Programa Electoral do Partido Popular de Pontecesures

Publicado por Antonio Cortés en

pp_pontecesures_folleto-1.jpg
70 PROPOSTAS PARA UN NOVO PONTECESURES

UN CONCELLO QUE ESCOITA

* Queremos que o noso Concello sexa, ante todo, lugar de encontro e servizo os cidadans. Un concello dinámico, moderno e eficiente sin caciquismos nin despachos polos que os cidadans teñan que pasar obrigatoriamente.
* Queremos un Concello con políticos honrados, eficaces , traballadores e de Pontecesures. Corrupción e Democracia son incompatibles.
* Faremos públicas na páxina web do Concello, ao día seguinte de acordarse, todalas adxudicacións de obras municipais, convenios urbanísticos e subvencións.

MENOS IMPOSTOS

* impostos.jpgImpulsaremos as medidas necesarias para unha rebaixa significativa no I.B.I. (contribución), reducindo a cuota que hay que pagar en función da capacidade económica do propietario.
* Aplicaremos bonificacións fiscais directas para maiore de 65 anos con rendas baixas e unidades familiares con algún tipo de discapacidade.
* Impulsaremos unha rede de locais comerciais para moz@s de ata 35 anos incentivando os propietarios dos locais comerciais baleiros con bonificacións no IBI para arranxalos e entrar na rede local de locais comerciais.

URBANISMO TRANSPARANTE E PRIORIDADE DA VIVENDA

* urbanismo.jpgEvitaremos a burocratización do urbanismo, así como a súa arbitrariedade e politización. Faremos da transparencia, a sostenibilidade e xusta distribución de cargas e beneficios o eixo da actuación urbanística no noso Concello.
* Facilitaremos a máxima participación cidadán na elaboración de futuros planeamentos urbanísticos, facilitando o acceso a documentación para unha máxima difusión e coñecemento .
* Garantizamos a vixilancia da legalidade urbanistica como millor xeito de asegurar un tratamento obxetivo e integral para todos.
* Velaremos, respectando a legalidade, pola axilidade nas tramitacións urbanísticas, tanto as que se realicen no Concello como as que requiran a intervención doutras administracións.
* Disminuiremos os custos de licencias de obra para todas aquelas persoas que construan ou rehabiliten a súa primeira vivenda.
* Construiremos Vivendas Sociais sufientes para VECI?OS DE PONTECESURES que o necesiten e reúnan as condicións para súa adxudicación.

TRABALLO

* Potenciaremos dende o Concello con todolos empresarios da zona o pleno emprego para os traballadores e traballadoras do noso pobo
* Negociaremos cos empresrios mecanismo para facilitar a conciliación da vida laboral persoal e familiar.
* Impulsaremos programas mixtos de emprego e formación como as escolar taller, casas de oficios e talleres de emprego, asi como programas de garantía social.
* Difundiremos a cultura de prevención de riscos entre todos os cidadáns, traballadores e empresarios no ambito local.
* Difundiremos as novas tecnologías entre os Autónomos e Pymes para aumentar a súa productividade.
* Apoiaremos os proxectos empresariais de autoemprego e constitución de microempresas.
* Reduciremos o IBI para os locais de autónomos nos seus dous primeiros anos de actividade.
* Axilizaremos para os Autónomos e Pymes os tramites tanto de licencia da apertura como de obras .

COIDAREMOS DO COMERCIO EN BENEFICIO DE TODOS

* Disporemos no Concello dun servizo de asesoramento, asistencia técnica e orientación a comerciantes.
* Desenvolveremos políticas que apoien o concepto de ??R?A COMERCIAL?, mediante o recoñecemento e promoción dun comercio especializado e de calidade.
* Planificaremos o noso Concello para facilitar o aparcamento tanto os nosos veciños como os dos concellos colindantes que acudan o noso comercio.
* Apostaremos polo comercio tradicional e o fomento da Plaza de Abastos promovendo estudios de compatibilidade con outras entidades comerciais e fomentando a publicidade do noso comercio.

MOZ@S, O FUTURO A COIDAR

* Crearemos un servizo especializado en facilitar a procura dun emprego de tempada para novos estudiantes.
* Crearemos a bolsa de curriculo xove, a que calquer moz@ maior de 16 anos podera enviar o seu currículo e actualizalo periódicamente.
* Crearemos un carné municipal con descontos en comercios locais, actividades e servizos municipais para moz@s que desexen adicar parte do seu tempo a actividades de apoio a outras familias.
* Ampliaremos o horario da Biblioteca Municipal na época de exames.
* Promocionaremos e fomentaremos certames e exposicións de moz@s creadores.
* Realizaremos cursos de formación e de seguridade vial para os moz@s, conxugado con iniciativas incentivadoras da conducción segura e responsable, como premios en gasolina para conductores que den negativo.

CONCELLO VERDE

* Apostaremos por iniciativas urbanísticas e de deseño medioambiental respetuosas co contorno arquitectónico, paixasitico e natural. Crearemos novos espacios verdes públicos.
* Promoveremos un consumo racional da auga e os recursos naturais a través de medidas que incentiven o seu aforro e campañas de concienciación para evitar o seu derroche.
* Promoveremos a recuperación integral da ribeira do rio Ulla, asi como a recuperación de pequenas infraestructuras hidráulicas como muiños , lavadoiros e pontes, creando redes de sendeiros e carreiros fluviais.
* Saneamento integral do noso municipio e a INMEDIATA posta en funcionamento da nosa depuradora de residuais e coa separación das redes pluviais e fecais para mellorar a calidade do noso rio.
* Elaboración de ordenanzas municipais para loitar contra a contaminación aérea e acústica, sobre todo de empresas contaminantes e de tráfico nas rúas principias.
* Apoairemos a caza e pesca, sostibles e respetuosas co medio, así como todas as actividades que contribuan a conservación e disfrute do noso patrimonio natural.
* Faremos do noso porto un referente nas actividades lúdicas, culturais e deportivas recuperando o noso patrimonio vinculado o rio e pontenciando o sector económico de turismo e de lecer.

TURISMO

* Conseguiresmos dunha vez por todas a declaración de Festa de InterésTurístico de Galicia para a nosa ??Festa da lamprea do Ulla?.
* Colaboraremos coa asociación profesional do sector de hostelerios para conseguir actuacións conxuntas atractivas para os visitantes e os nosos veciños.
* Potenciaremos o Camiño de Santiago (esquencido durante oito anos) o paso polo noso municipio e conseguiremos un Albergue de Peregrinos que servirá o mesmo tempo como centro sociocultural da zona.

MAIS MODERNOS, MAIS PREPARADOS

* Cremos no potencial das novas tecnologías para modernizar o noso Concello e aumentar así a cercanía cos veciños.
* Implantaremos a tramitación telemática dos procedementos administrativos para posibilitar a realización de trámites administrativos dende o propio domicilio.
* Instalaremos unha rede de Internet gratuita para todolos veciños de Pontecesures. Todos poderemos ter un acceso directo e gratuito as 24 horas do día a Internet.
* Crearemos un servicio de información a través do teléfono mobil que permita acceder de forma gratuita a información municipal sobre actividades e eventos que se realicen.
* Promocionaremos a comunicación coa creación de blogs e encontros dixitais entre os vecinos e os responsables políticos.

APOIANDO AS FAMILIAS

* Favoreceremos, en colaboración directa cos empresarios da zona, a cultura duns horarios laboraris máis flexibles que permitan a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e unha mellor relación entre pais e fillos.
* Beneficios para as familias numerosas a hora de acceder os servicios municipais.
* Creación de espacios abertos como lugares de xogo e relación para todas as idades, accesibles, integradores e polivalentes.
* Potenciaremos as Escolas de Pais, con programas específicos de prevención de conductas aditivas e violencia familiar, e a formación para a convivencia, reforzando o papel dos valores da familia.
* Potenciaremos o trasporte escolar para que todos os nen@s poidan desplazarse en autobús o Colexio.

MAIS SAUDE, MAIOR CALIDADE DE VIDA

* Traballaremos pola potenciación do noso Centro Médico, cun novo servicio de Pediatria e a instalación dun Punto de Atención Continuada (PAC).
* Programas de saúde escolar con vixiancia e control das condicións sanitarias e de seguridade do centro escolar e o seu entorno.
* Realizaremos programas de prevención e detección precoz do consumo de sustancias tóxicas e aditivas, facendo especial fincapé no centro educativo e no seu entorno.
* Fomento das campañas de educación sexual entre os moz@ procurando a prevención de enfermedades de transmisión sexual e de embarazos non desexados.
* Plans de emerxencia municipal para o caso de inundacións, chuvias torrenciais, zonas industriais, e prevención de accidentes infantis.

OS MAIORES PROTAGONISTAS

* Traballaremos para que ser mayor supoña sobre todo vantaxes e por iso aumentaremos as dotacións e servicios os nosos mayores.
* Faremos con carácter anual a ??Festa dos nosos maiores?, e propiciaremos dende os Servicios Sociais do Concello os viaxes, excursións e vacacións,
* Potenciaremos as actividades xeneracionais e o voluntariado dos maiores.
* Elaborarase un programa de formación e apoio de preparación a jubilación que permita dotar ás persoas mayores de recursos alternativos e hobbies, potenciando a creación dun Centro de Día.

MAIS DEPORTE

* Apoiaremos con axudas adecuadas os clubs e asociacións deportivas da localidade. Fomentaremos o mecenazgo por parte das empresas privadas para as nosas entidades deportivas.
* Daremos apoio os deportistas na busca de patrocinadores, servindo de canle entre os clubs e as empresas que desexen colaborar con eles.
* Garantizamos a accesibilidade as instalacións deportivas públicas de todolos veciños do noso pobo. Crearemos un campo de herba artificial e un campo de futbol sete.
* Poñeremos o noso máximo empeño en conseguir que o noso pobo conte cunha piscina municipal climatizada cuns servicios modernos e eficaces.
* Fomentaremos todolos tipos de practica deportiva e os espacios fisicos suficientes integrados en zonas de lecer.

CULTURA PARA TODOS

* Adicaremos unha especial atención e conservación do noso patrimonio cultural, poñendoo en valor e presentandoo como un atractivo máis para o turismo cultural.
* Apoiaremos os diferentes grupos existentes na localidade, ofrecendo locais municipais dignos para os seus ensayos e actuacións.
* Dedicaremos un esforzo especial para a creación dunha Banda de Música Municipal con moz@s do noso pobo e ponteciaremos a creación dun coro de persoas mayores.
* Crearemos un Centro Socio Cultural moderno e atractivo, acorde coas necesidades das nosas asociacións culturais e do noso pobo.
* Fomentaremos a colaboración do Concello coa iniciativa privada con formulas innovadoras como o copatrocinio e colaboración con entidades sen ánimo de lucro.
* Potenciaremos a Biblioteca Municipal na promoción e fomento da lectura, flexibilizando o seu horario para facilitar a súa utilización como lugar de estudio.
* Faremos un especial esforzo na difusión dos recursos culturais do Concello, con campañas de promoción nos medios de comunicación e nos soportes publicitarios municipais.
* Fomentaremos todalas festas locais e daremoslle a necesaria publicidade para que se convirtan , de novo, en punto de atracción turístico da comarca.

Descargar Folleto: : Formato PDF


9 comentarios

Paspallas · 17-05-2007 a las 21:38

Xa está todo dito, demasiada palabreria, esto non hai que o lea. Canto mas curto e escueto moito mellor. xa estamos fartos das promesas hai que prometer pouco e cumprir moito.

imosafeira · 18-05-2007 a las 20:35

no, paspallas, hay que denunciar mucho y promoter y cumplir poco. denuncio que paspallas se ha pasado con todo el pueblo,bueno, menos con los que voten a sabariz que son los unicos que no son mezquinos. hay que seguir denunciando paspallas

Marc · 18-05-2007 a las 22:41

Dende logo hai de todo na viña do señor.
A estes me parece a min que lles vai a pasar como a leiteira.
A las cosas ciertas encomendaos
y las vanas esperanzas, dejad de lado.

Opinion persoal.

Tiroliro II · 19-05-2007 a las 17:04

A foto de Randulfe da medo, non sei quen sería o fotógrafo pero do PP non era, penso que sería do bloque
Esa mirada medio ameazante, ese papo, sería Angel Cordo o asesor de imaxe para joder ¿Ou que?

charly · 19-05-2007 a las 17:41

4 anos mais perdidos para o pepes
de pena alengranse os dos bloques

CHACAL · 20-05-2007 a las 11:58

tiene cara de dictador y este año caera en picado si saca 2 concejales es con mucha suerte

chaman · 20-05-2007 a las 21:37

No se pude cantar el aliron antes de tiempo
Que unos ya andan tirando petardos
Y otros bombas antes de tiempo
Y este mundo es como una caja con sorpresas
Y muchos se quedaran sin?…

pacita · 21-05-2007 a las 19:23

Adiante, Maribel, eres a millor

Tuso · 22-05-2007 a las 10:56

Abafante o programa este. Para levalo a cabo necesitarían varias lexislaturas.
Poñen moitas propostas, e moitas delas moi xenéricas. ¿Estará escrito nalgures COMO pensan levar a cabo esas propostas?

Por exemplo:
«Apostaremos por iniciativas urbanísticas e de deseño medioambiental respetuosas co contorno arquitectónico, paixasitico e natural. Crearemos novos espacios verdes públicos.»
Esa frase queda que te c*gas en calquera programa de calquera forza política.
Pero:
-¿Que iniciativas teñen en mente?
-¿Que tipo de espacios verdes públicos?
-¿Onde van a crear esos espacios verdes?

Só era un exemplo, pero poden desgranarse case todas as propostas.

Creo que lles era mellor que puxeran menos cousas e mais concretas, porque eu quedo ca impresión de que a maioría as copiaron da «plantilla de propostas» que seguro que lles mandaron os superiores do PP 😉

Responder a pacita Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.