Os socialistas cesureños suxiren actuacións respecto ao novo Plan-E-E

Publicado por socialistas de pontecesures en

O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero ven de crear o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local ??tamén chamado Plan E 2010?? que ascende a 5.000 millóns  de euros repartidos en función da poboación de cada concello.
Ao concello de Pontecesures correspóndenlle un total de 336.863 euros, dos que ata un 20% (67.508 euros), poden dedicarse a gasto social.
Este novo Fondo financiará inversións de execución inmediata por parte das corporacións locais, prioritariamente proxectos de desenvolvemento sostible nas súas vertentes ambiental e de apoio á innovación económica e social. Nas tres áreas no concello de Pontecesures hai moito que facer. Os socialistas de Pontecesures queremos suxerirlle ao goberno local algunhas actuacións.
Por exemplo, apostamos pola creación dun viveiro de empresas, unha estrutura pensada para facilitar a posta en marcha de iniciativas empresariais nos seus primeiros anos de vida, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, e que facilita a formación e o asesoramento. Así este Fondo podería, por exemplo, auspiciar unha empresa que reunira ás participantes en cursos de atención a persoas dependentes.
Relacionado co anterior, poderíanse crear programas para a atención a persoas en situación de dependencia, así como cursos de autoestima para mulleres coidadoras de persoas con enfermidades mentais, demencia senil, Alzheimer, etc.
Neste punto queremos facer fincapé na urxente necesidade que ten Pontecesures dun espazo de servizos múltiples, que podería ser a sede do viveiro de empresas, aula para curso e programas ou sede de calquera asociación da vila que precisara dun local. Quizás as vellas vivendas dos mestres foran un lugar axeitado para este cometido, en lugar dun albergue para peregrinos, que pouco emprego procurará para Pontecesures e moi pouca utilidade terá para os nosos veciños.
Os socialistas de Pontecesures tamén cremos que é urxente a modernización da administración municipal mediante o establecemento de procesos de xestión documental, e dixitalización que permitan unha actuación máis eficiente de cara á cidadanía e a realización de trámites a través da páxina web do concello.
Na procura do aforro e a eficiencia enerxética en Pontecesures, consideramos que se debía estender o emprego de placas solares a outros equipamentos municipais distintos o contemplado no obradoiro de emprego ??Pontecesures II?: campo de fútbol, club náutico, Casa do Concello?
Para o aproveitamento dos recursos hídricos fanse necesarias moitas obras de saneamento e depuración de augas residuais en diversas zonas do concello como no Monte de Porto, na zona das vivendas sociais, Redondo e outros puntos afastados da rede central. Somos conscientes da importancia de accións como éstas, sobre todo cando tantos veciños viven por e para o río e da importancia económica, social, turística e ata gastronómica que o Ulla ten para o noso pobo.
Cómpre levar a cabo iniciativas como a creación dun parque biosaudable ou a supresión das numerosas barreiras arquitectónicas que quedan no pobo. Na mesma liña consideramos importante mellorar a seguridade viaria nalgunhas rúas mediante a colocación de badenes redutores de velocidade ou incluso a elevación de pasos de peóns.
No plano da sostibilidade ambiental, sería viable a creación dunha patrulla forestal que velara pola limpeza e conservación das masas forestais, ríos e regatos. Neste plano de actuación incluimos tamén a realización de programas de compostaxe cos veciños de Pontecesures, unha técnica que permite reducir os custes da recollida do lixo e mellorar a recollida selectiva.
Estas son algunhas das propostas que os socialistas de Pontecesures cremos que se poderían facer co Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, sempre coa fin última de beneficiar o conxunto da vila e fomentar o emprego. Son apostas firmes e, nalgún caso, arriscadas, pero que sobre todo pretenden demostrar que aínda hai iniciativas que se poden facer, e non esperar a que outras entidades, como a Deputación, veñan a sacarnos da eterna inercia que invade a este goberno municipal.

12 comentarios

kung-fu_panda · 22-01-2010 a las 16:16

¡oíde! este Roque vai triunfar, ¿quén llo escribiría? ahhh! xa sei, o responsabel de política municipal (o home que da medo).

sobreiras · 22-01-2010 a las 17:02

Viveiros hainos bos, pero de ameixas en Carril, tamén podiamos facer unha cárcel para a seguridade, estes socialistas de cesures son a coña, veñen con mariconadas e modernismos cando o seu Zapatero arruína o pais e fabrica mais parados que nunca, estes pensan que temos 30 millóns de euros, danieladas utopicas e cousas xenericas que estan xa na convocatoria destes fondos, o típico dos discursos de zapatero o home que dixo que vimos do»vento» o que fixo durmir a toda europa o outro día nun discurso de palla
aqui cursos, estructuras, programas e patrullas, esto último esta ben que agora ven o entroido

sobreiras · 22-01-2010 a las 17:18

Ademais, chegades tarde. Este goberno e tan traballador que xa ten feitos todos os proxectos do Plan E.

manolo o do bombo · 22-01-2010 a las 18:20

O TEU sobreiras e traballar nos bares.

sexsures · 22-01-2010 a las 19:28

Ainda non facedes os vosos proxectos como para facer os do plan E,ou o mellor agora vaise chamar(WEFE)en vez de chamarse WIFI,e traballar si que se traballa que xa esta posto o alumeado do nadal do 2010.

Becquer II · 22-01-2010 a las 20:23

¡Qué lección de teoría!
nos largan los socialistas
no queremos analistas
generan antipatía.

Y dale con Zapatero
como un activo lo citan
mientras ellos parasitan
fracasa en el mundo entero.

Cara de cona · 23-01-2010 a las 18:40

pártome da risa co dos viveiros….o sea que os concellos teñen que formar aos empresarios……e logo as cámaras e as patronais que fan?….o psoe de cesures con cursos e mais cursos……algún nesta vida non fai mais que cursos…..veña teoria e teoria das cabezas pensantes….non me estraña que teña baixas o psoe en cesures….onde están?…quenos ve?…que fan?…que volva oscar gerpe…era mais divertido….estes de san roque araujo son uns plastas……subidos…aburridos…modernidade de libro…..uajjjjjjj….

charly · 23-01-2010 a las 23:17

Que monito.PAZ Y AMOR Zapatero
viveiro de empresas
auspiciar unha empresa
cursos de autoestima
patrulla forestal
e o novo manual ZP
como non espaviledes,mal vox vexo.ti donde vives ROQUE

Tiroliro II · 24-01-2010 a las 16:22

estas notas do psoe, serán da executiva?, serán do novo secretario xeral?, non sei quérense facer notar pero así nada, mellor que sigan co enchufe da plazuela

DON PEPITO · 25-01-2010 a las 18:21

ja,ja,ja… non pesabades que os do psoe poideran ter ideas tan boas. Pois ala a traballar bos tamen, que voa falta vos fai.

arredemo · 26-01-2010 a las 16:01

Parece que hai algo novo na política do pobo? ideas.

Cara de cona · 29-01-2010 a las 19:54

ideas?…deixate de ideas arredemo…hai que mover o collón e non ir de subidos e de teoricos….estes socialistas con manolita a da tenda o frente veña a desbardallar seguido contra a obra da plazuela……que si non facía falta…que si o enchufe…que si os bancos eran baixos….todo chú chú chú co que pasaba por alí….quedou de puta madre…e agora tragan sapos….escoitan as alabanzas e cabreanse…..eles son os fenomenos os das ideas e cando estuveron no concello que fixeron?….berrar nos plenos e nas oficinas…e deixar que mexaran por eles os do bloque…peniña…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.