HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

SENIOR ZONAL: Domingo ás 12 h. en Pontevedra contra o Liceo Casino de Pontevedra.

CADETE MASCULINO: Sabado as 12 h. en Pontevedra, contra o C.B.Pontevedra.

INFANTIL FEMENINO: Sábado as 10.30 h. en Baño – Valga, contra o Meco de O Grove.

INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12.30 h. en Baño – Valga, contra A Estrada.

ALEVIN FEMENINO: Sabado as 17.30 h. contra O Meco, no campo de O Grove.

ALEVIN MASCULINO:  Sabado as 18.30 h. contra O Meco, no campo de O Grove.

 100_8055-web.JPG

 Equipo alevin femenino 2007-08

Nesta fin de semana xa temos a 6 equipos competindo. Falta por iniciar a competición o equipo dos pequeniños, o Benxamín Mixto, que o fará na vindeira semana probablemente. Así o total de xogadores/as do club nesta temporada, arredor de 70, estarán competindo nas súas categorias.

 


2 comentarios

O Rei · 23-11-2007 a las 11:31

Domingo ás 12:00!!! Fruqui, o sábado pola noite vas ter que vixiar moi de preto a algún dos do equipo sénior, para que cheguen á hora e en condicións a Pontevedra. Fala con Canducho que ó mellor bótache unha man e pecha 😉

fru · 25-11-2007 a las 21:35

Resultados da fin de semana:

Senior Liceo de Pontevedra 42 – Extrugasa Rio Ulla 62.
Tranqui «o Rei», o equipo está «concentrado» e con gañas de facer algo este ano. Ademais Peñaño non ten elementos «distractores» que o levan á Pia, polo que se coida e non aparece con tufillo a licor-café…
Logo do partido oubo 3º tempo no Choco: empanada de zamburiñas e xamon asado con patacas. O licor café no postre 😉

Cadete: CB. Pontevedra 90 – Extrugasa 36
Pouco puderon facer os nosos rapaces ante un equipo mais alto e con mais rodaxe.

Infantil Masculino: Extrugasa 44 – Estrada 54.
Casi remontan un partido que ian perdendo 18 – 43.

Infantil femenino: Extrugasa 23 – Meco de O Grove 60
As nenas pagaron a inexperiencia de xogar o seu primeiro partido oficial.

Alevin MAsculino: O Meco Grove 69 – Extrugasa 87
Seguen invictos (3 victorias) os rapaces alevíns nun partidazo ante o Meco, outro equipo dos importantes. Ademais esta vez cun marcador alto e dando espectáculo.

Alevin femenino: Meco Grove 24 – Extrugasa 34.
Bo partido o das nenas que remontaron un marcador inicial de 12 – 2.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.