Esta maña foi inaugurada a remodelación do Campo «Ramón Diéguez».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

imagen-002-web.JPG imagen-004-web.JPG

Asistiron ó acto, que comezou ás 11:15 horas, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, O Vicepresidente, José J. Durán e o Deputado de Deportes. Por parte do Concello estivo presente á alcaldesa, o goberno local, e tamén á oposición cos cinco representantes do BNG.
Tamén estiveron presentes o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá, o alcalde de Valga, Bello Maneiro a presidenta do Pontecesures C.F., Conchi Gómez Figueira e representantes en Santiago da Federación Galega de Fútbol.
Hai que salientar en que ademáis da instalación de herba artificial no terreo, colocáronse cadeiras na tribuna, acondicionouse todo o muro perimetral con substitución da vella rede en varias zonas, arranxáronse os vestiarios, colocouse un marcador e pavimentáronse as zonas próximas ó campo de xogo. Así a impresión era de que estabamos diante dunha instalación practicamente nova.

imagen-041-web.JPG
No acto foi descuberta unha placa conmemorativa situada nas proximidades dos vestiarios e no centro do campo houbo intervencións da alcaldesa, Maribel Castro e do presidente provincial. Deportistas, pais/nais, directivos e público en xeral mostraron a súa satisfacción por contar en Pontecesures con estas modernas instalacións para fomentar a práctica deportiva.

imagen-053-web.JPG
A institución provincial entregou ó remate do acto, bolsas de deportes cun balón a tódolos xogadores do Pontecesures C.F. e do Joyería Riveiro de fútbol veterano. Os deportistas estaban no propio terreo de xogo e foron recibindo un a un estes agasallos.

imagen-069-web.JPG


18 comentarios

checha · 6-09-2008 a las 21:16

Vou poñer un pero o desta mañan.Pareceme moi ben que se queira dar a entender os ollos de Louzan que neste pobo practicase moito futbol.Pero a mitade dos rapaces que hoxe estaban no campo non xogan no Pontecesures.Senon que toda esta semana vos dedicachedes a buscar nenos polo pobo adiante para que hoxe o SR Louzan pensara que xogan mais de 100 rapaces o futbol.
Si algo me fastidia e me molesta e usar os nenos para cousas politicas.E hoxe pareceume unha forma de utilizalos.
Ainda que eles dende a sua inocencia non se deran de conta e foran moi contentos para a casa co seu bolso e o seu balón.
Creo que o futbol neste concello non pasa polo seu mellor momento ainda que eu desexo que mellore.Pero tamen penso que non fai falta enganar a ninguen.

checha · 6-09-2008 a las 21:19

Outra cousa despois falas que os do BNG non imos oe plenos e esas cousas.Hoxe inagurouse un campo de futbol,este concello ten un concelleiro de deportes e tamen foi o dia da bicicleta.Xa vexo eu a presencia que fai este concelleiro nos actos da sua concellalia.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-09-2008 a las 00:21

Segundo as miñas informacións, había xoves vinculados ó club local que ou ben participaron en adestramentos no verán, ou ben van comezara a tempada nos equipos do Pontecesures C.F. Non hai que esaxerar, «checha», nin tampouco ir de augafestas. Todo estivo ben e non sei a que ven falar de utilización política dos rapaces. Co teu comentario, e coa túa actitude de sorriso no acto, amosas cabreo. E tes que ter en conta que a instalacións qudou impecable en beneficio de todo o pobo cesureño. Os políticos estamos de paso pero o campo queda aí como mellora para Pontecesures.
Se ti estás preocupada polo marcha do fútbol local, o que tes que facer é colaborar, preguntar os datos de practicantes á actual directiva do club, ofrecer apoios, buscar axudas, etc.. Reitero, de augafestas estamos fartos.
A min pareceume ben que o BNG estivese presente. Pero lembra que os seus compoñentes foron convidados polo goberno local. Iso co Sr. Álvarez Angueira non pasaba, e ti eres consciente de iso.
o concelleiro de deportes, Quintá Barros, cando non foi sería porque tería ocupacións. Descoñezo a causa. Tampouco ten adicación exclusiva. De tódolos xeitos, quen fora ou non, é o de menos. O campo de fútbol remodelado está aí, e punto,

estudiante · 7-09-2008 a las 07:45

En representación do rapz xa estaba o pai Checha, que máis queres, e tamén me pareceu ver na foto o tal alfonso, paréceche pouco.
Que máis da ser concejal de deportes, eso non vale pa nada, ó rapas puxéronlle este carjiño pra que o pai estuvera máis contento e vaia soltando «pasta».
Dixeronme que quen non pintaba nada alí era o Sabariz, ese seica estaba fora de xojo.
Bueno seica practica nas porterías que Randulfe colocu pra xojar os rapaces na de Canducho o da Pía.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-09-2008 a las 10:31

Por moita ironía, «estudiante», o certo é que aínda que eu estivera en fora de xogo, temos un marabilloso campo de fútbol. O resto agora son anécdotas máis ou menos simpáticas, pero intranscendentes.

estudiante · 7-09-2008 a las 11:33

Por suposto que o importante é que se acadara o logro polo que se leva pelexando estos últimos anos, por uns e outros, e finalmente chegou, xa era hora. Nas fotos vese un traballo ben feito e eu alégrome e me da igjual que fose a diputación de Pontevedra, A xunta de Jalicia ou quen fora.
Ajora ben, cando me dixeron que ti estabas alí fóra de xojo eu escaralleime á risa e non tuven máis remedio que poñelo aquí, porque inda que parece simpático e o é, e irónico, e o é, pois tamén sejuro que é certo.
Xa sei que é intrascendente que ti estés fora de xojo (últimamente parece que che deixan bastante) porque si o Randulfe lle anduvo abrindo o campo a todo jato e ti non llo abriches a ninjén, eu a eso tamén le chamo fóra de xojo sin estar no campo de fútbol.
Veña que non che quero amarjar o domingo.
Para Checha: que queres se non tiñan deportistas tiñan que buscalos naljún sitio para que o acto lucira un pouco senón… Seica que o Yelis do náutico está que trina pois a tres do PSOE das locais, (ajora non sei onde está)a presidenta do fútbol anda a quitarlle rapaces ó náutico para que lle vaian para fútbol. Uns a roubarlle os rapaces ós outros, pero ó millor non é así e solo foi para que estuveran o sábado no campo recibindo a Louzán e solo llos colleu emprestados.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-09-2008 a las 11:46

¿Por que ía estar amargado eu?. Estou contento polo ben que quedou a instalación e pola satisfacción que tiñan os rapaces e a directiva do club de fútbol. ¿Que o Sr. Randulfe mostroulle o campo ós veciños de Pontecesures estes días?. Pois paréceme moi ben.
O de buscar falsas polémicas e quen estaba diante ou detrás é o de menos. O campo está aí e hai que cualificalo como un importante éxito para todos.

estudiante · 7-09-2008 a las 13:20

OK makei, si ti estás contento así millor pa ti.
XA vexo que non te amarjas. E lojo o logro da herba é de Randulf ou é do conxunto do joberno, porque parece que é de Randulf e con Maribel polo medio. Ti non contas nesto para o pobo ou esa ´çe a imaxe que das, e se inda así estás contento, pois millor pa ti.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-09-2008 a las 13:48

Alégrome moito de que ti esteas tamén contento «estudiante». ¿Opinas que non represento nada no goberno?. Iso é o de menos. Reitero que o importante é a nova instalación, o deporte cesureño e que se fagan cousas para todos.

manolo o do bombo · 7-09-2008 a las 14:37

bueno sabariz dislle a estudiante que e o de menos que non representas nada no goberno,entonces preguntome ¿Os teos socios teñente como un trapo de usar e tirar? non che queda un pouco de dignidade,e respecto o campo eu non vin pero sigo dicindo que e unha pasta,e agora o mantenemento .Haber si mo enseña o Randulfe ja.ja.ja

sobreiras · 7-09-2008 a las 17:19

Estades que non hai quen vos aguante, moito tuvechedes que roer onte para facer estes comentarios tan zafios. Checha, claro que na práctica do fútbol hai moitísimos nenos e unha nena : hai federados penso que dous equipos benxamíns, (A e B) un alevín, un infantil, un de cadetes, un de fútbol sala e o de veteranos Xoiería Riveiro, sen contar os nenos que fan fútbol no pabillón todos os luns dentro das actividades do Concello e co mesmo entrenador Marcos. Non se necesitou facer utilización política dos nenos para nada. O que pasa e que tes moi mala leche. De todos modos si queres máis información deberías falar coa Presidenta do clube. En canto a Estudiante, penso que te pasas moito co Concelleiro Sr. Sabariz. El nunca está fora de xogo, fora de xogo estáras tí, que eres bastante mal educado. Para conquerir o campo de fútbol necesitáronse os votos de todo o equipo de goberno, Sabariz e Alfonso incluídos, sen o seu voto a obra non sería posible. (Non recordo moi ben, pero penso que a oposición tamén votou a favor). Si o Sr. Randulfe estaba máis no campo sería porque a Concejalía de Deportes e do PP, e a obra concedeuna a Deputación tamén con maioría do PP e Presidida polo PP (O Sr. Louzán). ¿Enténdelo, Estudiante ou terei que explicarcho outra vez?. Mira que eres ruín, en lugar de estar contento e celebrar este gran logro, só te dedicas a insultar a Sabariz. Incluso che diría máis : penso que o teu fillo tamén está federado no clube de fútbol : Pontecesures Fútbol Club.»E de ben nacidos ser agradecidos».

manolo o do bombo · 7-09-2008 a las 17:42

Bueno sobreiras,e logo onte deron churrasco no campo de fubol,si o llego a saber voo ,os do bng estan ven tranquilos eso ti que entras envenenado,einda esperamos a alguien mais coma ti que supoño que estaria onte por ali

estudiante · 7-09-2008 a las 19:50

Non entendo porque me chamas mal educado, simplememte porque expreso unha opinión personal na que nin insulto nin lle falto ao respecto a ninjén, nin siquera a ti SOBREIRAS. Si fajo un comentario irónico son mal educado e ruin.
Por outra parte o campo de fútbol non é teu por moito que seas do PP, non é patrimonio nin do PP nin do Bloque nin de ninjén en exclusiva, en todo caso é de todos os veciños, por moito que o presidente da Deputación sea do PP, pois non é o PP nin Louzán os que poñen eses 300.000 euros senón a diputación Provincial con cargo a cartos de todos, así como non é a concejalía de deportes do PP a que pon máis de 90.000 euros, senón que os pon a axuntamento que non eres ti, somos todos os veciños, polo tanto non patrimonialices unha inversión de 2 administracións para esa obra porque as administracións non son partidos políticos.
Vexo que doe e moito calquera opinión que non corra polo río do actual goberno de Pontecesures, pois que lle imos facer.
Eu repito SI estou contento co arranxo do campo e ca herba artificial, pero eso non quita que non poida expresar que a o meu entender Sabariz quedara fora de xojo neste e noutros asuntos, e ti velo defendendo chamándome maleducado e ruin por eso e porque manifesto que ti o deixas fora de xojo e usas o campo de futbol como algo propio teu.
Equivocado, moi equivocado SOBREIRAS. De todas formas está moi ben esto de primeiro poñelo en orsei e lojo defendelo aquí.

sol · 7-09-2008 a las 20:40

Non quero entrar con cuestións políticas e demáis; como nai dun neno deportista penso que o importante son os nenos, que neste caso e con motivo da inauguración do campo, non considero sexan a estar utilizados polo clube, posto que comezan dende moi pequenos, de feito me sorprendeu a cantitade de benxamins. Se como comentan fose en declive,non habería tantos equipos competindo pois fai falla un gran número de nenos, que voluntariamente queren xogar sen necesidade de ter que ir buscándoos. Dar a enhoraboa por volver a crear o equipo de Catedes. Simplemente felicitar polo gran traballo e voluntade que pollen tanto a parte directiva, destacando a labor da presidenta como o traballo que realiza dende fai anos(incuestionable) Pichi con todos eles. Alegrarnos porque as instalacións melloren e deixarse de tanto critiqueo é o tiñamos que facer, colaboremos todos para que siga progresando o deporte.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-09-2008 a las 20:42

Para nada me sinto utilizado por ninguén. Hai que tratar de conquerir máis melloras para este pobo.
Resulta cando menos curioso o tratamento que me dades. Non paso desapercibido, non. Se estou á fronte dise: «Sabariz é un protagonista, métese en todo, quere saír sempre no periódico, etc..». Se non estou á fronte, dise: «Non pinta nada, utilízanno, téñenno coma un trapo, etc..». ¿En que quedamos?.

Tuso · 8-09-2008 a las 14:50

Checha dixo mais arriba:

«Outra cousa despois falas que os do BNG non imos oe plenos e esas cousas.Hoxe inagurouse un campo de futbol,este concello ten un concelleiro de deportes e tamen foi o dia da bicicleta.Xa vexo eu a presencia que fai este concelleiro nos actos da sua concellalia.»

Non creo que sexa nin comparable o tema. O concelleiro non estivo, pero da a impresión de que deixou os deberes feitos e polas fotos vese que tiña compañeiros representándoo.

Sobre o do pleno (e esta vez es ti a que sacas o pasado), ninguén representou ao BNG e por tanto aos seus votantes, e os temas que tíñades para tratar siguen esperando.

Resumindo no primeiro caso non vexo perxuicio, e no segundo si que pode habelo.

Tiroliro II · 11-09-2008 a las 19:38

Sobre o campo agora o bloque que vai decir?, acabouse o discurso de que o goberno de agora solo fai o que deixaron eles xestionado, pois do campo o BNG o que fixo e prometer e deixar unha rede toda vella e de pena contra as casas de protección oficial.
vin unha foto de angueira con cara de can e con chiva, patética a presentación, e ademáis dixerome que mascaba chicle, ou mellor a mala ostia, esto doe amiguiños e os votos xa van bastante a menos para os do bloque.

Becquer II · 11-09-2008 a las 20:21

Feliz está Rafael
también la Diputación
todos tienen ilusión
lo dice hasta Maribel.

Angueira lució perilla
Ceci moderno peinado
veo al Bloque preocupado
el campo ¡de maravilla!

La alcaldesa un poco tosca
en esta inauguración
quiere el centro de atención
lo dijo Conchi «La Mosca».

Responder a estudiante Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.