puntos, seguido do N. Pontecesures con 2.015 e completando o podio o Náutico O Muíño de Ribadumia con 1.962.

A nivel individual, houbo cinco vitorias arousás, e doce podios. Rodrigo Abalo (N. Pontecesures) gañou en Infantil A C-1 e o seu compañeiro de club Mario Santos en Alevín A K-1 Tamén venceron Lucía Da Costa (As Torres) en Muller Infantil A K-1, con Lúa Cubiella (O Muíño) terceira, Carme Devesa (Breogán) en Muller Infantil B K-1; e Avril Freire (Piragüismo Cambados) en Muller Alevín A K-1, con Laura Ríos (N. Pontecesures) segunda.

Aarón Giadás (Pontecesures) rematou segundo en Infantil B K-1, como o seu compañeiro Brais Sobrino en Infantil B C-1, proba con Pablo Sopkowsky (As Torres) terceiro. E en Muller Infantil B C-1, segundo posto para Valeria Oliveira (Breogán) e terceiro para Marta Pérez (Pontecesures).

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.