Comeza a repartirse o programa de man da Festa da Lamprea e da Feira do Automóbil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

SABADO, 4 DE ABRIL.

10:00 horas. Apertura da V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión nesta xornada.
Contarase cunha Unidade Móbil da ITV, para que os vehículos de máis de 25 anos pasen a revisión de balde, cun horario de 10 a 14 e de 15 a 19 horas.
11:00 horas. Concentración de Motos Antigas, previa inscrición ata o venres ás 14 horas na web www. eventosmotor.com.
12:00 horas. Pasarrúas e actuación a cargo do grupo Algueirada de Pontecesures.
17:45 horas. Acto inaugural de V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión.
18:00 horas. Concurso de empanadas de lamprea.
Entre ás 18:00 e as 18:30, horas recepción das empanadas participantes no concurso na carpa da zona portuaria. Cada concursante entregara un sobre pechado coa empanada onde figuren os datos persoais do concursante, entregándollese un número.
Entre ás 18:30 e as 19:00 horas, serán valoradas as empanadas polo xurado integrado polos recoñecidos chef galegos, D. Francisco Vilas (Casa Vilas, Santiago), D. José Antonio Rivera (Chef Rivera, Padrón), D José Luis Baleirón (Olivo, Pontecesures) e o pregoeiro D. Fernando Cobo Gradín, para adxudicar os premios do concurso. 1º premio, 300 euros; 2º, 200 euros,; 3º, 100 euros.
De 19 a 22 horas, despacho de pinchos de empanada de lamprea e de lamprea á bordelesa, ao prezo de 2,50 euros (inclúe bebida)
22:00 horas. Peche da xornada do sábado da Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión
Toda a tarde estará amenizando os actos a charanga Santiaguiño de Padrón.

DOMINGO, 5 DE ABRIL.

10:00 horas. Apertura da 2ª xornada da Feira do Automóbil.
11:00 horas. Concentración de coches antigos, previa inscrición ata o venras ás 14 hora na web www.eventosdel motor.com.
12:00 horas. Recepción das autoridades na Casa do Concello.
12:30 horas. Ofrenda floral no Monumento ás Feiras do Automóbil Antigo e de Ocasión da rúa San Lois.
12:45 horas. Visita das autoridades á Feira do Automóbil.
13:30 horas. Pregón da Festa da Lamprea a cargo do biólogo e profesor da USC, D. Fernando Cobo Gradín.
Durante todos estes actos da mañá, contarase coa actuación do grupo Xarandeira de Pontecesures.
14:00 horas. Festa Gastronómica da Lamprea, tanto para o público en xeral como para as autoridades, na carpa situada no peirao.
A charanga Santiaguiño de Padrón amenizará a festa.
Ao longo do día contarase cunha exhibición de karts e haberá un acuario de lampreas vivas.
20:00 horas. clausura da V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión.


3 comentarios

proteston · 3-04-2009 a las 16:22

Vengo del muelle de dar un paseo como es costumbre mía todos lo fines de semana que vengó.Y cuál es mi sorpresa que por lo que ya esta colocado se le llama feria del automovíl a cualquier cosa.Ya que lo que esta allí ahora mismo es una compra venta de coches de 2ª mano.Y en esto se gastan los cuartos en que vengan 4 empresas a hacer el fin de semana a cuanto de todos.Que VERGUENZA.Da pena lo que allí esta montado.Coches de 2ª mano Km 0 y todo así.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2009 a las 18:34

Pois non é sorpresa algunha, «proteston».´� a feira do automóbil antigo e de ocasión. Claro que hai moitos coches de ocasión é esperemos que haxa moita xente na vila está fin de semana. Ogallá haxa vendas e interese por todo tipo de vehículos Sempre digo que hai que esperar ao remate para dar impresións.

pedro da cachopa · 6-04-2009 a las 13:58

y dijo yo,home yo non son tan estudiado e preparado coma as personas humanas que moran felismente no sentro da villa de san lois,tan coidadiños por el untamiento que lles pasa a escoba todos los días y fiestas de juardarse en casa sen faser nadita,y así teñen la asera limpita.pero o caso es muy chamativo y curioso,yo que no tenjo tempo para pasear,salvo para ir los dominjos,cuando se puede,ir a la ijlesia a escuchar o noso señor Arturo.dase la coincidencia que el señor Proteston que aquí ase sinatura,nos comenta aljo tremendo,y yo no lojro entender,porque son máis corto cas manjas dun chaleco,pero Proteston debe ir más allá de los sueños e de las expresiones humanas das nosas palabras españolas jallejas.Señor Proteston usté dise,que fué de caminar polo muelle,e que fói a camiñar fasendo ejersisio para la sirculación sanjiniea,para ver a Feira da Ocasión dos coches,y está que bota chispas,porque lo unico que veu antes seus ollos,que habia cochitos usados que estaban vendendo.Eu non sei coma está o mundo,pero o mucho cambio el lenguaje jallejo dende en jalisia estivo jodernando os señores bloqueiros que inventaron palabras novas do portujés (por eso que habia tantos vendendo na feira) que en jallejo a palabra ocasión,ten outro siginicado,que non sexa o de «oportunidá» de comprar un coche mas barato porque está usado.Señor Proteston,dende os tempos de Pepe Novo,Don Victor,Don Salvador e outras jrandes fijuras irrepetibles de San Lois,a Feira do automobil de Ocasión,sempre foi unha feira para vender cochiños USADOS.polo que nu se o que Proteston penso ver en el muelle,a lo mejor coches novos,sin extrenar por humanos,naves espasiales o ultimo jrito de coches como fan na feira importante da que me falou meu cuñado que traballa e lle pajan as horas estras do conosido militar américano o General Motor,que dixo que en detroit onde el vive emijrado e casado en terceras nupcias cunha dominicana moi juapa,fan unha exposision de coches que non se poden vender aínda,que tardan en vir para españa sinco anos.Pois señor Proteston,unha cousa e que non lle justara a Feira ou que era unha cunichada,pero outra cousa é que usté ten coller un disionario ou ir a unha jestoria ou asesoria e lle asesoren en Lenjuaje de palabras y sus significados verdaderos e importantes.en definitiva,que si usté vai a unha feira na que anunsian que venden helicopteros non vaia coa intension nin faja un larjo viaje para de ver e comprar xuvencas do país.polo tanto vai o untamiento e informase dos moitos cursos que fan na xunta e na diputación (sobre todo na diputasion fan cursos de electrisida e de tipos de enjanches e conexions que presimamente na practica nada teñen que coa eletrisidá,ahi xa che dijo que o lenjuaje non é exacto que se pensa)para sacar o jraduado e para aprender a ler.desexoche mucha sorte neses cursos para iscribir con diligencia,yo tinia que ir tamben pero son vejo e non teño tempo que a vida está moi ruin e hai traballar coma un desjrasiado.

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.