• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Concello / ADXUDICACION DE OBRAS NO CAMIÑO Á PAXAREIRA, NO CAMIÑO DE INFESTA, E NA ZONA PORTUARIA

ADXUDICACION DE OBRAS NO CAMIÑO Á PAXAREIRA, NO CAMIÑO DE INFESTA, E NA ZONA PORTUARIA

19-12-2018 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

A Xunta de Goberno Local do venres 14 de decembro de 2018 aprobou a adxudicacion das seguintes obras:
1. Reurbanización dun tramo do Camiño Paxareira.
Esta obra consiste na demolición do pavimento actual de formigón, na renovación do saneamento (seguindo a pólitica deste equipo de goberno de separar as liñas de fecais das pluviais) e na renovación da liña de abastecemento de auga. Así mesmo o novo pavimento será de aglomerado asfáltico.
Está obra foi adxudicada á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa SL por un importe de 65.700,12€ (IVE incluído) financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
2. Reurbanización dun tramo do Camiño de Infesta
Esta obra consiste na renovación tanto dos pavimentos como das instalación municipais de saneamento e abastecemento de auga, así como o acondicionamento de dúas pequenas zonas de estancia relacionadas co uso tanto por parte dos residentes na zona, como dos peregrinos que transitan por este camiño, que forma parte do Camiño de Santiago (Camiño Portugués).
Esta obra foi adxudicada á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales SL por un importe de 70.495,60€ (IVE incluído) financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
3. Recuperación do Espazo Público de Pontecesures cara á Ría
O Concello de Pontecesures ten programado acometer obras de reurbanización, con construción dun parque infantil, para a recuperación do espazo público existente na Travesía dos peiraos, Caleixón ao mercado, Travesía Mercado e zona verde na Avda. Eugenio Escudeiro.
O Concello de Pontecesures pretende poñer en valor un importante espazo público existente que se atopa claramente infrautilizado pola cidadanía, permitindo con iso non só a dinamización social, económica, cultural, deportiva e de lecer na zona de actuación, senón tamén e á súa vez propiciando unha recuperación progresiva da relación entre o centro da vila e o peirao.
Non cabe dúbida de que a posta en valor, a través da transformación programada, do espazo público obxecto de intervención alcanzaría tamén a todo o conxunto edificado no porto de Pontecesures, na medida en que coas obras proxectadas, que inclúen a construción dun parque infantil (dividido en dúas áreas de xogos), como complemento á activación do mercado municipal, promoverá a chegada interxeneracional dunha importante parte da cidadanía á zona, o que a recado podería estimular a aparición de actividades de restauración e/ou lecer na zona, propiciando unha progresiva secuencia de actividades deportivas, económicas, sociais e culturais que permitan articular unha continuidade funcional do devandito espazo ao longo do tempo
Polo tanto, coa actuación programada xeraríase a suficiente capacidade de atracción para iniciar un cambio de mentalidade no uso do espazo público, capaz de reforzar a presenza continuada dos veciños e facer que, décadas despois, o porto de Pontecesures deixe de ser unha reserva de chan para aparcadoiro e volva ser o lugar de encontro e o centro de actividade de moitos dos seus cidadáns.
Esta obra foi adxudicada á empresa Nexia Infraestructuras SL por un importe de 359.198,43€ (IVE incluído) dos que 287.358,74€ son financiados a través do Convenio subscrito no marco do “Programa de mellora do reequilibrio territorial dos servizos, concello de menos de 20.000 habitantes” da Deputación de Pontevedra e 71.839,69€ son financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
 
(Fotos do estado actual das zonas onde se van a realizar estas obras).

Archivado en:Concello Etiquetado con:Camiño Portugués, Concello, infantil, Infesta, obras, parque, peregrinos, Pontecesures, Pontevedra, Porto, santiago, xunta

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Falleció Julio Rodríguez Sóñora
  • Lamprea: el vampiro vampirizado,
  • Tiempo de lamprea con Miguel Piñeiro.
  • DATOS COVID PUBLICADOS HOXE VENRES 26-02
  • BANDO PROXIMAS CONTRATACIÓNS DE PERSOAL

Comentarios recientes

  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

fin de semana festa Historia psoe Concello faro de vigo n-550 sábado Angueira fiesta correo gallego Porto obras valga padrón Pontevedra Vigo Diario de Arousa santiago a ponte río ulla Pontecesures pp Maneiro Campaña la voz de galicia BNG Ulla sabariz concurso plaza lamprea iglesia ACP tripartito sar protección civil pleno Catoira xunta Caldas Vilagarcía fútbol curso tren

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños