BALONCESTO: HORARIOS DESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

SENIOR ZONAL: Sábado ás 20 h. en Pontecesures, contra o Pescados Anita de Vilanova.

Partido entre os 2 pechacancelas da taboa, o Extrugasa  Rio Ulla (9º) recibe ó Vilanova (10º) nun partido vital. Se gañan os locais poden escapar momentaneamente dos postos de descenso. Se perden quedarían derradeiros con unha soa victoria. Un dos partidos que hai que gañar coma sexa…

CADETE MASCULINO: Sábado ás 16 h. en Vilagarcia, contra o Liceo Casino.

partido que debe ser unha victoria fácil para os cesureños, pois na casa foran quen de derrotar ós vilagarciáns por case 50 puntos.

INFANTIL MASCULINO: Sábado ás 12 en Pontecesures, contra o Xuven de Cambados.

Inicianse os cruces entrte os equipos dos 2 grupos  da competición infantil, e o Extrugasa, 4º do seu, vai telo dificil ante un Cambados que quedou 1º do outro grupo.

INFANTIL FEMENINO: Sábado ás 16.45 en Pontecesures, contra o Liceo de Vilagarcía.

Partido moi igualado nun principio, e con gañas de revancha, pois en Vilagarcía perderan as nosas pola mínima nun partido que ian domiñando. Importante acadar unha victoria e gañarlle a diferencia de puntos.

ALEVIN: Aprazado. Disputarase no Nadal, nun Torneo que imos montar nesas datas.

Por outra banda, ate 6 integrantes dos equipos inferiores teñen adestramentos este domingo pola tarde cas suas respectivas seleccions. O traballo de Antonio Pedrido vai dando frutos e así temos que:

Sergio Martinez e Antia Sanmarco van convocados cas seleccións alevins masculina e femininina , respectivamente.

Logo as nenas nadas no 96, Eva Gerpe, Raquel Diz, Sandra Hernaiz, e Lara  Alvarez adestrarán ca seleccion infantil feminina.

Todas estas seleccións xogaran na primaveira próxima o campionato galego de seleccións zonais, e esperamos contar con varios integrantes do club nas mesmas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.