La XII Festa da Lamprea recupera las tradicionales ferias del automóvil

Publicado por Antonio Cortés en

coche-antigo.jpgLa decimosegunda Festa da Lamprea do Ulla tendrá como principal novedad con respecto a anteriores ediciones la celebración de una exposición de vehículos antiguos con la que el gobierno encabezado por Luis Álvarez Angueira pretende recuperar las tradicionales ferias del automóvil.

La concentración de coches tendrá lugar a partir del mediodía del 15 de abril en el centro del pueblo y el Concello pretende reunir aproximadamente a un centenar de vehículos que no sólo sirvan de «reclamo para que veña máis xente á festa», si no que será el punto de arranque de un proceso con el que el gobierno local quiere «recuperar as antigas feiras do automóvil que antano se celebraban nesta vila», explica el alcalde. Pontecesures fue el primer municipio de España en organizar una feria de este tipo en el año 1925, en la que se exponían automóviles de ocasión y también estaban abiertas a operaciones de compra y venta. En esta ocasión el evento estará centrado en la faceta expositiva, pero «co tempo tamén queremos recuperar intercambio de pezas e ventas de vehículos para volver a ser un punto de referencia» en este tipo de actividades, apunta Angueira.

Este será sólo uno de los atractivos del programa de la Festa de la Lamprea, que el 15 de abril arrancará a las 12 horas con un pasacalles con la charanga «Apeles» y animación a cargo de payasos, malabaristas, acróbatas o zancudos. Media hora más tarde está prevista la recepción de autoridades y a la una del mediodía se dará lectura en el Salón de Actos del Consistorio al pregón inaugural, de lo que se encargará Jorge Mira, físico y colaborador de los programas de la TVG «Cifras e Letras» y «Ciencianosa».

La degustación en la carpa situada en la zona del muelle comenzará a partir de las dos de la tarde. Varias cocineras prepararán en la plaza de abastos unas 300 lampreas ?que suponen entre 900 y 1.000 raciones? a la bordelesa, con arroz y picatostes. Su precio, doce euros, se mantiene inalterable con respecto a años anteriores. Álvarez Angueira indicó que están ya en contacto con la asociación de Valeiros para tratar de que todos los ejemplares sean capturados en el Ulla. Para los que no gusten de este plato la oferta se diversificará con churrasco o pulpo, pero el alcalde insiste en que «a lamprea, para saber se gusta ou non, hai que probala».

:: Diario de Arousa :: M. Angueira


A Festa da Lamprea incorpora unha feira de coches antigos


A Festa da Lamprea terá nesta edición moito máis que alicientes gastronómicos. O Concello segue coa aposta de aproveitar esta cita para achegar aos veciños unha oferta cultural e de ocio e este ano incorpora unha importante novidade. O domingo 15 de abril Pontecesures vai ser escenario dunha exposición de automóbiles antigos coa que se recupera unha vella tradición nesta vila. De feito, xa en 1925 tivo lugar a primeira feira de vehículos de ocasión, experiencia que se recuperou logo co paso do tempo en varias datas.

Pero a Festa da Lamprea da para moito máis. A programación empezará o 12 de abril coa presentación oficial da páxina web do Concello www.pontecesures.org así como dunha nova guía de Pontecesures.

O día seguinte será o da Animación para todos . A partir das sete da tarde, o centro social acollerá o espectáculo interactivo Flor de lúa , no que haberá incluso un xigante, e unha hora despois o Castelo dos sonos , con globoflexia e malabares. A festa trasladarase á Plazuela ás nove da noite onde terá lugar unha actuación de música e animación na rúa a cargo do grupo Os predicadores. Todas as actividades son de asistencia libre e gratuíta.

O día 14 estará dedicado ao audiovisual. No centro social, a partir das oito da tarde, poderanse ver dous documentais: Os mares doces de Galicia ofrecerá unha interesante visión sobre o hábitat e características dos peixes de río, especialmente da lamprea. Logo virá As Patizas , un documental que recolle a historia e as vivencias de cinco veciñas da zona como exemplo da actividade que desenrolaron moitas mulleres dos valeiros. Elas eran quen, coa patela na cabeza, ían vender a lamprea á Estrada e Santiago. No documental, elaborado por veciños do municipio que participaron o pasado ano nun obradoiro de curtametraxes, poderanse ver testemuñas e personaxes que lles resultarán moi próximos aos cesureños.

O domingo 15 de abril será a xornada do bo xantar e dos actos oficiais. O programa iníciase ás 12.30 horas na Casa do Concello coa recepción de autoridades e logo procederase á «lectura de apertura», unha nova acepción que substitúe a outra máis clásica como é a do pregón. O encargado de facelo será o físico e divulgador científico, coñecido polas súas aparicións na Televisión de Galicia, Jorge Mira. Ao rematar, empezará a soar a música de gaitas do grupo Xarandeira e da charanga Apeles e pallasos e acróbatas levarán o aire circense ás rúas do pobo.

A partir das dúas, a cita estará na carpa de degustación onde estará xa lista para servir a lamprea á bordelesa. O ración terá un prezo de 12 euros. A carpa estará situada no peirao e alí haberá tamén acuarios para ver a esta especie en vivo e en directo.

A programación da Festa da Lamprea foi presentada onte nun acto que contou cunha ampla participación do goberno municipal, presidido polo alcalde Manuel Luís Álvarez Angueira.

:: La Voz de Galicia :: B. Costa


11 comentarios

Martin T. · 4-04-2007 a las 15:27

A feira do automóvil xa a tiña que haber feito no seu 1º ano de goberno! non xusto antes dunhas eleccións! paréceme mal o detalle pero alégrome que se volva facer e espero que haxa continuidade!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-04-2007 a las 16:41

A pesar do titular non é unha feira do automóbil o que vai ter lugar o 15 de abril. E unha exposición de vehículos antigos como hai en moitos lugares (ás veces os mesmos coches van a diferentes municipios durante o ano). Poderemos apreciar os automóbiles estacionados e circulando.
Isto xa se fixo en 2000 no 75º aniversario do concello. Os coches, e algunha moto, estiveron estacionados en batería na mañá dun día festivo na rúa San Lois (aínda non se habían ancheado as beirarrúas) e ao mediodía os propietarios foron convidados polo noso concello a un xantar de confraternidade no desaparecido bar «O Caldeiro» da Tarroeira.

DANIEL SEIJAS · 5-04-2007 a las 03:48

Buenas.Ainda acabei fai un pouco o meu programa.Vin o titular do diario de arousa,e creo que non é correcto ese titular,porque a xornalista interpretou mal penso eu,a Feira do Automóbil de Ocasión e algo moi moi diferente do que o concello de Pontecesures vai facer,xa que é unha concentración de coches históricos no que pode haber xente compre e venda e nada máis.As feias do automobil era vehículos usados para uso normal ademais de ser unha exposición industrial de alto nivel.Mercedes xa sei que hai chamar a atención con titulares pero desta foichese un pouco a man co titular.
esto o di alguén sabe un «pouco» do tema.un saúdo.

DANIEL SEIJAS S.L. · 5-04-2007 a las 03:51

Olvidavaseme o próximo xoves 12 de abril no programa «palco de estrelas» (que presenta un veciño de Redondo)(sobre as 21.30 h en principio) de Radio Valga 107.4 estará o noso alcalde Luis Álvarez Angueira para falar da festa da lamprea.

comendador · 7-04-2007 a las 17:25

y que hace angueira en una emisora de otro ayuntamiento?

Jose · 7-04-2007 a las 23:24

FALAR, e si o que non entendes e o de «outro ayuntamiento» é por que na deste sería un pouco dificil.

bilitra · 8-04-2007 a las 10:23

SI VAI FALAR, na radio dun Concello do PARTIDO POPULAR

Jose · 8-04-2007 a las 20:35

Cousa que honra tanto o Partido Popular, coma a ese outro concello, coma a o BNG.

bilitra: · 8-04-2007 a las 21:21

Efectivamente «Jose» ben entendido e mellor exposto, isto chámase convivencia, nun ambiente de entendemento, intercambio e prestación de recursos, sen resentementos históricos e malentendidos que levan a ningures; o dito, convivencia a moi alto nivel, ¡por practicar que non sexa!.

alferez · 10-04-2007 a las 19:34

ahora en radio valga que van a traer a angueira podian hacer como con el programa de maneiro,abrir las lineas de telefono en directo y que sabariz le llame la atención al alcalde de cesures por la radio.no estaria mal

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-04-2007 a las 20:28

Non home non, «alferez». Eu as preguntas ao Sr. Alcalde fágollas no pleno, aínda que moitas non as resposta e noutras non aclara o que se plantexa. De tódolos xeitos o programa de Radio Valga é relativo á XII Festa da Lamprea e penso que non se van tratar outros temas nin haberá liñas abertas.
Onde sí haberá debate entre os candidatos/as para as eleccións de maio é en TV Salnés. O debate de Pontecesures é o día 20 de abril. Todos atentos.

Responder a bilitra Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.